sexta-feira, 18 de junho de 2010

Bibliopiscinas: Móllate na lectura 2010!



Presentamos as actividades de animación á lectura na área recreativa de Tapia e nas piscinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Coa campaña Móllate na lectura, 2010 queremos levar a lectura, e outros servizos da Biblioteca, aos lugares de ocio do Concello.

As Bibliopiscinas son un servizo da Biblioteca Municipal que, por oitavo ano consecutivo, queren servir de servizo de extensión e proximidade da biblioteca, levando libros, xogos, xoguetes e actividades a estas áreas.

Nas bibliopiscinas contaremos cos servizos de lectura de prensa, lectura dentro do recinto, xogos para todas as idades e xoguetes para os máis pequenos, préstamo de libros a toallas e a domicilio. Todos os días na hora do merenda contaremos coa Hora do conto e un día á semana en cada bibliopiscina teremos Contacontos e actividades.

Contacontos:
  • Martes ás 18h. na Bibliopiscina do Milladoiro
  • Mércores ás 18h. na Bibliopiscina de Tapia
  • Xoves ás 18h. na Bibliopiscina de Bertamiráns

Horarios:

  • Bertamiráns e Milladoiro:

De luns a venres de 16,30 a 20,30h. (fins de semana e festivos pechadas

  • Tapia:

De luns a domingo
Do 1 de Xullo ao 15 de Agosto: de 16,30 a 21h.
Do 17 ao 29 de Agosto: de 16,30 a 20h.

As Bibliopiscinas están abertas a todo o público sendo unicamente requisito contar cun carné municipal para poder acceder aos servizos de préstamo a toalla e préstamo a domicilio. Todos os demais servizos son de acceso libre.

O Domingo 29 de Agosto remataremos coa celebración da Festa das Bibliopiscinas na área recreativa de Tapia a partir das 16,30h.

A Noticia na web municipal
Noticia en La Voz de Galicia

Sem comentários:

Enviar um comentário