quarta-feira, 22 de dezembro de 2010

Exposición de Pallozas do CEP de Ventín na biblioteca do Milladoiro

As nenas e os nenos de 6º de primaria do CEP de Ventín van expor as súas maquetas a escala das pallozas dun poboado Castrexo.

O Director do centro, e profesor destes alumnos, Alfredo Rodríguez e os concelleiros de Educación, Francisco Villaverde, e de servizos sociais, Isabel  González, acompañaros aos nenos na presentación da exposición.

Ademais dos actuais alumnos de 6º de primaria, participou o alumnado que en anos anteriores elaboraron algunhas das maquetas e que colaboran aportando as súas pallozas.

A exposición poderá verse na Biblioteca do Milladoiro desde o mércores 22 de decembro ao 10 de xaneiro de 2011.

segunda-feira, 29 de novembro de 2010

Actividades de animación á lectura no mes de Decembro

Decembro: NadaLer

Contacontos para nenos e nenas maiores de 3 anos, ás 18h.
  • Mércores 1: Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 2: Biblioteca de Bertamiráns
  • Luns 13: local social de Aguapesada
  • Martes 14: local social de Bugallido
  • Mércores 15: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 16: Biblioteca do Milladoiro

quarta-feira, 17 de novembro de 2010

A Biblioteca de Ames chega aos 5.000 asociados


O día 10 de novembro de 2010 a Biblioteca Municipal acadou a cifra de 5.000 persoas asociadas. Esta cantidade correspóndese co 17% da poboación municipal dese mesmo día (28.955 habitantes no padrón municipal).

Sen embargo, aínda que esta cantidade se corresponde cunha porcentaxe sobre a poboación total do concello, non debemos que esquecer que moitas das persoas atendidas non pertencen ao concello de Ames senón que son dalgúns dos concellos limítrofes e mesmo doutros de Galicia e de España.

Desta maneira corresponden a persoas domiciliadas no Concello de Ames un total de 4.640 persoas, o 93% do total de socios (16% da poboación). É dicir, hai un 7% de socios da biblioteca (360 usuarios) que non están empadroados en Ames pero que utilizan o noso servizo de bibliotecas.

A outros concellos corresponden as seguintes cifras:
Brión: 127 persoas asociadas que representan o 2,5% do total de socios.
Teo: 103 persoas asociadas que representan o 2,1% do total de socios.
Santiago: 68 persoas asociadas que representan o 1,4% do total de socios.

Outras persoas domiciliadas noutros concellos da comarca (A Baña, Negreira, Padrón e Rois): 22 persoas .

Outras persoas con domicilio noutros concellos de Galicia: 34 socios; e outras persoas con domicilio noutros concellos de España: 6 socios. Estes dous últimos datos corresponden sobre todo a persoas que acostuman a utilizar a biblioteca durante os meses de verán.

Ademais do total de asociados 7 corresponden a socios institucionais e o resto a socios persoais.

No que vai de ano 2010 déronse de alta 583 novos socios.

Idades:
1.531 son nenos e nenas até 14 anos (incluídos) (30,6% sobre o total de socios).
3.462 son xoves e adultos maiores de 14 anos (59,4% sobre o total de socios).

Como dato curioso podemos citar que o usuario máis novo é unha nena de 1 mes de vida, mentres que o máis vello é un home de 79 anos nacido en 1921.

Xéneros:
Dos 5.000 socios, o 58,7% (2.932) son mulleres e o 41,3% (2.061) homes.
(7 nos se contabilizan por se trataren de institucións).
Este dato é importante telo en conta xa que como se verá no apartado seguinte a diferenza por xéneros móstrase a partir dos 14 anos xa que os menores desa idade están moi igualados por xénero:
- Dos nenos e nenas até 14 anos o 49,5% (758) son nenas e o 50,5% (773) nenos.
- Dos adultos maiores de 14 anos: o 62,6% (2.168) son mulleres e o 37,4% (1.294) son homes.

Orixe:
Nas persoas adultas (3.462 usuarios) existe unha porcentaxe importante de persoas con NIE non español, é dicir doutros países europeos e extra-comunitarios que se corresponde co 7,7% do total. Non podemos especificar esta cifra para menores de 16 anos xa que a estes non se lle esixe presentar copia do documento de identidade para se asociar.

Da mesma maneira descoñecemos con exactitude os estados de orixe destas persoas xa que na ficha de inscrición non se solicita. Pero podemos citar por continentes algúns dos países con cidadáns inscritos na nosa biblioteca:
De Europa: Portugal, Gran Bretaña, Italia, Bélxica, Países Baixos, Romenia, ou Rusia ... por citar algunha das orixes.
De Asia temos representación tanto de China como de Taiwán.
De África temos usuarios de países do Magreb como Marrocos e de países ao Sul do Sáhara como Angola
De Latinoamérica existe representación de practicamente todos os estados: México, Venezuela, Colombia, Uruguay, Arxentina, Brasil...

Renovación dos carnés:
Por último temos que sinalar que a información ofrecida responde a datos actualizados e corresponde a usuarios que se asociaron ou renovaron o seu carné nos últimos 3 anos xa que a nosa política bibliotecaria indica que o carné ten ese período de validez. Desta maneira os datos foron actualizados no ano 2008 ou con posterioridade a este ano.

A noticia na web municipal. 
A noticia en El Correo Gallego.

quarta-feira, 10 de novembro de 2010

Os usuarios e o OPAC social: video

A comezos do verán a nosa biblioteca foi o escenario da grabación dun video para presentar no V Congreso de Bibliotecas Públicas celebrado en Xixón entre os días 3 e 5 de Novembro. 

