Mostrar mensagens com a etiqueta Bibliopiscinas. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Bibliopiscinas. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 4 de julho de 2011

Bibliopiscinas 2011

Móllate na Lectura, 2011!
Presentamos as actividades de animación á lectura na área recreativa de Tapia e nas piscinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Do 4 de Xullo ao 27 de Agosto levamos a biblioteca ás Bibliopiscinas.

As Bibliopiscinas son un servizo da Biblioteca Municipal que queren servir de servizo de extensión e proximidade da biblioteca, levando libros, xogos, xoguetes e actividades a estas áreas.

Nas bibliopiscinas contaremos con diferentes servizos de lectura, xogos e xoguetes, préstamo de libros a toallas e a domicilio.

Actividades:
- Todos os días a hora do conto na hora da merenda.
- Contacontos con actividade, ás 18h.
  • Martes no Milladoiro
  • Mércores en Tapia
  • Xoves en Bertamiráns

Horarios:
  • Bertamiráns e Milladoiro: de luns a venres de 16:00 a 20:00h. (fins de semana e festivos pechadas)
  • Tapia: de luns a domingo de 16:00 a 20:00h

As Bibliopiscinas están abertas a todo o público sendo unicamente requisito contar cun carné municipal para poder acceder aos servizos de préstamo a toalla e préstamo a domicilio. Todos os demais servizos son de acceso libre.
A Noticia na web municipal
A noticia na Voz de Galicia

terça-feira, 7 de setembro de 2010

Participantes nas Bibliopiscinas 2010

Entre os meses de xullo e agosto pasaron polas Bibliopiscinas de Ames 11.225 persoas. Perto de 3.000 persoas máis que en 2009 no que se chegou á cifra de de 8.377 participantes.

Este ano o tempo foi o noso aliado xa que só se pecharon as bibliopiscinas 3 días en todo o verán e, aínda que houbo outros días nos que o tempo non axudou por treboadas ou vento, o record de asistencia foi debido a un verán con moitos días de sol e altas temperaturas que animaron á cidadanía a asistir ás piscinas e á área recreativa de Tapia.

En total abriuse ao público 39 días nas bibliopiscinas de Bertamiráns e do Milladoiro, que só abren de luns a venres; e 57 días na de Tapia que abre ao público todos os días da semana. Por idades os nenos e as nenas foron os maioritarios no uso con 7.027 participantes, mentras que os adultos chegaron a 4.198. Por xéneros as nenas superan aos nenos en máis de 300 participantes: 3.672 nenas e 3.355 nenos. E nos adultos as mulleres sobrepasan aos homes en 406 participantes: 2.302 mulleres e 1.896 homes.

Por Bibliopiscinas a máis utilizada foi a de Tapia con 6.391 usuarios, seguida do Milladoiro con 2.758 e Bertamiráns con 2.076.

Actividades:
Programáronse un total de 8 sesións de contacontos, actividades que se celebraba unha vez por semana en cada bibliopiscina e que remataba cun obradoiro sobre a temática tratada durante a sesión de animación.

O número total de participantes nos contacontos foi de 1.062 (case o dobre con respecto ao 2009 no que participaron 655 persoas), nestes datos 711 participantes corresponden a nenos e nenas e 358 a adultos. A este número hai que sumar os participantes da festa de despedida o domingo 29 de agosto en Tapia á que asistiron ao redor de 150 persoas.

Na bibliopiscina do Milladoiro realizáronse 7 sesións de contacontos, e nas de Tapia e Bertamiráns 6 sesións. As non realizadas foron suspendidas debido ao mal tempo.

