terça-feira, 29 de dezembro de 2009

Cabalgata de Reis

A Biblioteca participará o Luns 5 de xaneiro nas Cabalgatas de Reis que se realizarán:

  • No Milladoiro ás 17h. co percorrido desde a Casa da Cultura do Milladoiro á Praza de Manuel Murguía
  • En Bertamiráns ás 19h. co percorrido desde o Pazo da Peregrina á Praza de Chavián.
As persoas que participan coa biblioteca na cabalgata deberán estar media hora antes da cabalgata para prepar os disfraces:
  • Milladoiro: ás 16,30h. na Casa da Cultura
  • Bertamiráns ás 18,30h. no Pazo da Peregrina
En caso de chuvia as dúas cabalgatas trasladaránse aos respectivos pavillóns polideportivos.

Nota Importante:
Con motivo da participación nas cabalgatas as Bibliotecas permanecerán pechadas ao público en horario de tarde.


quarta-feira, 16 de dezembro de 2009

Lepi presenta o agasallo de nadal da Biblioteca


Xa sabes que Lepi, a mascota da Biblioteca, ten desde hai varios anos a iniciativa de solicitarlle aos Reis Magos un agasallo para os nenos e as nenas do noso concello.

Este ano as bibliotecas desenvolven un programa de animación que se chama Un mar de Lecturas que trata o tema do mar. Se tiveches a oportunidade de pasar pola biblioteca nestes últimos meses verías que a decoración está formada por polbos, peixes, cabaliños de mar e outros seres mariños que acompañan as nosas actividades.

Coa finalidade de que continúes mergullándote na lectura, os Reis Magos deixaron fai uns días o agasallo no concello. Son agora os paxes reais os encargados de achegalo ás túas mans coa esperanza de facerche gozar de bos momentos de lectura.

Lepi confía ademais en que con este agasallo te animes a continuar lendo e gozando doutras historias e doutras lecturas e por iso quere que saibas que na biblioteca podes encontrar outros libros, películas, música e outros materiais cos que poderás navegar nun mundo de información, de coñecementos e de soños. Poderás gozar da lectura, conectarte á internet e participar nas actividades de animación que se realizan.

Lepi quere que compartas a biblioteca cos teus amigos e amigas, co teu pai, a túa nai e toda a túa familia. A biblioteca é un espazo aberto a toda a cidadanía na que se poden realizar actividades e utilizar os seus servizos simplemente contando co carné de asociado.

Un saúdo moi cariñoso
Carlos A. Fernández Castro
Alcalde de Ames


PD: os nenos e as nenas que non reciban o agasallo poderán pasar a recollelo nas bibliotecas a partir do día 23 de decembro.

segunda-feira, 30 de novembro de 2009

Actividades de Animación á Lectura: Decembro



Contacontos:

Para nenas e nenos maiores de 3 anos
Todas as actividades ás 18h.
  • Mércores 2: Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 3: Biblioteca de Bertamiráns
  • Luns 14: local social de Augapesada
  • Martes 15: local social de Bugallido
  • Mércores 16: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 17: Biblioteca do Milladoiro
  • Venres 18: local social de Aldea Nova


Cabalgata de Reis

Disfraces:

Do 1 ao 18 de decembro inscrición para participar na Cabalgata de Reis coa Biblioteca.

Durante as semanas do 21 ao 23 e do 28 ao 30 de decembro prepararemos os disfraces nas bibliotecas.

Avisarase de día e hora de elaboración dos disfraces ás persoas inscritas.

segunda-feira, 26 de outubro de 2009

Actividades de Animación á Lectura: Novembro



Continuamos coas actividades de Un mar de Lecturas durante o mes de novembro:

Contacontos:
Maiores de 3 anos
  • Mércores 4: biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 5: biblioteca do Milladoiro
  • Luns 16: local social de Augapesada
  • Martes 17: local social de Bugallido
  • Mércores 18: biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 19: biblioteca de Bertamiráns
  • Venres 20: local social de Aldea Nova
Todas as actividades serán ás 18h.