Este video presentouse baixo o nome: Los usuarios y el OPAC social, e mostra a interacción entre os usuarios e o catálogo bibliotecario dentro do denominado web social ou web 2.0, coas posibilidades de interacción dos usuarios co catálogo da biblioteca: listas de libros lidos ou por ler, lista de favoritos, opinión sobre os libros, ver os favoritos doutros usuairios,  poder suscribirse a autores ou temas favoritos... Ademais este novo catálogo presenta a posibilidade de incrementarse con outros recursos externos ofrecendo maior información para os usuarios integrando recursos propios, fondo local, videos, etc. que se sumarían ao contido do catálogo.

A nosa biblioteca aínda non dispón deste novo programa de xestión denominado Koha e que xa foi implantado en varias bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia. A nosa incorporación a este  novo programa de xestión bibliotecario xa foi solicitado e estamos á espera de que a Consellería de Cultura some máis bibliotecas a este proxecto. Sen embargo, a pesar de que a nosa biblioteca aínda non dispón deste software, foi solicitada a participación dos nosos usuarios na grabación deste video no que se presentan as novas funcionalidades do catálogo e os usos que os usuarios fan del.

Convidámosvos a ver o video e agradecemos a participación dos usuarios que colaboraron na súa grabación:



Podes seguir os videos relacionados coa biblioteca no noso canal de Youtube.

terça-feira, 26 de outubro de 2010

Actividades de Animación á lectura no mes de Novembro

A temática deste mes será a amizade



Contacontos:
Para nenos e nenas maiores de 3 anos. Todos os contacontos se realizarán ás 18h.
  • Mércores 3: Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 4: Biblioteca de Bertamiráns
  • Luns 15: Local Social de Aguapesada
  • Martes 16: Local Social de Bugallido
  • Mércores 17: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 18: Biblioteca do Milladoiro

Obradoiros:
Para rapaces e rapazas maiores de 8 anos. Todos os obradoiros se realizarán ás 18,30h.
  • Mércores 10: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 11: Biblioteca do Milladoiro
Inscrición: para participar nos obradoiros é necesario inscribirse previamente nas bibliotecas entre os días 25 de outubro e o 5 de novembro.

Nadal:
Se queres participar coa Biblioteca na Cabalgata de Reis poderás anotarte entre o 1 e o 22 de Novembro. A partir do 22 de Novembro comezaremos a elaboración dos disfraces.

A Noticia na web Municipal

terça-feira, 5 de outubro de 2010

Resultados da enquisa sobre o novo Blog da Biblioteca


O día 1 de xullo iniciamos unha consulta sobre o novo deseño do blog da biblioteca que ao mesmo tempo servía para presentar novos servizos.


O prazo para opinar estivo aberto até o 30 de Setembro e presentamos agora os resultados:

Participaron 49 persoas:
47 opinaron a través da enquisa habilitada no blog
1 deixou un comentario no blog e
1 opinou no taboleiro de discusión do Facebook da biblioteca

As opinións resultantes foron:
  • O 92% (45 persoas) opina que este deseño do blog está mellor
  • O 6% (3 persoas) non nota a diferenza e
  • O 2% (1 persoa) sinala que gostaba máis do modelo anterior
Moitas grazas por participar coa vosa opinión. Queremos animarvos a continuar enviardo as vosas opinións sobre os servizos da biblioteca.

segunda-feira, 4 de outubro de 2010

Actividades de Outubro

A temática deste mes será o medo.


Contacontos:
Para nenos e nenas maiores de 3 anos. Todos os contacontos se realizarán ás 18h.

Mércores 6: Biblioteca do Milladoiro
Xoves 7: Biblioteca de Bertamiráns
Luns 18: Local Social de Aguapesada
Martes 19: Local Social de Bugallido
Mércores 20: Biblioteca de Bertamiráns
Xoves 21: Biblioteca do Milladoiro

Obradoiros:
Para rapaces e rapazas maiores de 8 anos. Todos os obradoiros se realizarán ás 18,30h.

Mércores 13: Biblioteca de Bertamiráns
Xoves 14: Biblioteca do Milladoiro

Inscrición: para participar nos obradoiros é necesario inscribirse previamente nas bibliotecas entre os días 27 de setembro e 6 de outubro.

Noticia na web municipal 
Noticia en La Voz de Galicia

terça-feira, 28 de setembro de 2010

Actrividades de Animación á Lectura curso 2010/2011



Contacontos
:

Comeza o novo curso na Biblioteca e faino cargado de sorpresas. Os rapaces e rapazas de Ames que se achegaron á biblioteca estes días xa puideron observar a nova decoración que servirá de escenario para unha nova campaña de animación a lectura, que este ano recibe o nome de Conto, contas, contan... Cantos contos contas ti? Persoaxes tan coñecidos como Maisy, os tres porquiños ou Pinocho, entre outros moitos, serán os compañeiros de aventuras dos nenos e das nenas de Ame.

Este novo curso os contos non se centrarán nunha única temática, como en anos anteriores nos que se traballou temas como o mar ou o espazo, senón que cada mes se abordará un tema distinto, sempre relacionado con aspectos de interese e de actualidade na formación emotiva, artística e formal dos máis cativos. A isto se debe a nova decoración, que fai referencia á propia literatura infantil, desde a máis clásica como Carapuchiña á máis actual como Xerónimo Stilton.

Os contacontos, dirixidos como sempre a nenos e nenas de máis tres anos, comezarán a primeira semana do mes de outubro e realizaranse nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro así como nos locais sociais de Aguapesada e Bugallido.

