Entre os meses de xaneiro e abril contaremos con
visitas escolares das escolas do concello á biblioteca.
Estas visitas teñen a finalidade de dar a coñecer a biblioteca e os seus fondos á poboación escolar e fomentar o uso da mesma.
A actividade vai dirixida ao alumnado dos cursos de 2º, 4º e 6º de Primaria e preténdese que sexa periódica de maneira que todo o alumnado poda pasar en algún momento da súa vida escolar pola biblioteca para coñecela.
As actividades son diferentes dependendo do curso, pero en todas se explicará o funcionamento da biblioteca: como se organizan os fondos e como se recuperan os documentos buscando no catálogo e localizándoo nos estantes; os códigos de cores por idades dos documentos; os distintos tipos de materais cos que contamos... Pero, ademais das explicacións teóricas, aprenderán con xogos de pistas nos que terán que recuperar información que os leve a determinado documento onde contarán con novas pistas...
Os colexios participantes acudirán á súa biblioteca máis próxima, desta maneira os CEIP de Barouta, A Maía e Agro do Muíño visitarán a biblioteca de Bertamiráns, mentres que o CEP de Ventín visitará a biblioteca do Milladoiro.
As visitas serán as seguintes:
- 6º de Primaria: entre o 24 de xaneiro e o 4 de febreiro
- 4º de Primaria: entre o 21 de marzo e o 1 de abril
- 2º de Primaria: entre o 4 e o 29 de abril
Nota: As visitas realizaranse en horario de mañá. Os días de actividades serán anunciados previamente na biblioteca. Durante a realización das visitas os demais servizos da biblioteca poderán verse afectados.
A noticia na web municipal