Obradoiros:
  • Candeas Mariñas:
Sábado 7 de novembro ás 11,30h. na Biblioteca de Bertamiráns
Idades: 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
*Inscricións do 19 de outubro ao 2 de novembro nas bibliotecas e na concellería de Medio Ambiente
*Autobús desde a biblioteca do Milladoiro: saída ás 11h., volta ás 13,30h.

Excursións: atención ás excursións: cambio de lugares a visitar e horarios!
  • Acuário da Coruña
Sábado 21 de novembro
Idades: 3º, 4º e 5º de Primaria
Saída : 9,30h. Biblioteca de Bertamiráns. 9,45h. Biblioteca do Milladoiro
*Inscricións: do 31 de outubro ao 13 de novembro nas bibliotecas e na concellería de Medio Ambiente, terán prioridade os participantes nos obradoiros

*Prezo: 3€

*Nota: os horario concretos de saida e regreso será informado aos participantes nos días previos á excursión
  • Acuário do Grove
Sábado 28 de novembro
Idades: 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO
Saída : 9,15h. Biblioteca de Bertamiráns. 9,45h. Biblioteca do Milladoiro
*Inscricións: do 7 ao 23 de novembro nas bibliotecas e na concellería de Medio Ambiente, terán prioridade os participantes nos obradoiros

*Prezo: 3€

*Nota: os horario concretos de saida e regreso será informado aos participantes nos días previos á excursión

sexta-feira, 9 de outubro de 2009

Mobilízate pola selva



A Biblioteca de Ames, xunto coa Aula de Natureza e outros servizos do Concello, participa na campaña Mobilízate pola Selva organizada polo Instituto Jane Goodall e colaborando co CEIDA e a Obra Social de Caixa Galicia.

Esta campaña consiste na recollida de teléfonos móbiles para contribuir:
  • a reutilizar os terminais e reducir a demanda dos seus conponentes
  • a reciclar elementos útiles evitando a contaminación do medio
  • a recadar fondos para os programas de desenvolvemento, educación e conservación no Congo
Na Biblioteca poderás entregar o teu teléfono móbil e se o desexas participar no sorteo mensual para apadriñar anualmente un chimpacé do programa Chimpamigos do Instituto Jane Goodall.

Por cada 30 móbiles recollidos a Biblioteca poderá apadriñar un chimpancé.

Anímate a participar!

Máis información:
Web municipal
Web da campaña
Instituto Jane Goodall




quarta-feira, 23 de setembro de 2009

Un mar de lecturas: curso 2009-2010

O Curso 2009-2010 estará dedicado ao mar nas Bibliotecas.

O lema escollido este ano é o de Un mar de lecturas, co que queremos atraer os nenos e as nenas á biblioteca ofrecendo actividades periódicas durante o curso escolar.

Como novidades nesta ocasión ampliamos as idades dos destinatarios coa finalidade de incluir novos grupos de participantes:
  • maiores de 3 anos con contacontos
  • 3º, 4º e 5º de primaria: obradoiros e excursións
  • 6º de primaria e 1º e 2º da ESO: obradoiros e excursións
Tamén establecemos de maneria periódica a realización de obradoiros e de visitas relacionadas coa actividade do mar que nos levarán a lugares da costa para continuar coas actividades.

Como a temática está relacionada directamente co coñecemento do noso entorno vamos contar coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente a través da Aula da natureza coa que realizaremos en conxunto os obradoiros e as visitas.

Presentamos a continuación o calendario correspondente ao mes de Outubro:

Un mar de lecturas: Contacontos: (maiores de 3 anos)
Horario: todas as actividades serán ás 18h.
  • Mércores 7: Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 8: Biblioteca de Bertamiráns
  • Luns 19: local social de Augapesada
  • Martes 20: local social de Bugallido
  • Mércores 21: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 22: Biblioteca do Milladoiro
  • Venres 23: local social de Aldea Nova
Un mar de lecturas: Obradoiro: A Praia
  • Sábado 31: Biblioteca do Milladoiro
Dirixido a: 3º, 4º e 5º de primaria
Autobus desde a Biblioteca de Bertamiráns (saída 11h.)
Inscricións: do 5 ao 23 de outubro nas Bibliotecas e na concellería de Medio Ambiente



A noticia na web municipal
A noticia en La Voz de Galicia

quarta-feira, 9 de setembro de 2009

Avaliación das Bibliopiscinas 2009

A pesar do mal tempo do mes de Xullo as bibliopiscinas incrementaron o número de participantes con respecto ao ano anterior.

