A Biblioteca dispón, durante o mes de Xuño, dun espazo de libros relacionados co Camiño de Santiago baixo o lema Cos Libros de Camiño.
O Concello de Ames está atravesado por dúas das rutas relacionadas co Camiño de Santiago:
O Camiño Portugués, que atravesa as parroquias de Viduído e o Milladoiro, e o Camiño de Fisterra que percorre as parroquias de Covas, Ames, Trasmonte e Agrón.
No espazo destinado aos camiños de Santiago seleccionamos guías do camiño con información sobre as rutas e recomendacións para o facer, guías de Santiago e obras de literatura, historia, arte e sobre as peregrinacións.
Con esta exposición queremos animar, ás persoas asociadas á biblioteca, a coñecer o noso entorno máis próximo e a iniciarse no deporte e na realización de rutas a pé no noso Concello.
Outros servizos municipais, como Cultura e Deportes, organizan periodicamente rutas de sendeirismo. A Aula de Natureza realiza tamén excursións relacionadas co coñecemento do noso medio natural.
Na web do Concello facilítase información sobre varias rutas, Os Camiños de Santiago, Os Muíños de Riamonte, e outras catro visitas que se poden descarregar e instalar nun navegador GPS. Ver mapa turístico completo.
Precisamente, sobre a Ruta de Riamonte, foi editada unha nova guía informativa co itinerario e información ambiental de interese que se pode conseguir nas dependencias municipais.
As novas tecnoloxías tamén permiten que calquera persoa poida crear e difundir rutas a través de ferramentas sociais da Web 2.0 como Wikiloc. Diego Vila González, usuario da biblioteca, facilitounos a información que creou neste servizo sobre a súa realización da ruta de Riamonte. Pódese consultar nesta ligazón. Ou ver a ruta neste mesmo blog:
Encantame a idea do usuario Diego Vila, sen dúbida é unha gran aportación para este Concello.
ResponderEliminar