Obradorios para maiores de oito anos:

Pero as novidades non rematan aí, xa que este ano aqueles nenos e nenas maiores de oito anos terán a oportunidade de asistir aos obradoiros organizados mensualmente. Os nenos de Bertamiráns poderán facelo o segundo mércores de cada mes ás 18,30h., mentras que os do Milladoiro terán a súa cita o segundo xoves tamén ás 18,30h., sempre previa inscrición.

Noticia na web municipal

terça-feira, 7 de setembro de 2010

Participantes nas Bibliopiscinas 2010

Entre os meses de xullo e agosto pasaron polas Bibliopiscinas de Ames 11.225 persoas. Perto de 3.000 persoas máis que en 2009 no que se chegou á cifra de de 8.377 participantes.

Este ano o tempo foi o noso aliado xa que só se pecharon as bibliopiscinas 3 días en todo o verán e, aínda que houbo outros días nos que o tempo non axudou por treboadas ou vento, o record de asistencia foi debido a un verán con moitos días de sol e altas temperaturas que animaron á cidadanía a asistir ás piscinas e á área recreativa de Tapia.

En total abriuse ao público 39 días nas bibliopiscinas de Bertamiráns e do Milladoiro, que só abren de luns a venres; e 57 días na de Tapia que abre ao público todos os días da semana. Por idades os nenos e as nenas foron os maioritarios no uso con 7.027 participantes, mentras que os adultos chegaron a 4.198. Por xéneros as nenas superan aos nenos en máis de 300 participantes: 3.672 nenas e 3.355 nenos. E nos adultos as mulleres sobrepasan aos homes en 406 participantes: 2.302 mulleres e 1.896 homes.

Por Bibliopiscinas a máis utilizada foi a de Tapia con 6.391 usuarios, seguida do Milladoiro con 2.758 e Bertamiráns con 2.076.

Actividades:
Programáronse un total de 8 sesións de contacontos, actividades que se celebraba unha vez por semana en cada bibliopiscina e que remataba cun obradoiro sobre a temática tratada durante a sesión de animación.

O número total de participantes nos contacontos foi de 1.062 (case o dobre con respecto ao 2009 no que participaron 655 persoas), nestes datos 711 participantes corresponden a nenos e nenas e 358 a adultos. A este número hai que sumar os participantes da festa de despedida o domingo 29 de agosto en Tapia á que asistiron ao redor de 150 persoas.

Na bibliopiscina do Milladoiro realizáronse 7 sesións de contacontos, e nas de Tapia e Bertamiráns 6 sesións. As non realizadas foron suspendidas debido ao mal tempo.

As actividades foron dedicadas durante cada semana a unha temática diferente.
  • 1ª Sesión: Camiño de Compostela (6, 7 e 8 de xullo)
  • 2ª Sesión: As Bruxas (13, 14 e 15 de xullo)
  • 3ª Sesión: Bonitas historias de amor (20, 21 e 22 de xullo)
  • 4ª Sesión: Que ven o lobo! (27, 28 e 29 de xullo)
  • 5ª Sesión: Pintura nos contos (3, 4 e 5 de agosto)
  • 6ª Sesión: Robots amigos (9, 10 e 11 de agosto)
  • 7ª Sesión: Unha de maxia (17, 18 e 19 de agosto)
  • 8ª Sesión: Imos de festa! (24, 25 e 26 de agosto)

Festa:
Na festa, realizada o domingo 29 de agosto, contouse coa asistencia dunhas 150 persoas que participaron dos xogos populares realizados pola empresa Xandobela, encargada de xestionar as Bibliopiscinas, ou que asistiron ás actuación de A Tropa de Trapo co espectáculo A viaxe das palabras, e que finalizaron disfrutando da actuación de Pablo Díaz co espectáculo musical Tic-Tac.

segunda-feira, 30 de agosto de 2010

Aviso: comeza o horario de inverno

Horario de atención ao público na Biblioteca durante o curso escolar 2010-2011:

Do 1 de Setembro de 2010 ao 30 de Xuño de 2011


De luns a venres:

Mañás: de 10 a 13h.
Tardes: de 16,30 a 21h.

S
ábados:
Mañás: de 11 a 14h.

segunda-feira, 16 de agosto de 2010

Festa das Bibliopiscinas 2010



Domingo 29 de agosto de 2010, a partir das 16,30h. na área recreativa de Tapia*
(*En caso de mal tempo as actuacións trasladaranse ao salón de actos da Casa da Cultura de Bertamiráns.)

Actividades:

Xogos populares:
De 16,30 a 18h: xogos populares (a rá, zancos...), grandes xogos (paracaídas...) e obradoiros variados.

Contacontos:
De 18 a 19h: A Tropa de Trapo, co espectáculo A Viaxe das Palabras:
"A historia de Lucía que descobre unha maleta vella de seu avó, a quen non chegou a coñecer. É todo o que de seu avó quedou, pero seus pais non lle deixan ver o que hai dentro. Nesta maleta prohibida están os recordos máis preciados de seu avó, os seus segredos. Unha noite, Lucía decide averiguar o que hai alí dentro…"


Música:

De 19 a 20h: concerto de Pablo Díaz co espectáculo Tic-Tac dirixido ao público infantil.



Pódese seguir a Pablo Díaz en:
Myspace
Facebook
Youtube

Poñemos un dos seus videos para que desfrutedes do espectáculo:



A noticia na web municipal
A noticia en La Voz de Galicia

terça-feira, 10 de agosto de 2010

Visita da Escola de Verán á Biblioteca



Esta semana a biblioteca do Milladoiro recibirá a visita da Escola de Verán.


