domingo, 30 de agosto de 2009

Clubs de lectura para adultos


Comezamos un novo curso coas actividades de adultos nas bibliotecas.

Outubro 2009-Maio 2010

Lecturas individuais e comentarios en grupo dos libros escollidos polos participantes.

Biblioteca de Bertamiráns: luns ás 20,30h.
Biblioteca do Milladoiro: martes ás 20,30h.

Número mínimo de inscritos: 15 persoas

Prazo de inscrición: do 1 ao 30 de setembro nas bibliotecas.

En caso de non cubrir o número mínimo de inscricións as actividades poderán suspenderse.

sexta-feira, 28 de agosto de 2009

Horario de Inverno

Do 1 de Setembro de 2009 ao 30 de Xuño de 2010

Luns a Venres:
Mañás: de 10 a 13h.
Tardes: de 16,30 a 21h.

Sábados:
Mañás: de 11 a 14h.

Os Domingos e festivos a Biblioteca permanecerá pechada

quarta-feira, 19 de agosto de 2009

Festa das Bibliopiscinas



Sábado 29 de agosto de 2009, a partir das 17h. na área recreativa de Tapia*


Actividades:

Xogos populares:

De 17 a 18h: xogos populares, obradoiros (construción de papaventos, boliches e zoadeiras), xogos predeportivos do máis variado.

Visita dos cabezudos Zampón o Lambón e a Dragona Ramona. O xigante Zampón, o devorador de palabras máis voraz de toda a contorna, e a súa mascota Ramona achéganse ás piscinas para compartir un día de festa. Con xente de tanta alcurnia non faltará o baile.


Contacontos:

De 18 a 19h: Burromaquia: espectáculo de narración oral da Compañía Fantoches Baj : contos, fábulas, poemas e cancións. Nestas historias o protagonista principal é o burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron por toda Galicia os gaiteiros Os Dezas de Moneixas no seu pasadobre O burro da Tía Lola.


Música:

De 19 a 20h: Ensalada de Instrumentos cos Tres Tenedores. Os espectáculos dos Tres Tenedores mesturan música, teatro, danza e, sobre todo, moito humor. Un espectáculo familiar, ideal para todas as idades.


*En caso de mal tempo a actividade trasladarase ao salón de actos da Casa da Cultura de Bertamiráns.

Noticia na web municipal
Noticia en El Correo Gallego
Noticia en La Voz de Galicia

quarta-feira, 12 de agosto de 2009

Visita da Escola de Verán á Biblioteca

A Escola de Verán do Milladoiro visita a biblioteca.

O martes 11 e o xoves 13 de agosto a biblioteca do Milladoiro recibiu a visita dos nenos e as nenas participantes da escola de verán desta localidade.


O Martes 11 a visita foi realizada con 22 nenos e nenas de 3 a 7 anos, e o xoves 13 achegáronse 30 participantes de 8 a 12 anos, acompañados polas monitoras do servizo.


Na visita explicóuselles o funcionamento da biblioteca, realizáronse varios contacontos adaptados ás súas idades e un pequeno obradoiro sobre os contos narrados que continuan a temática do curso escolar: Lúas e estrelas para que leas.


Aos participantes entregóuselles unha ficha de inscrición e a guía da biblioteca coa finalidade de animar aos que ainda non son socios a que se fagan usuarios do servizo da biblioteca.


Entre os contacontos narrouse:


Paco de Paula Carballeira ilustrado por Blanca Barrio e A lombriga que nunca vira o sol de Francesc Rovira e Elisa Ramón.