Entre os meses de xullo e agosto pasaron polas Bibliopiscinas de Ames 8.377 persoas. Perto de 600 persoas máis que en 2008 no que se chegou á cifra de de 7.784 participantes. Aínda que o tempo no mes de xullo non axudou moito a que as persoas se animasen a asistir ás piscinas e a área recreativa de Tapia, as bibliopiscinas conseguiron abrir un bo número de días que xunto ao bo tempo do mes de agosto permitiu recuperar a asistencia e a participación.

Por idades os nenos e as nenas foron os maioritarios no uso con 5.108 participantes mentres que os adultos chegaron a 3.269. Por xéneros as nenas superan aos nenos en 200 participantes: 2.672 nenas frente a 2.436 nenos. E nos adultos as mulleres sobrepasan aos homes en 400 participantes: 1.819 mulleres frente a 1.450 homes.

Por Bibliopiscinas a máis utilizada foi a de Tapia con 4.959 usuarios, seguida do Milladoiro con 2.171 e Bertamiráns con 1.247.

Actividades:
En canto ás actividades o número total de participantes foi de 655, 240 participantes menos que no ano 2008 no que se chegou aos 893 asistentes. A este número hai que sumar os participantes da festa de despedida o sábado 29 de agosto en Tapia á que asistiron unhas 150 persoas.

Esta diminución débese en grande medida a que coincidiu o día de peche das bibliopiscinas por mal tempo cos días das actividades. As bibliopiscinas de Tapia e do Milladoiro só realizaron 6 actividades nos dous meses de verán, mentras que a de Bertamiráns conseguiu realizar 9 actividades.

Festa:
Na festa, realizada o sábado 29 de agosto, contouse coa asistencia dunhas 150 persoas que participaron dos xogos e obradoiros realizados pola empresa Xandobela, encargada de xestionar as Bibliopiscinas, ou que asistiron ás actuación de Burromaquia: contos populares da Tía Lola, da comarca do Deza, co burro como protagonista, interpretados pola compañía Fantoches Baj. O espectáculo teatral-musical dos Tres Tenedores cos instrumentos musicais como tema. E acompañados na presentación da festa polo Xigante Zampón e a Dragona Ramona.


Noticia na web municipal
Noticia en La Voz de Galicia

domingo, 30 de agosto de 2009

Clubs de lectura para adultos


Comezamos un novo curso coas actividades de adultos nas bibliotecas.

Outubro 2009-Maio 2010

Lecturas individuais e comentarios en grupo dos libros escollidos polos participantes.

Biblioteca de Bertamiráns: luns ás 20,30h.
Biblioteca do Milladoiro: martes ás 20,30h.

Número mínimo de inscritos: 15 persoas

Prazo de inscrición: do 1 ao 30 de setembro nas bibliotecas.

En caso de non cubrir o número mínimo de inscricións as actividades poderán suspenderse.

sexta-feira, 28 de agosto de 2009

Horario de Inverno

Do 1 de Setembro de 2009 ao 30 de Xuño de 2010

Luns a Venres:
Mañás: de 10 a 13h.
Tardes: de 16,30 a 21h.

Sábados:
Mañás: de 11 a 14h.

Os Domingos e festivos a Biblioteca permanecerá pechada

quarta-feira, 19 de agosto de 2009

Festa das Bibliopiscinas



Sábado 29 de agosto de 2009, a partir das 17h. na área recreativa de Tapia*


Actividades:

Xogos populares:

De 17 a 18h: xogos populares, obradoiros (construción de papaventos, boliches e zoadeiras), xogos predeportivos do máis variado.

