sexta-feira, 27 de fevereiro de 2009

Videos da Comparsa de Entroido

Temos disponibles no noso canal de televión algúns dos videos da Comparsa de Entroido realizada pola Biblioteca na festa da Praza de Chavián de Bertamiráns do Sábado 21 de marzo.

Poñemos aquí un dos videos de mostra:

En Marcha:



Outros dous videos están disponibles:

Viaxes do Corazón: diario ínfimo



A Biblioteca quedou pequena para acoller aos participantes na presentación do libro Viaxes do Corazón de Xosé Manuel García Trigo.


A presentación foi organizada pola Libraría Máinomen de Bertamiráns e a Editorial Galaxia que escolleron a nosa Biblioteca para traer ao autor. Unhas 100 persoas acompañaron ao autor na presentación. O acto preparado nun primeiro momento para ser realizado na Biblioteca de Bertamiráns tivo que cambiar a última hora de local ante a afluencia de persoas que acudiron ao acto. Trasladouse a presentación ao salón de actos da Casa da Culturao nde a capacidade do lugar permitiu realizar a presentación con máis comodidade.

Victor Freixanes actuou como mestre de ceremonias presentando ao autor e a súa relación con el desde o mundo da edición no que se coñecen desde fai anos. Xa o primeiro libro de Xosé Manuel Trigo, Extintos básicos, fora publicado por Freixanes en Edicións Xerais. Libro que agora se encontra descatalogado e que a Editorial Galaxia ten previsto reeditar.

Xosé María Álvarez Cáccamo, coñecido autor e amigo persoal de Trigo, foi o segundo en falar introducindo moitos dos textos deste Viaxes do corazón, poñéndonos en antecedentes coas paisaxes persoais e familiares do autor e o seu reflexo na obra.

Por último o autor Xosé Manuel G. Trigo, nun exercicio de reflexión, fixo unha lembranza das súas obras, e comentou o proceso que o levou a escribir este diario ínfimo xa que o libro agora publicado é só unha pequena parte do diario que o autor mantén desde a súa infancia. Do conxunto dos seus diarios escritos o autor escolleu para a súa publicación só o ano 2007, por coincidir cun ano difícil a nivel persoal coa morte do seu pai e o empioramento da doenza da súa nai. É polo tanto un diario moi persoal que evoca paisaxes, lugares, persoas e vivencias da súa infancia no Morrazo, de onde é natural, que enlaza co momento actual e a súa vida en Bertamiráns e no Val da Amaía.

Xosé Manuel, que durante anos foi profesor no Instituto de Bertamiráns, ten fixada a súa residencia nesta localidade e na presentación non faltaron amigos, persoas da política e da cultura, e antigos alumnos e alumnas deste profesor que mesmo lles dedicou un soneto que o público agradeceu calorosamente. O acto rematou coa asinatura da obra do autor.


A noticia na web municipal:

Xosé Manuel García Trigo presentou o seu libro Viaxes do corazón en Bertamiráns

A noticia en El Correo Gallego:

Trigo presenta 'Viaxes do corazón', "un diario íntimo" de fino humor

quinta-feira, 26 de fevereiro de 2009

Os Contos de Lúas e estrelas para que leas



Ven á Biblioteca: teremos lúas e estrelas para que leas!

Como saberás este curso 2008-2009, e coincidindo co Ano da Astronomía, a Biblioteca organiza sesión de contacontos e obradoiros relacionados con esta materia.

A Radio municipal colabora con nós na difusión destas actividades.

Desta maneira Divina e Bibiana, as persoas encargadas da animación á lectura, deixaron gravados algúns contos para que os ouvintes da radio poidan desfrutar das sesións de contacontos.

Queremos ofrcervos o conto A Xoaniña e a noite para o desfrutedes.

quinta-feira, 19 de fevereiro de 2009

Presentación do libro Viaxes do Corazón


A Biblioteca Municipal, a Librería Máinomen e a Editorial Galaxia teñen o pracer de convidarvos á presentación da obra Viaxes do Corazón: diario ínfimo de Xosé Manuel G. Trigo.

Na presentación participarán Victor F. Freixanes, Xosé María Álvarez Cáccamo e o autor.
Xoves 26 de febreiro ás 20h. na Biblioteca de Bertamiráns



Noticia na web Municipal: Preséntase o libro "Viaxes do corazón" na biblioteca de Bertamiráns

Aviso de Peche

O día 24 de febreiro, Martes de Entroido,
a Biblioteca permanecerá
pechada en horario de tarde

Desculpen as molestias

terça-feira, 10 de fevereiro de 2009

Obradoiro de Banda Deseñada no Milladoiro

Ilda Lortes impartirá este obradoiro para rapaces e rapazas de 9 a 12 anos na Biblioteca do Milladoiro durante todos os sábados do mes de marzo en horario de 11,30 a 13h.


Para poder participar é necesario inscribirse previamente na Biblioteca. O número de prazas é limitado.


Un total de 20 persoas poderán participar da actividade. No caso de haber máis persoas inscritas abrirase unha lista de agarda por orde de inscrición.


Na Biblioteca de Bertamiráns:


23 persoas participaron do obradoiro na Biblioteca de Bertamiráns que comezou o pasado sábado 7 de febreiro e que se prolongará durante todo o mes nesta biblioteca.


As fotos ilustran algúns dos momentos de desenvolvemento da actividade.






segunda-feira, 9 de fevereiro de 2009

O Blog da Biblioteca celebra o seu primeiro aniversario



O 9 de febreiro de 2008 publicábamos a nosa primeira noticia (post) presentando a publicación deste blog coa intención de difundir entre os nosos usuarios as novas e as actividades relacionadas coa biblioteca.

Desde entón levamos publicadas un total de 52 noticias (con esta de hoxe). Fomos visitados 1.238 veces por 784 visitantes únicos, que pasaron no noso site unha media de 2 minutos.

O número medio de visitas por día foi de 3,30. Dous terzos dos nosos visitantes repiten a visita ás noticias do blog mentres que 1 terzo só pasou por aquí unha única vez.

Entre os nosos visitantes encóntranse persoas de países afastados como Chile ou Malasia pero, evidentemente, son excepcións frente ás visitas dos nosos asociados que son a maioría dos que acoden aquí para se informar.

O Blog contén, ademais das noticias, información sobre a biblioteca: horarios, servizos, etc, un calendario coas actividades mensais de animación, fotografías das actividades e ligazóns a outros servizos da biblioteca.

O blog permite a subscrición ás noticias a través dun lector de fluxos RSS e as persoas interesadas tamén se poden subscribir para recibir as noticias por email.

sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009

Entroido na Biblioteca



Este ano participaremos cunha comparsa nas festas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Celebrarase o Sábado 21 de febreiro ás 18h.
  • na Praza de Chavián de Bertamiráns e
  • na Praza de Manuel Murguía do Milladoiro
Continuando coa astronomía a Biblioteca acudirá disfrazada de lúas e soles.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse até o día 13 nas Bibliotecas.

Filloas, orellas, charanga e animación na carpa.

Todas as persoas que asistan disfrazadas poderán participar no sorteo dunha Cesta de Entroido.