segunda-feira, 28 de julho de 2008

A Escola de Verán do Milladoiro visita a Biblioteca

Os nenos e nenas da Escola de Verán do Milladoiro visitarán a biblioteca os días 28 e 29 de xullo. Os nenos e nenas contarán con sesións de contacontos e actividades realizados polo persoal de animación da biblioteca.

O luns 28 contarase coa presencia de nenos e neas de 3 a 5 anos.
O martes 29 contarase coa presencia de nenos e nenas en dous grupos de 6 a 7 e de 8 a 12 anos.

Participarán nunha visita guiada á biblioteca onde se lles explicará o funcionamento da mesma, realizarase unha sesión de contacontos e obradoiros relacionados coa temática do contacontos.

Enquisa na Biblioteca Municipal



No pasado mes de maio realizouse unha enquisa de valoración do servizo municipal de bibliotecas entre os usuarios da mesma. Unha vez analizados os datos presentamos o resultado da mesma.

No ano 2008 o servizo cumpre 4 anos desde o inicio do cambio na Biblioteca Municipal. Este cambio foi motivado pola necesidade de crear un servizo bibliotecario moderno que respondese ás necesidades da poboación dun Concello dinámico e en continuo crecemento cunha grande proporción de poboación nova.


Todo este proceso de cambio foi realizado sen formalizar ningún procedimento para que as persoas usuarias da biblioteca manifestaran a súa opinión sobre o mesmo.

Agora, pasado estes catro anos, crimos conveniente realizar este procedemento de toma de datos da opinión dos usuarios realizado mediante unha enquisa que recollese a opinión global sobre o servizo.


O obxectivo é conseguir ter nas nosas mans unha radiografía do que é a Biblioteca Pública de Ames segundo a opinión dos seus usuarios. Servir tamén de punto de referencia para análises posteriores e futuras enquisas que se poidan realizar conseguindo unha valoración global de toda a organización e tendo un instrumento básico para futuras planificacións e decisións.


Pódese consultar o relatorio completo ou só as conclusións.


Noticia na web municipal

Noticia en La Voz de Galicia