Visita dos cabezudos Zampón o Lambón e a Dragona Ramona. O xigante Zampón, o devorador de palabras máis voraz de toda a contorna, e a súa mascota Ramona achéganse ás piscinas para compartir un día de festa. Con xente de tanta alcurnia non faltará o baile.


Contacontos:

De 18 a 19h: Burromaquia: espectáculo de narración oral da Compañía Fantoches Baj : contos, fábulas, poemas e cancións. Nestas historias o protagonista principal é o burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron por toda Galicia os gaiteiros Os Dezas de Moneixas no seu pasadobre O burro da Tía Lola.


Música:

De 19 a 20h: Ensalada de Instrumentos cos Tres Tenedores. Os espectáculos dos Tres Tenedores mesturan música, teatro, danza e, sobre todo, moito humor. Un espectáculo familiar, ideal para todas as idades.


*En caso de mal tempo a actividade trasladarase ao salón de actos da Casa da Cultura de Bertamiráns.

Noticia na web municipal
Noticia en El Correo Gallego
Noticia en La Voz de Galicia

quarta-feira, 12 de agosto de 2009

Visita da Escola de Verán á Biblioteca

A Escola de Verán do Milladoiro visita a biblioteca.

O martes 11 e o xoves 13 de agosto a biblioteca do Milladoiro recibiu a visita dos nenos e as nenas participantes da escola de verán desta localidade.


O Martes 11 a visita foi realizada con 22 nenos e nenas de 3 a 7 anos, e o xoves 13 achegáronse 30 participantes de 8 a 12 anos, acompañados polas monitoras do servizo.


Na visita explicóuselles o funcionamento da biblioteca, realizáronse varios contacontos adaptados ás súas idades e un pequeno obradoiro sobre os contos narrados que continuan a temática do curso escolar: Lúas e estrelas para que leas.


Aos participantes entregóuselles unha ficha de inscrición e a guía da biblioteca coa finalidade de animar aos que ainda non son socios a que se fagan usuarios do servizo da biblioteca.


Entre os contacontos narrouse:


Paco de Paula Carballeira ilustrado por Blanca Barrio e A lombriga que nunca vira o sol de Francesc Rovira e Elisa Ramón.


quinta-feira, 25 de junho de 2009

Actividades nas Bibliopiscinas



O día 1 de Xullo comezan as bibliopiscinas que se prolongarán até o o 29 de Agosto no que rematán cunha festa.

As Bibliopiscinas están situadas nas piscinas do Milladoiro e de Bertamiráns e na área recreativa de Tapia.

Diariamente teremos a Hora do conto ás 18h. acompañando as merendas dos máis cativos.
Semanalmente contaremos con Contacontos e actividades ás 18h.
- Martes na bibliopiscina do Milladoiro
- Mércores na bibliopiscina de Tapia
- Xoves na bibliopiscina de Bertamiráns

Lembramos que en caso de mal tempo as bibliopiscinas poden pechar interrumpíndose as actividades dese día.



Noticia na web Municipal.

quinta-feira, 11 de junho de 2009

Horario de Verán

Horario de atención ao público nos meses de verán:
  • desde o 1 de Xullo ao 31 de Agosto: Mañás de 10 a 14h.

Polas tardes o servizo de lectura estará nas Bibliopiscinas:

Milladoiro e Bertamiráns
:
  • de luns a venres de 16,30 a 20,30h.
Tapía: de luns a domingo:
  • do 1 de Xullo ao 16 de Agosto: de 16,30 a 21h.
  • do 17 ao 29 de Agosto: de 16,30 a 20h.
*En caso de mal tempo as bibliopiscinas poderán pechar suspendéndose as actividades dese día.

Móllate na Lectura, 2009!



As Bibliopiscinas son un servizo de animación á lectura que leva os libros aos lugares de lecer nos meses de verán. Nas piscinas municipais do Milladoiro e Bertamiráns, e na área recreativa de Tapia, contamos con este programa estable de animación á lectura que permite que todas as persoas de calquera idade podamos ler e acceder ao empréstamo de libros mediante a presentación do carné da bibliopiscina ou de calquera outro carné municipal.

