segunda-feira, 24 de março de 2008

Animación á lectura no mes de Abril




Continúan as actividades de Animación á Lectura para nenos en nenas. Estas actividades realizaranse nas Bibliotecas e nos locais sociais do Concello.




Durante o mes de abril contaremos coas seguintes sesións de actividades actividades:
  • Martes 1 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Augapesada
  • Mércores 2 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Aldea Nova
  • Venres 4 ás 18:00h: Contacontos no Local Social de Bugallido
  • Luns 7 ás 18:00h: Actividades na Biblioteca do Milladoiro para as nenas e nenos de 8 a 12 anos
  • Martes 8 ás 18:00h: Actividades na Biblioteca de Bertamiráns para as nenas e nenos de 8 a 12 anos
  • Mércores 9 ás 18:00h: Contacontos na Biblioteca do Milladoiro para as nenas e nenos de 3 a 7 anos.
  • Xoves 10 ás 18:00h: Contacontos na Biblioteca de Bertamiráns para as nenas e nenos de 3 a 7 anos
  • Venres 11 ás 18:00h: Cine na Biblioteca do Milladoiro
  • Venres 11 ás 18:00h: Cine na Biblioteca de Bertamiráns
Noticia na web do Concello

quinta-feira, 13 de março de 2008

Peche da Biblioteca durante os festivos de Marzo

A BIBLIOTECA PERMANECERÁ PECHADA DESDE O DIA 19 AO 23 DE MARZO

VOLTAREMOS A ABRIR AO PÚBLICO O DÍA 24

DESCULPEN AS MOLESTIAS

quarta-feira, 12 de março de 2008

Un conto ao revés



"Érase una vez... un cuento al revés"

Había unha vez un país de conto de fadas no que todo ía ben: Cincenta está no baile, Rapunzel deixa crecer o cabelo, a Bela Adormecida está a punto de recibir un grande bico. Pero cando todo se dirixe cara un final feliz, algo falla…


Este é o comezo deste film que se proxecta o venres 14 de marzo ás 18h. nas dúas Bibliotecas. Unha película do 2006 producida polos creadores de Shrek que fai unha revisión en clave de humor dos contos populares.

segunda-feira, 10 de março de 2008

Certame Literario Concello de Ames 08

O V Certame Literario é un concurso que se converteu xa en referente para os novos creadores e creadoras. O ano pasado participaron unhas 200 persoas e este ano a Concellaría de Cultura conta con recibir aínda máis traballos. Chegan escritos de toda Galicia, de diferentes puntos do estado español e mesmo do estranxeiro (Israel, Francia, México...). Na presentación o concelleiro de Cultura, Francisco Villaverde falaba do certame como unha "convocatoria que reforza a identidade municipal e é o mellor xeito de dar a coñecer o noso municipio polo mundo ao mesmo tempo que se dan a coñecer novos traballos de persoas que comezan no mundo literario e que precisan un pequeno apoio para seguir exprimindo a súa creatividade".

Bases do Certame