Os rapaces matriculados na escola convertiranse nos protagonistas da biblioteca por un par de días. Tres grupos diferentes pasarán pola biblioteca os días 11 e 12 de agosto.


Os primeiros serán os rapaces de entre tres e seis anos, que conforman un grupo de 40, e que virán o mércores 11; os seguintes serán 20 rapaces de entre seis e sete anos que acudirán o xoves 12.


Ambos os dous grupos terán a oportunidade de desfrutar dunha sesión de contacontos na se narrarán entre outros:

  • O peixe que gritaba tiburón
  • 1, 2, 3 ¡mar!
  • El pes

Desta maneira convertemos estas sesións nunha despedida da temática que nos acompañou todo este curso: o mar.


E, como non podería ser de outra maneira, ao acabar o contacontos terán a oportunidade de realizar un obradoiro e de mergullarse entre os libros que a biblioteca ten sempre á súa disposición.


O xoves 12 será tamén o turno dos nenos e nenas de entre oito e doce anos. A este grupo explicaráselle o funcionamento da biblioteca: as normas de préstamo, a ordenación do fondo, a elaboración das etiquetas, o que precisan para facerse socios…E despois desta explicación, que como sempre, presentarase dunha forma lúdica e amena, eles mesmos se convertirán en bibliotecarios durante un tempo. Rematarán a visita escoitando o conto Rosa Blanca de Roberto Innocenti, que é considerado un texto indespensable para abordar o tema da paz. Despois desta lectura os participantes divertiranse cun xogo no que a paz tamén é o tema fundamental.


Con estas visitas, a biblioteca pretende seguir traballando cara a consecución dun dos seus obxectivos fundamentais, o fomento do hábito lector entre os máis novos e tamén intenta dar a coñecer os seus servizos entre os veciños.


Como ven sendo habitual, nestes últimos anos, os participantes noutros servizos municipais, como a escola de Verán, asisten tamén a realizar actividades na biblioteca e a coñecer os servizos que esta oferta para toda a poboación, especialmente a infantil.


A noticia na web municipal

quinta-feira, 22 de julho de 2010

Con Haití no Corazón

A Biblioteca de Ames participou, durante o mes de febreiro, na campaña de recollida de fondos para paliar os efectos do terremoto sobre a poboación de Haití a través da ONG Intermón Oxfam.

Agora, seis meses despois do terremoto, esta ONG envíanos o informe do seu traballo na reconstrución do país, que tamén se pode descarregar directamente desde esta ligazón.

quinta-feira, 1 de julho de 2010

Enquisa sobre o novo deseño do blog

Axúdanos a mellorar:

Podes participar na enquisa que aparece na parte superior da columna da dereita e opinar sobre o novo deseño.

Desde o 1 de xullo ao 30 de Setembro poderás darnos a túa opinión.

Que opinas do novo deseño do blog da biblioteca?
  • Gostaba máis do anterior
  • Este está mellor
  • Non noto a diferenza
Podes participar tamén na discusión sobre este deseño aberto na nosa páxina de Facebook.

terça-feira, 29 de junho de 2010

Estamos no Facebook



Dentro da mellora dos nosos servizos virtuais acabamos de inaugurar páxina no Facebook. Xa podes seguirnos en:

http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Municipal-de-Ames/114875005225367

A partir de agora queremos aproveitar as posibilidades de comunicación desta ferramenta para dar a coñecer os nosos servizos, actividades e noticias relacionadas coa biblioteca a través deste servizo incrementando desta maneira a nosa comunicación cos usuarios e usuarias da Biblioteca.

Ademais desde o propio blog poderás aderirte á nosa páxina e ver os nosos seguidores.

segunda-feira, 28 de junho de 2010

Novo deseño do blog



Despois de dous anos coa mesma presentación queremos aproveitar a chegada do verán para dar unha nova imaxe da nosa carta de presentación en internet: O blog da biblioteca.

O blog adáptase aos novos tempos e ás melloras tecnolóxicas. É por iso que agora que as pantallas son maiores o blog pode “crecer” presentando unha novo columna que permite organizar mellor a información.

Os cambios realizados son os seguintes:
Presentación a tres columnas nas que se reserva a central para as noticias (post) e se divide o contido das dúas laterais. A columna da esquerda presenta información sobre a biblioteca: quen somos, horarios, catálogos... mentras que a columna da dereita resérvase agora para os servizos virtuais ofertados: suscrición ao blog, imaxes de actividades, televisión da biblioteca, calendario de actividades, etc.

A parte inferior do blog está reservado para as opcións de busca: arquivo de noticias ordenadas por data de publicación e busca por temas (etiquetas ou tags) de todo o publicado. Ademais o propio servizo de blogguer, onde está aloxado o blog, permite na parte superior rprocurar dentro do blog.

Continuamos coa cor verde de fondo mantendo a cor da imaxe corporativa do concello.

Noticias ou post:
A columna central está dedicada aos post que agora só se presentan nun máximo de 3 para que o scroll (barra de descenso pola pantalla) non sexa tan grande e se poda chegar con máis rapidez á parte inferior onde están os temas e o arquivo de noticias.

Participación:
O novo deseño está máis integrado nas redes sociais, permite comentar as noticias e ademais valorar se son interesantes ou útiles. Permite enviar as noticias por email e compartilas a través de redes sociais como facebook ou twitter.

Nota:
Para ter unha mellor visualización do blog recomendamos navegar con Firefox. Se non o tes podes descarregalo desde a páxina de Mozilla, ou directamente desde esta ligazón.