As actividades foron dedicadas durante cada semana a unha temática diferente.
  • 1ª Sesión: Camiño de Compostela (6, 7 e 8 de xullo)
  • 2ª Sesión: As Bruxas (13, 14 e 15 de xullo)
  • 3ª Sesión: Bonitas historias de amor (20, 21 e 22 de xullo)
  • 4ª Sesión: Que ven o lobo! (27, 28 e 29 de xullo)
  • 5ª Sesión: Pintura nos contos (3, 4 e 5 de agosto)
  • 6ª Sesión: Robots amigos (9, 10 e 11 de agosto)
  • 7ª Sesión: Unha de maxia (17, 18 e 19 de agosto)
  • 8ª Sesión: Imos de festa! (24, 25 e 26 de agosto)

Festa:
Na festa, realizada o domingo 29 de agosto, contouse coa asistencia dunhas 150 persoas que participaron dos xogos populares realizados pola empresa Xandobela, encargada de xestionar as Bibliopiscinas, ou que asistiron ás actuación de A Tropa de Trapo co espectáculo A viaxe das palabras, e que finalizaron disfrutando da actuación de Pablo Díaz co espectáculo musical Tic-Tac.

segunda-feira, 16 de agosto de 2010

Festa das Bibliopiscinas 2010



Domingo 29 de agosto de 2010, a partir das 16,30h. na área recreativa de Tapia*
(*En caso de mal tempo as actuacións trasladaranse ao salón de actos da Casa da Cultura de Bertamiráns.)

Actividades:

Xogos populares:
De 16,30 a 18h: xogos populares (a rá, zancos...), grandes xogos (paracaídas...) e obradoiros variados.

Contacontos:
De 18 a 19h: A Tropa de Trapo, co espectáculo A Viaxe das Palabras:
"A historia de Lucía que descobre unha maleta vella de seu avó, a quen non chegou a coñecer. É todo o que de seu avó quedou, pero seus pais non lle deixan ver o que hai dentro. Nesta maleta prohibida están os recordos máis preciados de seu avó, os seus segredos. Unha noite, Lucía decide averiguar o que hai alí dentro…"


Música:

De 19 a 20h: concerto de Pablo Díaz co espectáculo Tic-Tac dirixido ao público infantil.



Pódese seguir a Pablo Díaz en:
Myspace
Facebook
Youtube

Poñemos un dos seus videos para que desfrutedes do espectáculo:



A noticia na web municipal
A noticia en La Voz de Galicia

sexta-feira, 18 de junho de 2010

Bibliopiscinas: Móllate na lectura 2010!



Presentamos as actividades de animación á lectura na área recreativa de Tapia e nas piscinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Coa campaña Móllate na lectura, 2010 queremos levar a lectura, e outros servizos da Biblioteca, aos lugares de ocio do Concello.

As Bibliopiscinas son un servizo da Biblioteca Municipal que, por oitavo ano consecutivo, queren servir de servizo de extensión e proximidade da biblioteca, levando libros, xogos, xoguetes e actividades a estas áreas.

Nas bibliopiscinas contaremos cos servizos de lectura de prensa, lectura dentro do recinto, xogos para todas as idades e xoguetes para os máis pequenos, préstamo de libros a toallas e a domicilio. Todos os días na hora do merenda contaremos coa Hora do conto e un día á semana en cada bibliopiscina teremos Contacontos e actividades.

Contacontos:
  • Martes ás 18h. na Bibliopiscina do Milladoiro
  • Mércores ás 18h. na Bibliopiscina de Tapia
  • Xoves ás 18h. na Bibliopiscina de Bertamiráns

Horarios:

  • Bertamiráns e Milladoiro:

De luns a venres de 16,30 a 20,30h. (fins de semana e festivos pechadas

  • Tapia:

De luns a domingo
Do 1 de Xullo ao 15 de Agosto: de 16,30 a 21h.
Do 17 ao 29 de Agosto: de 16,30 a 20h.

As Bibliopiscinas están abertas a todo o público sendo unicamente requisito contar cun carné municipal para poder acceder aos servizos de préstamo a toalla e préstamo a domicilio. Todos os demais servizos son de acceso libre.

O Domingo 29 de Agosto remataremos coa celebración da Festa das Bibliopiscinas na área recreativa de Tapia a partir das 16,30h.

