O 9 de febreiro de 2008 publicamos a nosa primeira noticia (post) presentando a publicación deste blog coa intención de difundir entre os nosos usuarios as novas e as actividades relacionadas coa biblioteca.
Desde entón levamos publicadas un total de 91 noticias, con esta de hoxe: 44 publicadas no ano 2008 e 41 no 2009. Fomos visitados 3.380 veces por 2.006 visitantes únicos, que pasaron no noso blog unha media de 1,37 minutos.
O número medio de visitas por día foi de 4,6. O 41% dos nosos visitantes repiten a visita ás noticias do blog mentres que o 59% só pasou por aquí unha única vez.
O Blog contén, ademais das noticias, información sobre a biblioteca: horarios, servizos, etc, un calendario coas actividades de animación. No último ano engadíuse o acceso a videos a través do Canal YouTube da Biblioteca. Ampliaronse as fotografías disponibles con imaxes da publicidade das actividades, fotografías de actividades anteriores ao 2009 e as correspondentes ao curso 2009-2010.
As fotografías das actividades son as que concentran un maior número de visitas ao blog e ao servizo de aloxamento das fotografías a través do Picasa de Google.
O blog permite a subscrición ás noticias a través do email persoal e a sindicación de lectura das noticias a través de lectores RSS que permiten estar ao día da información que se vai publicando desde a biblioteca.
Como curiosidade temos que indicar que, ademais das provenientes de España, contamos con visitas de outros 22 países. Entre os primeiros destacan por orde Brasil, Estados Unidos de América e Portugal.
Sem comentários:
Enviar um comentário