O martes 11 e o xoves 13 de agosto a biblioteca do Milladoiro recibiu a visita dos nenos e as nenas participantes da escola de verán desta localidade.
O Martes 11 a visita foi realizada con 22 nenos e nenas de 3 a 7 anos, e o xoves 13 achegáronse 30 participantes de 8 a 12 anos, acompañados polas monitoras do servizo.
Na visita explicóuselles o funcionamento da biblioteca, realizáronse varios contacontos adaptados ás súas idades e un pequeno obradoiro sobre os contos narrados que continuan a temática do curso escolar: Lúas e estrelas para que leas.
Aos participantes entregóuselles unha ficha de inscrición e a guía da biblioteca coa finalidade de animar aos que ainda non son socios a que se fagan usuarios do servizo da biblioteca.
Entre os contacontos narrouse:
Paco de Paula Carballeira ilustrado por Blanca Barrio e A lombriga que nunca vira o sol de Francesc Rovira e Elisa Ramón.
Sem comentários:
Enviar um comentário