Noticia na web municipal.

sexta-feira, 25 de junho de 2010

Aviso: Horario de Verán

Horario de atención ao público no verán na Biblioteca:

Do 1 de Xullo ao 31 de Agosto

De luns a venres de 10 a 14h.


Lembramos que polas tardes está disponíbel o servizo de bibliopiscinas.


sexta-feira, 18 de junho de 2010

Bibliopiscinas: Móllate na lectura 2010!



Presentamos as actividades de animación á lectura na área recreativa de Tapia e nas piscinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Coa campaña Móllate na lectura, 2010 queremos levar a lectura, e outros servizos da Biblioteca, aos lugares de ocio do Concello.

As Bibliopiscinas son un servizo da Biblioteca Municipal que, por oitavo ano consecutivo, queren servir de servizo de extensión e proximidade da biblioteca, levando libros, xogos, xoguetes e actividades a estas áreas.

Nas bibliopiscinas contaremos cos servizos de lectura de prensa, lectura dentro do recinto, xogos para todas as idades e xoguetes para os máis pequenos, préstamo de libros a toallas e a domicilio. Todos os días na hora do merenda contaremos coa Hora do conto e un día á semana en cada bibliopiscina teremos Contacontos e actividades.

Contacontos:
  • Martes ás 18h. na Bibliopiscina do Milladoiro
  • Mércores ás 18h. na Bibliopiscina de Tapia
  • Xoves ás 18h. na Bibliopiscina de Bertamiráns

Horarios:

  • Bertamiráns e Milladoiro:

De luns a venres de 16,30 a 20,30h. (fins de semana e festivos pechadas

  • Tapia:

De luns a domingo
Do 1 de Xullo ao 15 de Agosto: de 16,30 a 21h.
Do 17 ao 29 de Agosto: de 16,30 a 20h.

As Bibliopiscinas están abertas a todo o público sendo unicamente requisito contar cun carné municipal para poder acceder aos servizos de préstamo a toalla e préstamo a domicilio. Todos os demais servizos son de acceso libre.

O Domingo 29 de Agosto remataremos coa celebración da Festa das Bibliopiscinas na área recreativa de Tapia a partir das 16,30h.

A Noticia na web municipal
Noticia en La Voz de Galicia

segunda-feira, 7 de junho de 2010

A Miña Famosa Familia

Primeiro programa da serie "A Miña Famosa Familia" da Televisión de Galicia" que busca as curiosas e interesantes orixes históricas de Natalia Vidal Ferro, viciña de Ames. Quen será a súa famosa antepasada?

Parte 1:


Parte 2:


Parte 3:

quarta-feira, 2 de junho de 2010

Cos Libros de Camiño



A Biblioteca dispón, durante o mes de Xuño, dun espazo de libros relacionados co Camiño de Santiago baixo o lema Cos Libros de Camiño.


O Concello de Ames está atravesado por dúas das rutas relacionadas co Camiño de Santiago:

O Camiño Portugués, que atravesa as parroquias de Viduído e o Milladoiro, e o Camiño de Fisterra que percorre as parroquias de Covas, Ames, Trasmonte e Agrón.


No espazo destinado aos camiños de Santiago seleccionamos guías do camiño con información sobre as rutas e recomendacións para o facer, guías de Santiago e obras de literatura, historia, arte e sobre as peregrinacións.


Con esta exposición queremos animar, ás persoas asociadas á biblioteca, a coñecer o noso entorno máis próximo e a iniciarse no deporte e na realización de rutas a pé no noso Concello.


Outros servizos municipais, como Cultura e Deportes, organizan periodicamente rutas de sendeirismo. A Aula de Natureza realiza tamén excursións relacionadas co coñecemento do noso medio natural.


Na web do Concello facilítase información sobre varias rutas, Os Camiños de Santiago, Os Muíños de Riamonte, e outras catro visitas que se poden descarregar e instalar nun navegador GPS. Ver mapa turístico completo.


Precisamente, sobre a Ruta de Riamonte, foi editada unha nova guía informativa co itinerario e información ambiental de interese que se pode conseguir nas dependencias municipais.


As novas tecnoloxías tamén permiten que calquera persoa poida crear e difundir rutas a través de ferramentas sociais da Web 2.0 como Wikiloc. Diego Vila González, usuario da biblioteca, facilitounos a información que creou neste servizo sobre a súa realización da ruta de Riamonte. Pódese consultar nesta ligazón. Ou ver a ruta neste mesmo blog:





A noticia na web municipal

terça-feira, 25 de maio de 2010

Unha Illa Mariñeira

Rematamos coas actividades do curso escolar: Un mar de lecturas!

Como colofón das actividades do curso e continuando coa colaboración coa Aula da Natureza, realizaremos unha excursión á Illa de Arousa, o sábado 12 de xuño.

Actividade para rapaces e raparigas de 3º de Primaria a 2º da ESO.
É necesario anotarse previamente nas Bibliotecas ou na Concellaría de Medio Ambiente.
Inscricións: do 24 de Maio ao 7 de Xuño.
Prezo 3€
*Terán prioridade os participantes dos obradoiros realizados durante o curso.

Bus:
Saída ás 9,30h. da Biblioteca de Bertamiráns e 9,45 da Biblioteca do Milladoiro.
Volta 17,45h. Milladoiro, 18h. Bertamiráns.