Ademais de libros, as bibliopiscinas, contan con prensa, xogos de mesa para todas as idades e xoguetes para os máis pequenos.

Horarios:
Bibliopiscinas de Bertamiráns e do Milladoiro:
de luns a venres de 16,30 a 20,30h.

Bibliopiscina de Tapia:
- do 1 de xullo ao 16 de agosto: de luns a domingo de 16,30 a 21h.
- do 17 ao 29 de agosto: de luns a domingo de 16,30 a 20h.

Actividades:
- Hora do conto: todos os días ás 18h.
- Contacontos:
  • Milladoiro: os martes ás 18h.
  • Tapia: os mércores ás 18h.
  • Bertamiráns: os xoves ás 18h.
*En caso de mal tempo poderán suspenderse as actividades.

Festa:
O sábado 29 de agosto a partir das 17h. Festa das Bibliopiscinas na área recreativa de Tapia.

* En caso de mal tempo a festa trasladarase ao salón de actos da Casa da cultura de Bertamiráns
*Sairá publicidade específica co programa da festa.

Noticia na web municipal


sexta-feira, 5 de junho de 2009

Novo carné e nova guía da Biblioteca









Carné:

O carné é algo moi demandado polos usuarios que levan anos solicitando que se fixese un carné dun tamaño adecuado para poder ser manexado con comodidade.


Até o momento o carné utilizado era aportado polo Servizo de Bibliotecas da Xunta de Galicia, en cartolina e cun tamaño moi poco manexábel. Pasamos agora a ter un carné de tamaño estándar, coa imaxe corporativa da biblioteca e a nosa mascota, Lepi.


Como dato a salientar temos que indicar que os datos persoais quedarán en mans da biblioteca nas fichas de inscrición pero deixarán de figurar nos carnés, respectando desta maneira a lei de protección de datos, e só incluirá número de asociado e nome e apelidos desaparecendo do carné o resto da información persoal.


Ademais o novo carné non levará fotografía polo que só será necesario entregar unha para incluir na ficha persoal na biblioteca. Por este motivo poderáselle reclamar aos usuarios que mostren un documento de identidade en caso de dúbida sobre a mesma.


Hai que lembrar que o carné ten unha validez de 3 anos e que pasado este tempo haberá que renovalo ou será dado de baixa. Os cambios nos datos aportados á biblioteca tamén será necesario actualizalos en caso de cambios.



Guía da Biblioteca:

A Guía da biblioteca contribúe a sintetizar a información recollida no Regulamento da Biblioteca, información básica referida a horarios do servizo, como asociarse, tipos de préstamos, etc. que é a información máis demandada polos usuarios.


Tamén se pode descargar a Guía da Biblioteca en pdf.



quinta-feira, 28 de maio de 2009

Animación á lectura en Xuño












Actividades de Animación á lectura: semana do 1 ao 6 de xuño


Despedimos as actividades de animación do curso 2008-2009 con contacontos e sorpresas.


Contacontos

(maiores de 3 anos)


Mércores 3 de Xuño:

Contacontos con Charo Pita e ilustracións con Xosé Tomás. Presentación do libro O Arco da vella realizado por estes dous autores.

Biblioteca de Bertamiráns: ás 18h.

Biblioteca do Milladoiro: ás 19,30h.


Xoves 4 de Xuño:

Contacontos con Kalandraka: contos a carón da lúa

Biblioteca de Bertamiráns: ás 18h.

Biblioteca do Milladoiro: ás 19,30h.


Sorpresa:

A sorpresa é algo esperado desde fai tempo… Non te quedes sen coñecela os días dos contacontos.


Planetario:

(9-12 anos)

O sábado 6 de Xuño vamos ao Planetario da Coruña:

Sáida ás 9,45 da Biblioteca de Bertamiráns

Saída ás 10h. da Biblioteca do Milladoiro

Volta ás 13,30h. nos mesmos puntos.

*Nota: só para aqueles rapaces e raparigas inscritos previamente e con autorización dos pais, nais ou titores.