A Noticia na web municipal
Noticia en La Voz de Galicia

quarta-feira, 9 de setembro de 2009

Avaliación das Bibliopiscinas 2009

A pesar do mal tempo do mes de Xullo as bibliopiscinas incrementaron o número de participantes con respecto ao ano anterior.

Entre os meses de xullo e agosto pasaron polas Bibliopiscinas de Ames 8.377 persoas. Perto de 600 persoas máis que en 2008 no que se chegou á cifra de de 7.784 participantes. Aínda que o tempo no mes de xullo non axudou moito a que as persoas se animasen a asistir ás piscinas e a área recreativa de Tapia, as bibliopiscinas conseguiron abrir un bo número de días que xunto ao bo tempo do mes de agosto permitiu recuperar a asistencia e a participación.

Por idades os nenos e as nenas foron os maioritarios no uso con 5.108 participantes mentres que os adultos chegaron a 3.269. Por xéneros as nenas superan aos nenos en 200 participantes: 2.672 nenas frente a 2.436 nenos. E nos adultos as mulleres sobrepasan aos homes en 400 participantes: 1.819 mulleres frente a 1.450 homes.

Por Bibliopiscinas a máis utilizada foi a de Tapia con 4.959 usuarios, seguida do Milladoiro con 2.171 e Bertamiráns con 1.247.

Actividades:
En canto ás actividades o número total de participantes foi de 655, 240 participantes menos que no ano 2008 no que se chegou aos 893 asistentes. A este número hai que sumar os participantes da festa de despedida o sábado 29 de agosto en Tapia á que asistiron unhas 150 persoas.

Esta diminución débese en grande medida a que coincidiu o día de peche das bibliopiscinas por mal tempo cos días das actividades. As bibliopiscinas de Tapia e do Milladoiro só realizaron 6 actividades nos dous meses de verán, mentras que a de Bertamiráns conseguiu realizar 9 actividades.

Festa:
Na festa, realizada o sábado 29 de agosto, contouse coa asistencia dunhas 150 persoas que participaron dos xogos e obradoiros realizados pola empresa Xandobela, encargada de xestionar as Bibliopiscinas, ou que asistiron ás actuación de Burromaquia: contos populares da Tía Lola, da comarca do Deza, co burro como protagonista, interpretados pola compañía Fantoches Baj. O espectáculo teatral-musical dos Tres Tenedores cos instrumentos musicais como tema. E acompañados na presentación da festa polo Xigante Zampón e a Dragona Ramona.


Noticia na web municipal
Noticia en La Voz de Galicia

quarta-feira, 19 de agosto de 2009

Festa das Bibliopiscinas



Sábado 29 de agosto de 2009, a partir das 17h. na área recreativa de Tapia*


Actividades:

Xogos populares:

De 17 a 18h: xogos populares, obradoiros (construción de papaventos, boliches e zoadeiras), xogos predeportivos do máis variado.

Visita dos cabezudos Zampón o Lambón e a Dragona Ramona. O xigante Zampón, o devorador de palabras máis voraz de toda a contorna, e a súa mascota Ramona achéganse ás piscinas para compartir un día de festa. Con xente de tanta alcurnia non faltará o baile.


Contacontos:

De 18 a 19h: Burromaquia: espectáculo de narración oral da Compañía Fantoches Baj : contos, fábulas, poemas e cancións. Nestas historias o protagonista principal é o burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron por toda Galicia os gaiteiros Os Dezas de Moneixas no seu pasadobre O burro da Tía Lola.


Música:

De 19 a 20h: Ensalada de Instrumentos cos Tres Tenedores. Os espectáculos dos Tres Tenedores mesturan música, teatro, danza e, sobre todo, moito humor. Un espectáculo familiar, ideal para todas as idades.


*En caso de mal tempo a actividade trasladarase ao salón de actos da Casa da Cultura de Bertamiráns.