Notica na web municipal

sexta-feira, 14 de maio de 2010

Programa de actividades: Letras galegas 2010



Luns 17: Acto Literario Musical, Casa da Cultura do Milladoiro, 18h.
  • Actuación da Escola Municipal de Música
  • Entrega dos premios do VII Certame Literario e do II Certame Intercentros Concello de Ames
Xoves 20: Homenaxe a Uxío Novoneyra, Casa da Cultura de Bertamiráns, 20,30h.
  • Ramón Lorenzo: Achegamento á figura de Novoneyra
  • Xandobela: Uxío Novoneyra na voz da xente: contacontos musicado
Mércores 26: Camiños de amor e lúa, Casa da Cultura do Milladoiro, 20h.
  • Recital poético de Olaia Cociña con acompañamento de música en directo
Venres 28: III Festa da Lingua, Casa da Cultura de Bertamiráns, 20,30h. (entrada de balde con convite)
  • Talía Teatro, Celso Sanmartín, A Banda da Balbina
  • Espido: presenta Belén Regueira. Manifestos: Carlos Negro e Belén Regueira.
  • Entrega do I Premio Rosalía de Castro de Lingua
Do 17 ao 30 de Maio: Exposición sobre Uxío Novoneyra, nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.



A noticia na web municipal: Maio é o mes das Letras Galegas en Ames

segunda-feira, 3 de maio de 2010

Letras Galegas 2010



Uxío Novoneyra (1930-1999), foi a persoa escollida para homenaxear nas Letras Galegas 2010.


Poeta da Terra que encumbrou O Courel na mitoloxía literaria galega.


A Biografía á que se pode acceder na ligazón inicial foi preparada pola Real Academia Galega. Pódese consultar máis información sobre o autor nos seguintes lugares:

Desde a Biblioteca preparamos o seguinte dossier que se pode descargar para consulta

sexta-feira, 30 de abril de 2010

Actividades na Biblioteca: Maio de 2010




Un mar de lecturas:
Continuan as actividades relacionadas co mar en Maio na Biblioteca.

Contacontos: Para nenos e nenas maiores de 3 anos
  • Mércores 5 ás 18h. na Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 6 ás 18h. na Biblioteca de Bertamiráns
  • Martes 18 ás 18h. no Local social de Bugallido
  • Mércores 19 ás 18h. na Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 20 ás 18h. na Biblioteca do Milladoiro
Obradoiro: Baixo a luz dos faros
Sábado 8 de maio
  • Para 3º, 4º e 5º de Primaria.
  • Horario de 11,30 a 13h. Na Aula de Natureza
  • Inscrición: do 19 de abril ao 3 de maio nas bibliotecas e na Concellaría de Medio Ambiente
  • Bus: Saida desde a Biblioteca do Milladoiro ás 11h. Saída desde a Biblioteca de Bertamiráns ás 11,15h. Volta ás 13,15 e 13,30h.
Noticia na web Municipal
Noticia en La Voz de Galicia
O Obradoiro na web municipal

terça-feira, 13 de abril de 2010

Literatura na Praza: día do libro

Con motivo da celebración do Día do Libro, o Concello dinamiza na rúa coa actividade Literatura na Praza que se realizará o sábado 17 de abril a partir das 16,30h. na Praza do Concello de Bertamiráns.

Programa:
  • 16,30h. Contacontos con Bea Campos de Migallas Teatro, organizado pola Biblioteca municipal, para maiores de 4 anos.
  • 17h. Presentación do libro As razóns do galego, o apelo á cidadanía de Henrique Monteagudo que contará coa presenza do autor e de Víctor Freixanes.
  • 18h. Acto Literario musical: lecturas dos textos premiados no VI Certame Literario Concello de Ames, e actuación musical do Dúo de Zanfonas Samuel e Víctor.
De 16,30 a 20h. exposición e venda de libros (co 10% de desconto) coa participación das librerías Boas e novas, Lenda e Nenos-nais.

segunda-feira, 5 de abril de 2010

Actividades na Biblioteca: Abril de 2010



Un mar de lecturas:
Continuan as actividades relacionadas co mar en Abril na Biblioteca.

Contacontos: Para nenos e nenas maiores de 3 anos
  • Mércores 7 ás 18h. na Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 8 ás 18h. na Biblioteca de Bertamiráns
  • Luns 19 ás 18h. no Local social de Augapesada
  • Martes 20 ás 18h. no Local social de Bugallido
  • Mércores 21 ás 18h. na Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 22 ás 18h. na Biblioteca do Milladoiro

Obradoiro: Descubre os mamíferos mariños

Sábado 24 de abril

  • Para 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO Horario de 11,30 a 13h. Na Aula de Natureza
  • Inscrición: do 5 ao 20 de abril nas bibliotecas e na Concellaría de Medio Ambiente
  • Bus: saida desde a Biblioteca do Milladoiro ás 11h.Saída desde a Biblioteca de Bertamiráns ás 11,15h. Volta ás 13,15 e 13,30h.
A Noticia na web municipal (07/04/10)
A Noticia na web Municipal (19/04/10)
A Noticia na web municipal (26/04/10)

sexta-feira, 26 de março de 2010

Abril: mes dos libros



Abril é o mes dos libros: o día 2 de abril celébrase o día do libro infantil para comemorar a data en que naceu Hans Christian Andersen (2 de abril de 1805) e o 23 de abril é a data declarada pola UNESCO Día Internacional do Libro xa que coincide coa datas da morte de Cervantes e do nacemento de Shakespeare.

Para celebrar esta efeméride na biblioteca preparamos o Espazo do Album Ilustrado co lema: Descobre os Albuns Ilustrados: idades recomendadas de 0 a 99 anos, que quere dar a coñecer, durante todo o mes, os fondos deste tipo de obras cos que contamos na biblioteca.