Noticia na web municipal

Noticia en La Voz de Galicia


Descubre o ceo










Máis información para descubrir o ceo:

Programas, planetarios e cartas celestes:
Stellarium
Cartes du ciel
Your sky: Planetario interactivo
Google Earth

Astronomía infantil:
Astronomía para nenos e nenas

Páxinas web oficiais:
Portal ao universo
Ano internacional da astronomía
Instituto Astrofísica de Canarias
Axencia Espacial Europea
NASA
Ciencia Nasa
Sociedad Española de Astronomía
Observatorio Astronómico Ramón García Aller
Planetario da Coruña

Asociacións:
Clube Vega
Astronomía na Beirarrúa

Outras páxinas con información interesante:
Astrobloguers
Astroguía
Astronavegador
Astrored
Astroseti
Kalipedia

sexta-feira, 8 de maio de 2009

Programa de actividades: Letras Galegas 2009












PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

Exposición sobre Ramón Piñeiro
Do 11 ao 31 de Maio
Casas da Cultura

Bicos con lingua: comedia de Talia Teatro
Venres 15, ás 21h.
Casa da Cultura do Milladoiro

Día das Letras Galegas
Domingo 17
Casa da Cultura do Milladoiro
17,30h. Acto Literario Musical: actuación da EMMA e entrega dos premios do VI Certame Literario e do I Certame Intercentros do Concello
18h. Coa palabra na lingua: Teatro Nú

Xogando coa lingua
Obradoiro para rapaces e rapazas de 9 a 12 anos
Sábado 23, ás 11,30h. na Biblioteca de Bertamiráns
Sábado 30, ás 11,30h. na Biblioteca do Milladoiro
(inscrición previa até o día 15 nas Bibliotecas)

segunda-feira, 4 de maio de 2009

Letras Galegas 2009



Ramón Piñeiro López (1915-1990), foi a persoa escollida para homenaxear nas Letras Galegas 2009.

Escritor, filósofo, ensaísta e político galego, e un dos principais artífices da reconstrución cultural galega na posguerra.


A Biografía á que se pode acceder na ligazón inicial foi preparada pola Real Academia Galega. Pódese consultar máis información sobre o autor nos seguintes lugares:


Praza das Letras

Biblioteca Virtual Galega

Wikipedia


Desde a Biblioteca preparamos o seguinte dossier que se pode descargar para consulta

quinta-feira, 30 de abril de 2009

Visita ao Planetario



VISITA AO PLANETARIO

O Sábado 6 de xuño visitaremos o Planetario da Coruña.

A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 9 a 12 anos. Terán prioridade os participantes en anteriores obradoiros e os xa anotados no mes de xaneiro para esta actividade.

Será necesario inscribirse previamente nas bibliotecas durante todo o mes de Maio.

Saída desde as bibliotecas

  • Bertamiráns: sábado 6 de xuño ás 9,45h.
  • Milladoiro: Sábado 6 de xuño ás 10h.

Volta: ás 13,30h.


Información na Web municipal

Descubre o ceo: observación de estrelas



DESCUBRE O CEO

Ven a observar as estrelas coa Aula da Natureza, coa Biblioteca e co Clube Vega de Astronomía, (coa colaboración do programa Astronomía na Beirarrúa da Universidade de Santiago).


De 22 a 24h. para todos os públicos.

  • Venres 29 de maio ás 22h. en Bertamiráns
Lugar de encontro: ás 22h. no aparcadoiro do centro comercial Carrefour.
  • Sábado 30 de maio ás 22h. no Milladoiro
Lugar de encontro: ás 22h. no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro.


A actividade é aberta a todos os públicos. Os nenos e as nenas deberán acudir acompañados dunha persoa adulta.

- Pódense traer prismáticos e telescopios particulares para realizar a observación.

- En caso de mal tempo ou falta de visibilidade a actividade poderase suspender.


Información na Web municipal

Obradoiro: Xogando coa língua


XOGANDO COA LÍNGUA

Obradoiro con Encontros coa fantasía para rapaces e rapazas de 9 a 12 anos: é unha sorpresa, unha forma de imaxinar, una maneira de investigar, outro xeito de xogar...