Noticia na web municipal
Noticia en El Correo Gallego
Noticia en La Voz de Galicia

quinta-feira, 25 de junho de 2009

Actividades nas Bibliopiscinas



O día 1 de Xullo comezan as bibliopiscinas que se prolongarán até o o 29 de Agosto no que rematán cunha festa.

As Bibliopiscinas están situadas nas piscinas do Milladoiro e de Bertamiráns e na área recreativa de Tapia.

Diariamente teremos a Hora do conto ás 18h. acompañando as merendas dos máis cativos.
Semanalmente contaremos con Contacontos e actividades ás 18h.
- Martes na bibliopiscina do Milladoiro
- Mércores na bibliopiscina de Tapia
- Xoves na bibliopiscina de Bertamiráns

Lembramos que en caso de mal tempo as bibliopiscinas poden pechar interrumpíndose as actividades dese día.



Noticia na web Municipal.

quinta-feira, 11 de junho de 2009

Móllate na Lectura, 2009!



As Bibliopiscinas son un servizo de animación á lectura que leva os libros aos lugares de lecer nos meses de verán. Nas piscinas municipais do Milladoiro e Bertamiráns, e na área recreativa de Tapia, contamos con este programa estable de animación á lectura que permite que todas as persoas de calquera idade podamos ler e acceder ao empréstamo de libros mediante a presentación do carné da bibliopiscina ou de calquera outro carné municipal.

Ademais de libros, as bibliopiscinas, contan con prensa, xogos de mesa para todas as idades e xoguetes para os máis pequenos.

Horarios:
Bibliopiscinas de Bertamiráns e do Milladoiro:
de luns a venres de 16,30 a 20,30h.

Bibliopiscina de Tapia:
- do 1 de xullo ao 16 de agosto: de luns a domingo de 16,30 a 21h.
- do 17 ao 29 de agosto: de luns a domingo de 16,30 a 20h.

Actividades:
- Hora do conto: todos os días ás 18h.
- Contacontos:
  • Milladoiro: os martes ás 18h.
  • Tapia: os mércores ás 18h.
  • Bertamiráns: os xoves ás 18h.
*En caso de mal tempo poderán suspenderse as actividades.

Festa:
O sábado 29 de agosto a partir das 17h. Festa das Bibliopiscinas na área recreativa de Tapia.

* En caso de mal tempo a festa trasladarase ao salón de actos da Casa da cultura de Bertamiráns
*Sairá publicidade específica co programa da festa.

Noticia na web municipal


terça-feira, 9 de setembro de 2008

Participantes nas Bibliopiscinas 2008










Entre os meses de xullo e agosto pasaron polas Bibliopiscinas de Ames 7784 persoas. Máis de 1000 persoas de diferenza con respeito ao ano 2007 no que se chegou á cifra de 6371 participantes.

Aínda que o tempo este verán non axudou moito a que as persoas se animasen a bañar, as bibliopiscinas conseguiron abrir máis días que o ano anterior. Este é un dos motivos polos que a participación foi maior este ano.

Por idades os nenos e as nenas foron os maioritarios no uso con 4756 participantes mentres que os adultos chegaron a 3028. Por xéneros as nenas apenas superan aos nenos no tramo infantil pero nos adultos as mulleres superan con moita diferenza aos homes: 1733 frente a 1295.

Por Bibliopiscinas a máis utilizada foi a de Tapia con 3985 usuarios, seguida do Milladoiro con 1817 e Bertamiráns con 1162.


Actividades:

En canto ás actividades o número total de participantes foi de 992, 100 participantes máis que no ano 2007 no que se chegou a 893 asistentes. A este número hai que sumar os participantes da festa de despedida o día 31 de agosto en Tapia na que asistiron unhas 300 persoas.

As actividades foron dedicadas durante cada semana a unha temática diferente.

