sexta-feira, 5 de junho de 2009

Novo carné e nova guía da Biblioteca









Carné:

O carné é algo moi demandado polos usuarios que levan anos solicitando que se fixese un carné dun tamaño adecuado para poder ser manexado con comodidade.


Até o momento o carné utilizado era aportado polo Servizo de Bibliotecas da Xunta de Galicia, en cartolina e cun tamaño moi poco manexábel. Pasamos agora a ter un carné de tamaño estándar, coa imaxe corporativa da biblioteca e a nosa mascota, Lepi.


Como dato a salientar temos que indicar que os datos persoais quedarán en mans da biblioteca nas fichas de inscrición pero deixarán de figurar nos carnés, respectando desta maneira a lei de protección de datos, e só incluirá número de asociado e nome e apelidos desaparecendo do carné o resto da información persoal.


Ademais o novo carné non levará fotografía polo que só será necesario entregar unha para incluir na ficha persoal na biblioteca. Por este motivo poderáselle reclamar aos usuarios que mostren un documento de identidade en caso de dúbida sobre a mesma.


Hai que lembrar que o carné ten unha validez de 3 anos e que pasado este tempo haberá que renovalo ou será dado de baixa. Os cambios nos datos aportados á biblioteca tamén será necesario actualizalos en caso de cambios.



Guía da Biblioteca:

A Guía da biblioteca contribúe a sintetizar a información recollida no Regulamento da Biblioteca, información básica referida a horarios do servizo, como asociarse, tipos de préstamos, etc. que é a información máis demandada polos usuarios.


Tamén se pode descargar a Guía da Biblioteca en pdf.



Sem comentários:

Enviar um comentário