O Albun Ilustrado é unha obra literaria, polo xeral destinada ao público infantil, aínda que o hai para todas as idades, que se caracteriza por xuntar nunha mesma páxina o texto e as ilustracións. Estas teñen, nestes libros, unha igual ou superior importancia á do contido textual, de maneira que o sentido da obra despréndese da relación entre texto e imaxe e só se pode comprender grazas a esa relación tan coidada. Normalmente son de tapa dura e de curta extensión.


Isto é o que serve para definilo, pero como no resto das obras literarias, os seus temas, xéneros e formas son múltiples e diferentes. É por isto que queremos dar a coñecer este tipo de obras, que na biblioteca están misturados co resto dos fondos documentais e que nesta ocasión queremos traelos á vista e dalos a coñecer aos usuarios.


Entre as editoriais galegas que máis traballan este tipo de obras están Kalandraka e OQO que teñen obras xa moi coñecidas polo público e recoñecidas con premios nacionais e internacionais. Pero ademais presentaremos outras obras, incluídas algunhas xuvenís e para adultos.


Este ano a preparación do material do Día Internacional do Libro Infantil foi encargado polo IBBY (International Board on Books for Young People) á súa organización representante española a OEPLI. O texto deste ano foi escrito pola autora Eliacer Cansino co lema Un libro espera por ti; búscao!, traducido ao galego por Ánxela Gracián. A ilustración é obra de Noemi Villamuza.


O IBBY lémbranos que este ano vaise celebrar no noso país o 32º Congreso Internacional desta organización co lema A Forza das minorías, do 8 ao 12 de setembro en Santiago de Compostela.


A noticia na web municipal.

sexta-feira, 5 de março de 2010

VII Certame Literario Concello de Ames 2010



Dirixido a todos os e as amantes da literatura, sexa cal sexa a súa procedencia, este concurso é xa un referente para os novos creadores e creadoras, e supón unha boa oportunidade para todas aquelas persoas que desexen medir a súa capacidade para escribir e os límites da súa imaxinación. Nas seis edición que se levan organizado presentáronse máis de 1.000 traballos.

Son tres as categorías existentes en cada modalidade do certame. Os nenos e nenas que teñan ata 13 anos poderán participar na primeira categoría, mentres que a segunda está dirixida a rapaces de 14 a 18 anos e a terceira ás persoas de máis 18 anos. Haberá tres premios en metálico por cada unha destas franxas de idade en ambas as modalidades, que serán de 120 euros, 90 euros e 60 euros na primeira categoría, 150 euros, 120 euros e 90 euros na segunda e 210 euros, 150 euros e 120 euros na terceira. Os gañadores anunciarase publicamente o 11 de maio e os premios entregaranse o 17 de maio, nun acto público, que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro.

Todas as persoas que desexen participar no certame deberán enviar antes do 17 de abril de 2010 catro exemplares do seu texto ao enderezo Concello de Ames (Servizo de Normalización Lingüística), Avenida de Azcárraga nº 5, Bertamiráns, 15220 Ames, A Coruña. A extensión mínima será de 2 páxinas en narrativa e de 20 versos en poesía, mentres que a máxima será de 6 páxinas en narrativa e de 50 versos en poesía. O tema é libre e só se poderá presentar un traballo por persoa en cada unha das modalidades.

Bases do certame.


A Noticia na web municipal

quarta-feira, 3 de março de 2010

Resumo da campaña Con Haití no corazón

Moitas grazas a todas e todos por participar!

Agradecemos a todas as persoas e entidades que colaboraron coa Biblioteca no desenvolvemento da campaña de recadación de fondos para Haití.

As entidades que colaboraron foron:
  • Intermón Oxfam
  • Adames
  • ANPA da Escola Infantil do Milladoiro
  • ANPA do CEIP de Ventín
  • Ademais contamos coa colaboración de usuarias da biblioteca e de compañeiras do Concello que colaboraron connosco na elaboración dos corazóns ademais de contribuir á venda dos mesmos.
A cantidade total recada foi de: 2.502,38€ dos que:
  • 1.737,70€ corresponden ao recadado nas dúas bibliotecas pola venda de corazóns e libros.
  • 511,78€ das doazóns aportadas polas nais e pais da Escola Infantil do Milladoiro
  • 252,90€ das doazóns aportadas polas nais e pais do CEIP de Ventín
Outras iniciativas:
Desde Ames desenvolvéronse outras iniciativas provenientes tanto da administración como da sociedade civil.A Biblioteca organizou ademais unha charla con José Luis Quintelá Juliá director da ONG Intermón Oxfam para Galicia, Asturias e León para falarnos da súa organización e do traballo que desenvolven en Haití.

Aínda estás a tempo de participar noutras iniciativas:
O Club de Atletismo MillaRaio organiza a I Carreira Solidaria de Axuda para Haití


sábado, 27 de fevereiro de 2010

Actividades na Biblioteca: Marzo de 2010

Un Mar de Lecturas:
actividades relacionadas co mar en Marzo na Biblioteca.

Contacontos:
Para nenos e nenas maiores de 3 anos
  • Mércores 3 ás 18h.: Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 4 ás 18h.: Biblioteca de Bertamiráns
  • Luns 15 ás 18h.: Local social de Augapesada
  • Martes 16 ás 18h.: Local social de Bugallido
  • Mércores 17 ás 18h.: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 18 ás 18h.: Biblioteca do Milladoiro


quarta-feira, 17 de fevereiro de 2010

A Situación en Haití e o traballo de Intermón Oxfam

Charla con José Luis Quintela Julián
Director de Intermón Oxfam para Galicia, Asturias e León
  • Martes 23 de Febreiro ás 19,30h. na Biblioteca de Bertamiráns
  • Mércores 24 de Febreiro ás 19,30h. na Biblioteca do Milladoiro
*Contaremos con servizo de gardería


quarta-feira, 10 de fevereiro de 2010

Aviso de Peche

O Martes 16 de Febreiro, Martes de Entroido, a Biblioteca permacerá pechada en horario de tarde.