  • 1ª Sesión: Asombrosos animais (1-2-3 de xullo)
  • 2ª Sesión: Música (8-9-10 de xullo)
  • 3ª Sesión: Gústanos comer! (15-16-17 de xullo)
  • 4ª Sesión: Imos de viaxe (22-23-24 de xullo)
  • 5ª Sesión: Dragóns (29-30-31 de xullo)
  • 6ª Sesión: As estacións (5-6-7 de agosto)
  • 7ª Sesión: Tesouros (12-13-14 de agosto)
  • 8ª Sesión: Unha de medo (19-20-21 de agosto)
  • 9ª Sesión:Festa (26-27-28 de agosto)


En cada sesión, as “contacontos” Raquel García ou Marta Ortiz narraban e dramatizaban varios libros relacionados coa temática desa semana. A continuación a contacontos e o persoal da bibliopiscina realizaban un obradoiro que continuaba, mediante a realización de manualidades, coa temática da semana.

En cada bibliopiscina a temática semanal ía acompañada dunha pequena exposición dos libros existentes na biblioteca sobre esa temática. Os materiais realizados eran despois utilizados para adornar as bibliopiscinas. Así realizáronse un dragón, un libro de viaxes... e outros obxectos que os nenos e as nenas asistentes podían despois ver na bibliopiscina sentíndose así máis partícipes da mesma.


Festa:

Na festa, realizada o 31 de agosto, contouse coa participación dunhas 300 persoas que participaron dos xogos e obradoiros realizados pola empresa Xandobela, encargada de xestionar as Bibliopiscinas este ano, ou que asistiron ás actuación de títeres realizada por Títeres Seisdedos co espectáculo Varietés e ao espectáculo Canta Connosco do Grupo teatral-musical Migallas.


Outras noticias relacionadas:

Unhas 300 persoas despídense das Bibliopiscinas cunha grande festa

As bibliopiscinas recibiron este verán 1000 visitantes máis que en 2007

La Voz de Galicia



quinta-feira, 21 de agosto de 2008

Festa das Bibliopiscinas


Festa das Bibliopiscinas o Domingo 31 de agosto na Praia Fluvial de Tapia* a partir das 16,30h.


Feirón: ás 17h.

  • xogos e obradoiros simultáneos


Teatro: Títeres Seisdedos coa obra "Varietés": ás 18h.

  • homenaxe aos artistas de rúa. Espectáculo de marionetas


Música: Migallas "Canta connosco": ás 19h.

  • combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas


*En caso de mal tempo a festa trasladarase ao Pavillón Polideportivo de Bertamiráns.



Noticia na web do Concello: Xogos, obradoiros, marionetas e cancións pecharán as Bibliopiscinas.
Noticia en La Voz de Galicia: La playa fluvial de Tapia acogerá el día 31 la fiesta de clausura del programa de las bibliopiscinas.

terça-feira, 17 de junho de 2008

Móllate na lectura: Bibliopiscinas, 2008



Durante os meses de xullo e agosto as bibliotecas levan os seus servizos ás piscinas municipais e á área recreativa de Tapia coas bibliopiscinas.

HORARIOS:

  • Bibliopiscina de Bertamiráns: de luns a venres, de 16:30h. a 20:30h.
  • Bibliopiscina do Milladoiro: de luns a venres, de 16:30h. a 20:30h.
  • Bibliopiscina de Tapia:
    • do 1 de xullo ao 15 de agosto: de luns a domingo, de 16:30 á 21:00h.
    • do 16 ao 30 de agosto: de luns a domingo, de 16:30 á 20:00h.

ACTIVIDADES:

  • Todos os días ás 18h. da tarde realizarase “A hora do conto”
  • Semanalmente haberá unha sesión de contacontos:
    • Bibliopiscina do Milladoiro: os martes ás 18h.
    • Bibliopiscina de Tapia: os mércores ás 18h.
    • Bibliopiscina de Bertamiráns: os xoves ás 18h.

III FESTA DAS BIBLIOPISCINAS:

  • O domingo 31 de agosto celebrarase a III Festa das Bibliopiscinas ás 17h. na área recreativa de Tapia.
Noticia na web do Concello