  • Sábado 23 de maio ás 11,30h. na Biblioteca de Bertamiráns
  • Sábado 30 de maio ás 11,30h. na Biblioteca do Milladoiro

*É necesario inscribirse entre o 4 e o 15 de maio para participar nos obradoiros

Información na web municipal

Contacontos no mes de Maio












CONTACONTOS

Para nenos e nenas maiores de 3 anos. Todas as actividades serán ás 18h.

  • Mércores 6 na Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 7 na Biblioteca do Milladoiro
  • Luns 18 no Local social de Augapesada
  • Martes 19 no Local social de Bugallido
  • Mércores 20 na Biblioteca do Milladoiro
  • Venres 22 no Local social de Aldea Nova
Información na web municipal

terça-feira, 14 de abril de 2009

Literatura na praza: celebración do día do libro



Con motivo do día do libro o próximo 23 de abril o noso Concello adiántase a esta data celebrándoo o sábado 18 de abril.

Os actos terán lugar na Praza do Concello de Bertamiráns.

Ás 17h.
  • Presentación do libro: Memorias da cidade sen luz (Premio Blanco Amor 2009) coa autora Inma López Silva e Manuel Guede Oliva
  • Obradoiro de ilustración con Marisa Irimia para maiores de 7 anos

Ás 18h.
  • Presentación dos traballos gañadores do V Certame Literario do Concello de Ames
  • Actuación do grupo de música tradicional Dúo Arpa céltica e violín

Ás 20h.
  • Clausura do acto

Exposición e venda de libros co 10% de desconto.

segunda-feira, 6 de abril de 2009

O alumnado de 4º de Primaria visita a Biblioteca



A segunda quincena de abril vai contar coas visitas do alumnado de 4º de Primaria dos Centros de ensino municipais á Biblioteca.

Estas visitas están enmarcadas dentro da campaña do ano escolar 2008-2009: Ven á biblioteca, teremos lúas e estrelas para que leas! que pretende atraer e dar a coñecer a biblioteca a novos usuarios.

Entre os días 14 e 28 de abril estes escolares asistirán ás bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro onde se lles formará no uso da biblioteca mediante actividades que lles ensinarán a utilizar o fondo bibliográfico, a buscar no catálogo automatizado e a coñecer e utilizar os documentos dirixidos ás súas idades.

As visitas
serán realizadas en horario de mañá nas seguintes datas:
  • martes 14: CEIP Barouta na biblioteca de Bertamiráns
  • mércores 15: CEIP Agro do Muiño na biblioteca de Bertamiráns
  • xoves 16: CEIP Agro do Muiño na biblioteca de Bertamiráns
  • venres 17: CEIP Ventín na biblioteca do Milladoiro
  • martes 21: CEIP Ventín na biblioteca do Milladoiro
  • mércores 22: CEIP Ventín na biblioteca do Milladoiro
  • xoves 23: CEIP Guerra Campos na biblioteca de Bertamiráns
  • venres 24: CEIP Guerra Campos na biblioteca de Bertamiráns
  • martes 28: CEIP Guerra Campos na biblioteca de Bertamiráns
Durante estes días o uso da biblioteca será prioritario para estas actividades podendo verse afectados os demais servizos da Biblioteca.

quinta-feira, 26 de março de 2009

Actividades de animación á lectura durante o mes de abril

Obradoiro de astronomía:

Para rapeces e raparigas de 9 a 12 anos


Sábado 18: ás 11,30h. na Biblioteca de Bertamiráns

Sábado 25 ás 11,30h. na Biblioteca do Milladoiro


Inscricións nas bibliotecas do 30 de marzo ao 13 de abril



Contacontos:

Para nenas e nenos maiores de 3 anos


Os contacontos continuan desenvolvendo a temática da astronomía: lúas e estrelas para que leas.


Todas as actividades serán ás 18h.

  • Mércores 1: na Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 2: na Biblioteca do Milladoiro
  • Luns 20: no local social de Augapesada
  • Martes 21: no local social de Bugallido
  • Mércores 22: na Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 23: na Biblioteca de Bertamiráns
  • Venres 24: no local social de Aldea Nova
Noticia na web Municipal