Desculpen as molestias

terça-feira, 9 de fevereiro de 2010

Segundo aniversario do Blog da Biblioteca



O 9 de febreiro de 2008 publicamos a nosa primeira noticia (post) presentando a publicación deste blog coa intención de difundir entre os nosos usuarios as novas e as actividades relacionadas coa biblioteca.


Desde entón levamos publicadas un total de 91 noticias, con esta de hoxe: 44 publicadas no ano 2008 e 41 no 2009. Fomos visitados 3.380 veces por 2.006 visitantes únicos, que pasaron no noso blog unha media de 1,37 minutos.

O número medio de visitas por día foi de 4,6. O 41% dos nosos visitantes repiten a visita ás noticias do blog mentres que o 59% só pasou por aquí unha única vez.

O Blog contén, ademais das noticias, información sobre a biblioteca: horarios, servizos, etc, un calendario coas actividades de animación. No último ano engadíuse o acceso a videos a través do Canal YouTube da Biblioteca. Ampliaronse as fotografías disponibles con imaxes da publicidade das actividades, fotografías de actividades anteriores ao 2009 e as correspondentes ao curso 2009-2010.

As fotografías das actividades son as que concentran un maior número de visitas ao blog e ao servizo de aloxamento das fotografías a través do Picasa de Google.

O blog permite a subscrición ás noticias a través do email persoal e a sindicación de lectura das noticias a través de lectores RSS que permiten estar ao día da información que se vai publicando desde a biblioteca.

Como curiosidade temos que indicar que, ademais das provenientes de España, contamos con visitas de outros 22 países. Entre os primeiros destacan por orde Brasil, Estados Unidos de América e Portugal.

segunda-feira, 1 de fevereiro de 2010

Actividades Biblioteca Febreiro de 2010




Con Haití no corazón:
Continúa a campaña de recadación de fondos para paliar a situación da poboación en Haití.

- Contacontos
para maiores de 3 anos:
Mércores 3: ás 18h. na Biblioteca do Milladoiro
Xoves 4: ás 18h. na Biblioteca de Bertamiráns

- Entroido:
Preparación de disfraces:
Na semana do 8 de febreiro nas dúas bibliotecas
Inscrición: do 25 de Xaneiro ao 5 de Febreiro nas bibliotecas
*Avisarase ás persoas inscritas do día e hora de realización dos disfraces.

Festa entroido:
Sábado 13 de Febreiro ás 18h. na Praza de Chavián en Bertamiráns
Sábado 13 de Febreiro ás 18h. na Praza de Manuel Murguía no Milladoiro

- Obradoiros:

Nós mariñeiros: aprende a facer nós
Rapaces e raparigas de 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO
Biblioteca do Milladoiro: sábado 20 de febreiro ás 11,30h.
*Inscricións do 1 ao 15 de febreiro nas bibliotecas
Autobús desde a biblioteca de Bertamiráns ás 11h. (volta às 13,30h.)

Que comemos do mar?
Rapaces e raparigas de 3º, 4º e 5º de Primaria
Biblioteca de Bertamiráns: sábado 27 de febreiro ás 11,30h.
*Inscricións do 8 ao 22 de febreiro nas bibliotecas
Autobús desde a biblioteca do Milladoiro ás 11h. (volta às 13,30h.)

Noticia na web municipal

quarta-feira, 27 de janeiro de 2010

Con Haití no corazón

Notícia:


A Biblioteca de Ames comeza unha campaña de solidariedade destinada a recadar fondos para paliar os efectos do terremoto sobre a poboación de Haití.


A campaña baixo o lema de Con Haití no corazón realizarase nas dúas bibliotecas de Ames, en Bertamiráns e no Milladoiro. Para a recadación poñeranse á venda, ao prezo da vontade, libros expurgados dos fondos e libros duplicados que se encontran no almacén da biblioteca. Algúns dos libros son usados pero unha boa parte son novos e en bo estado.


Ademais poñerase á venda un corazón de fieltro coa palabra Haití que será realizado pola Asociación Adames de persoas con discapacidade. Este corazón poñerase á venda ao prezo simbólico de 2€.


Todo o diñeiro recadado será ingresado na ONG Intermón Oxfam. A elección desta entidade foi motivada porque se preferiu contar cunha organización que se encontrase no país e que ademais contribuíse á mellora das condicións da poboación, nunha situación moi precaria nun país con millares de persoas danificadas. Intermón Oxfam traballa no reparto e tratamento de potabilización de auga, ademais doutros proxectos de axuda ao desenvolvemento que realizan desde fai anos no país.


A recadación realizarase semanalmente en cada biblioteca e anótarase o total recadado facéndose de maneira transparente: publicando semanalmente a cantidade recadada para que os usuarios coñezan o que se recada e o que se ingresa. Cada luns ingresarase a cantidade recadada na semana anterior na conta desta ong.


A duración da campaña non está determinada xa que dependerá de como vaia evolucionando a situación no país. Contaremos ademais coa presenza de representantes de Intermón Oxfam que nos presentarán a súa organización e falarán do seu traballo e da situación actual en Haití.


ONG e outras entidades que están traballando en/por Haití ou recadando fondos para mellorar a situación da poboación (da web de RTVE).


Noticia na web Municipal

Noticia en La Voz de Galicia