quarta-feira, 27 de fevereiro de 2008

Animación á lectura no mes de marzo


Continúan as actividades de Animación á Lectura para nenos en nenas. Estas actividades realizaranse nas Bibliotecas e nos locais sociais do Concello.

Durante o mes de marzo contaremos coas seguintes sesións de actividades actividades:




  • Luns 3 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Covas
  • Martes 4 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Augapesada
  • Mércores 5 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Aldea Nova
  • Xoves 6 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Trasmonte
  • Venres 7 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Bugallido
  • Luns 10 ás 18:00h: Actividades na Biblioteca do Milladoiro para as nenas e nenos de 8 a 12 anos
  • Martes 11 ás 18:00h: Actividades na Biblioteca de Bertamiráns para as nenas e nenos de 8 a 12 anos
  • Mércores 12 ás 18:00h: Contacontos na Biblioteca do Milladoiro para as nenas e nenos de 3 a 7 anos.
  • Xoves 13 ás 18:00h: Contacontos na Biblioteca de Bertamiráns para as nenas e nenos de 3 a 7 anos
  • Xoves 13 ás 18:00h: Cine na Biblioteca do Milladoiro
  • Venres 14 ás 18:00h: Cine na Biblioteca de Bertamiráns

terça-feira, 26 de fevereiro de 2008

sábado, 23 de fevereiro de 2008

Exposición de Pallozas na Biblioteca do Milladoiro


Por terceiro ano consecutivo os nenos e as nenas de 6º de primario do CEIP de Ventín van expor as súas maquetas a escala das pallozas dun poboado Castrexo.

O Director do centro, e profesor destes alumnos, Alfredo Rodríguez e a Concelleira de Educación, Isabel Pereiro, acompañarán aos nenos na presentación da exposición que terá lugar o próximo Martes 26 de febreiro ás 18h. na Biblioteca do Milladoiro.

Como novidade este ano, ademais dos actuais alumnos de 6º de primaria, van participar os alumnos que cursaron ese curso en anos anteriores e que colaborarán aportando as súas maquetas.

A exposición poderá verse na Biblioteca do Milladoiro desde o martes 26 de febreiro ao 10 de marzo.

sexta-feira, 22 de fevereiro de 2008

Club de escritura de Ames

O Club de Escritura de Ames naceu, fai ano e medio, a partir do Club de Lectura do Milladoiro, en especial de algúns dos seus participantes… A partir do seu comenzo, ven reunindose o primeiro luns de cada mes e poñendo en común os nosos escritos, facéndonos críticas, suxestións e demais.

De cando en vez facemos algunha actividade entre todos: un comenza un conto e logo vai pasando polas mans de cada un dos participantes e este vai aportando o seu grao de area á “pequena obra”.

Este grupo é aberto a calquer persoa que queira escribir e desfrutar coas nosas xuntanzas, acéptanse calquer tema, conto, prosa, poesía, etc…

Esperamos novos participantes

quinta-feira, 21 de fevereiro de 2008

Harry Potter na Biblioteca

Mentras en toda España sae á venda o último título da saga de Harry Potter da autora JK Rowling, a Biblioteca de Ames ten disponibles xa exemplares para o seu préstamo.

Hoxe, xoves 21 de febreiro, a biblioteca lanzará ao préstamo Harry Potter e as reliquias da morte, publicado en galego pola Editorial Galaxia, ás 18h., á mesma hora que está previsto o seu lanzamento en todas as librerías.

Xa podes pasar pola biblioteca e reservar o teu exemplar.

segunda-feira, 11 de fevereiro de 2008

Clubs de lectura para adultos






Clubes de lectura
nas dúas Bibliotecas:
os mércores ás 20,30h.



A actividade consiste no seguinte:

1) Entre o grupo decídese os libros que se van ler.
2) De cada libro decídese canto se vai ler para cada reunión: unha parte, un capítulo, todo o libro... dependendo das características e tamaño da obra.
3) Nas reunións vaise poñendo en común as lecturas e as opinións de cada un sobre a obra.
4) Desde a biblioteca apórtase información sobre o autor e a obra a ler.
5) Unha vez rematada a lectura pode realizarse actividades paralelas que teñan que ver coa obra como teatro, cine...

Ademais trimestralmente intentamos realizar actividades lúdicas ao redor de autores e das súas obras. No período 2006-2007 realizáronse dúas visitas:
- A ruta Rosaliana con visitas a Padrón, Lestrove, Iria, Bastavales e Ortoño, á casa museo de Rosalía, lesturas da súa obra e explicación da súa vida.
- A ruta de Valle-Inclán con visita a Vilanova de Arousa e a Pobra do Caramiñal, visita ao Museo de Valle-Inclán, e explicacións sobre a súa vida e obra (ver foto).

Para este período están aínda por decidir estas actividades paralelas.

O clube está permanentemente aberto a todas aquelas persoas que desexen participar.

Anímate a participar.


sábado, 9 de fevereiro de 2008

Renovación dos carnés de asociados

Os carnés de usuarios da biblioteca, desde o ano 2005, teñen unha data de caducidade de 3 anos. Nese ano procedeuse a informatizar todo o fondo e introducíronse todos os usuarios existentes. A partir deste momento, vaise proceder a eliminar do rexistro de socios todas aquelas persoas que desde o ano 2005 non actualizaran os seus datos. Por esta circunstancia, todas as persoas que teñan carné anterior a esa data terán que pasar pola biblioteca a renovar os seus datos, xa que durante o mes de febreiro vaise proceder a actualizar a base de datos. Os datos de carnés caducados serán eliminados sendo despois necesario darse de alta novamente. Este proceso pode afectar a uns 1000 asociados.

A Biblioteca de Ames supera os 20.000 documentos

Por primeira vez a Biblioteca de Ames, en conxunto, supera os 20.000 documentos, tendo neste momento un total de 20.055 documentos automatizados, é dicir, introducidos no catálogo e consultables por calquer asociado á biblioteca.


A Biblioteca de Ames acaba de completar os datos estatísticos correspondentes ao ano 2007, que presentan algunha mellora con respecto ao pasado exercicio. Na anterior lexislatura pretendíase chegar a un documento por habitante, un obxectivo aínda non logrado debido ao crecimento constante da poboación no concello. Neste momento, o número de documentos por habitante é de 0,77 xa que a poboación do concello acadou, a 31 de decembro de 2007, o número de 26.074 habitantes. Aínda así, o crecemento experimentado no último ano fai pensar en que ese obxectivo é posible.

Noticia completa na web municipal.

Tamén falan da noticia en La Voz de Galicia.

Presentación

A Biblioteca de Ames presenta o seu Blog co que poderemos manter informados aos usuarios das novidades que afecten á biblioteca. A nosa intención é que este servizo de información sexa activo e permita maior interacción entre os usuarios e a nosa biblioteca.