Actividade de dinamización que contará con Anxo Fariña, escritor e ilustrador da obra.
"Xoel e Lorena son dous rapaces que se atopan en Venecia co seu tío Xurxo. A súa volta á casa vai ser diferente da agardada. Na súa vila, ninguén pode falar, e tampouco escribir. Algo moi estraño acontecera, e non foran os únicos, nas vilas veciñas pasaba o mesmo..."
Queres saber como continúa a historia? No obradoiro axudarás a desentrañar este misterio. Ademais poderás crear debuxos a partir de letras e palabras.
Obradoiro dirixido a nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria
- Dinamizar a lingua galega na infancia
- Incentivar a creatividade en galego e desde o galego
- Potenciar o gusto pola lectura, a escritura e a expresión en galego
- Fomentar o contacto dos nenos e nenas coas bibliotecas
Data e lugar de realización:
- Sábado 18: Biblioteca do Milladoiro
- Sábado 25: Biblioteca de Bertamiráns
Inscrición:
Do 22 de setembro ao 3 de outubro nas escolas, nas bibliotecas e no SNL (no Pazo da Peregrina)
As prazas son limitadas polo tanto precísase inscrición previa
Organizan:
Biblioteca Municipal e Servizo de Normalización Lingüística
Colaboran:
Equipos de Normalización Lingüística das Escolas do Concello
Duración:
Terá unha duración de 60 min.
As persoas inscritas serán informadas da hora na que lles corresponderá participar.
Sem comentários:
Enviar um comentário