sexta-feira, 29 de agosto de 2008

Horarios de inverno

A partir do día 1 de setembro os horarios de inverno serán:

De luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 21h.
Sábados de 11 a 14h.

quinta-feira, 21 de agosto de 2008

Festa das Bibliopiscinas


Festa das Bibliopiscinas o Domingo 31 de agosto na Praia Fluvial de Tapia* a partir das 16,30h.


Feirón: ás 17h.

  • xogos e obradoiros simultáneos


Teatro: Títeres Seisdedos coa obra "Varietés": ás 18h.

  • homenaxe aos artistas de rúa. Espectáculo de marionetas


Música: Migallas "Canta connosco": ás 19h.

  • combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas


*En caso de mal tempo a festa trasladarase ao Pavillón Polideportivo de Bertamiráns.



Noticia na web do Concello: Xogos, obradoiros, marionetas e cancións pecharán as Bibliopiscinas.
Noticia en La Voz de Galicia: La playa fluvial de Tapia acogerá el día 31 la fiesta de clausura del programa de las bibliopiscinas.

quarta-feira, 20 de agosto de 2008

Nova vida para os libros

En setembro do ano pasado realizouse un expurgo de fondos da biblioteca. O expurgo consistiu en retirar libros en mal estado, obsoletos ou duplicados. Unha vez realizado isto, foron dados de baixa da base de datos de fondos da biblioteca eliminóuselles o rexistro e seláronse coa palabra "expurgo" para que non dean lugar a confusión.


Agora, unha vez que se aprovou a súa eliminación da biblioteca, estes libros están disponíbeis para quen os desexe. Nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro temos ao voso dispor estes libros para que os podades consultar e, quen estexa interesado nalgún, pode quedar con el.

Démoslle unha nova vida aos libros!

quarta-feira, 6 de agosto de 2008

Os Contos do revés

Continuan as actividades de animación á lectura nas Bibliotecas. Neste caso dirixida a nenas e nenos dos 3 aos 8 anos. As sesións realizaranse o mércores 6 de agosto ás 12:00 na biblioteca de Bertamiráns e o xoves 7 de agosto á mesma hora na do Milladoiro.

Os contos que interpretarán as animadoras á lectura son As tres porquiñas, Onde está o nariz de Pinocho?, Os calzóns do emperador e A auténtica historia dos tres porquiños. Os propios títulos xa nos indica que se trata de historias actualizadas, rompendo en moitos casos con estereotipos onde os personaxes son só masculinos e moitas veces pobres de espírito. Estes autores cambian os valores dos contos dando voz a protagonistas femininos e aportando novos valores baseados na tolerancia e a solidariedade. Para asistir non é preciso estar apuntado, só achegarse ata o lugar e datas indicados. Esta actividade organízase por segunda vez este verán. Xa no mes dexullo, unhas 75 persoas asistiran ás sesións de Contos do revés.

Noticia na web do Concello.