terça-feira, 29 de dezembro de 2009

Cabalgata de Reis

A Biblioteca participará o Luns 5 de xaneiro nas Cabalgatas de Reis que se realizarán:

  • No Milladoiro ás 17h. co percorrido desde a Casa da Cultura do Milladoiro á Praza de Manuel Murguía
  • En Bertamiráns ás 19h. co percorrido desde o Pazo da Peregrina á Praza de Chavián.
As persoas que participan coa biblioteca na cabalgata deberán estar media hora antes da cabalgata para prepar os disfraces:
  • Milladoiro: ás 16,30h. na Casa da Cultura
  • Bertamiráns ás 18,30h. no Pazo da Peregrina
En caso de chuvia as dúas cabalgatas trasladaránse aos respectivos pavillóns polideportivos.

Nota Importante:
Con motivo da participación nas cabalgatas as Bibliotecas permanecerán pechadas ao público en horario de tarde.


1 comentário:

  1. Paréceme fatal que nestas datas que son as que a xente ten máis tempo para desfrutar coa lectura, e máis con este tempo, as bibliotecas pechen moitos días, ou teñan un horario reducido.
    Se hai que contratar máis xente que se contrate, que hai moita xente no paro e tíranse os cartos noutras cousas menos importantes!
    Así nos vai neste país, moita festa e pouca cultura e educación!

    ResponderEliminar