O Xoves 23 de outubro ás 12 da mañá o programa España Directo de RNE, dirixido por Mamen Asencio, emitirá en directo desde a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago. Este programa estará dedicado a comemorar o Día da Biblioteca que se celebra, desde fai varios anos, o 24 de outubro.
Este ano Galicia é a Comunidade autónoma escollida para celebra esta efeméride, e a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal será a biblioteca anfitriona deste evento organizado pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, en colaboración co Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia.
O día 24 estará cheo de actividades entre as que se conta a lectura do manifesto “Onde hai unha biblioteca hai unha luz”, da autoría de Agustín Fernández Paz, maratón de lecturas, obradoiro de banda deseñada e contacontos entre outras actividades.
O día anterior este programa de radio nacional emitirá entrevistas e debates entre participantes de varias bibliotecas entre os que se encontrará Xóan Manuel Pérez Lijó en representación da Biblioteca de Ames.
A Asociación Anabad-Galicia, de profesionais de arquivos e bibliotecas, organiza un curso de Software Libre dirixido ao persoal das bibliotecas de Galicia.
Este curso será impartido por Xoán Manuel Pérez Lijó, bibliotecario de Ames e realizarase o próximo sábado 25 de outubro na aula de informática da Casa da cultura de Bertamiráns.
Na presentación especifícase que a biblioteca pública debe ser un elemento de alfabetización informacional que facilite á cidadanía o coñecemento e o acceso á información en formato electrónico.
Neste sentido a biblioteca debe potenciar o coñecemento sobre as diferentes alternativas existentes nas TIC e fomentar o uso de ferramentas baseadas en estándares abertos.
O Curso persegue os seguintes obxectivos:
Coñecer entornos operativos abertos
Coñecer ferramentas de software libre que podan ser usados en calquera entorno
Coñecer sistemas de xestión bibliotecaria de código aberto
En definitiva fomentar o coñecemento do SL e das súas posibilidades no entorno bibliotecario
Comezamos outro ano máis coas actividade de animación á lectura na Biblioteca.
Para este curso 2008-2009 a temática escollida é a astronomía.
O lema elixido para este ano é "Ven á biblioteca: teremos lúas e estrelas para que leas!" e como o nome indica a maior parte das actividades realizaranse na biblioteca sendo os nenos e nenas das escolas, garderías e unitarias as que virán á biblioteca a realizar actividades de animación á lectura.
Os contacontos irán destinados a nenas e nenos maiores de 3 anos nas bibliotecas e nos locais sociais de Aldea Nova, Aguapesada e Bugallido, e consistirán na narración oral de contos seguido de obradoiros ou outras actividades. Realizanse quincenalmente nas bibliotecas e mensalmente nos locais sociais.
Novidades: As actividades dirixidas a nenos e nenas de 9 a 12 anos pasarán a realizarse os sábados intercalando a temática escollida de astronomía con outras temáticas e consistirán principalmente na realización de obradoiros. Será necesario inscribirse previamente para poder participar.
Iremos informando periodicamente das actividades de cada mes.
Programa para o mes de Outubro:
Luns 13: Contacontos, de 3 a 9 anos
Lugar: Local Social de Augapesada
Horario: 18:00h
Martes 14: Contacontos, de 3 a 9 anos
Lugar: Local Social de Bugallido
Horario: 18:00h
Mércores 15: Contacontos, de 3 a 8 anos
Lugar: Biblioteca do Milladoiro
Horario: 18:00h
Xoves 16: Contacontos, de 3 a 8 anos
Lugar: Biblioteca de Bertamiráns
Horario: 18:00h
Venres 17: Contacontos, de 3 a 9 anos
Lugar: Local Social de Aldea Nova
Horario: 18:00h
Sábado 18: “O ladrón de palabras” co ilustrador Anxo Fariña
Lugar: Biblioteca do Milladoiro
Idades: 4º, 5º e 6º de primaria
Require inscrición previa
Sábado 25: “O ladrón de palabras” co ilustrador Anxo Fariña
Lugar: Biblioteca de Bertamiráns Idades: 4º, 5º e 6º de primaria Require inscrición previa
Presentación musical do libro Boas Noites de Paula Carballeira.
Contaremos coa presencia de: Paula Carballeira, narradora Vadim Yukhnevich, acordeón e voz Pablo Pérez, contrabaixo Manolo Panforreteiro, melodica, percusións e voz
Xoves 9 de Outubro ás 18,30h. na Biblioteca do Milladoiro
Actividade de dinamización que contará con Anxo Fariña, escritor e ilustrador da obra.
"Xoel e Lorena son dous rapaces que se atopan en Venecia co seu tío Xurxo. A súa volta á casa vai ser diferente da agardada. Na súa vila, ninguén pode falar, e tampouco escribir. Algo moi estraño acontecera, e non foran os únicos, nas vilas veciñas pasaba o mesmo..."
Queres saber como continúa a historia? No obradoiro axudarás a desentrañar este misterio. Ademais poderás crear debuxos a partir de letras e palabras.
Obradoiro dirixido a nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria
Obxectivos:
Dinamizar a lingua galega na infancia
Incentivar a creatividade en galego e desde o galego
Potenciar o gusto pola lectura, a escritura e a expresión en galego
Fomentar o contacto dos nenos e nenas coas bibliotecas
Data e lugar de realización:
Sábado 18: Biblioteca do Milladoiro
Sábado 25: Biblioteca de Bertamiráns
Inscrición:
Do 22 de setembro ao 3 de outubro nas escolas, nas bibliotecas e no SNL (no Pazo da Peregrina)
As prazas son limitadas polo tanto precísase inscrición previa
Organizan:
Biblioteca Municipal e Servizo de Normalización Lingüística
Colaboran:
Equipos de Normalización Lingüística das Escolas do Concello
Duración:
Terá unha duración de 60 min.
As persoas inscritas serán informadas da hora na que lles corresponderá participar.