quinta-feira, 23 de outubro de 2008

A Biblioteca de Ames no programa España Directo de Radio Nacional de España





O Xoves 23 de outubro ás 12 da mañá o programa España Directo de RNE, dirixido por Mamen Asencio, emitirá en directo desde a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago. Este programa estará dedicado a comemorar o Día da Biblioteca que se celebra, desde fai varios anos, o 24 de outubro.

Este ano Galicia é a Comunidade autónoma escollida para celebra esta efeméride, e a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal será a biblioteca anfitriona deste evento organizado pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, en colaboración co Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia.

O día 24 estará cheo de actividades entre as que se conta a lectura do manifesto “Onde hai unha biblioteca hai unha luz”, da autoría de Agustín Fernández Paz, maratón de lecturas, obradoiro de banda deseñada e contacontos entre outras actividades.

O día anterior este programa de radio nacional emitirá entrevistas e debates entre participantes de varias bibliotecas entre os que se encontrará Xóan Manuel Pérez Lijó en representación da Biblioteca de Ames.

Información das actividades

Escoita a gravación do programa

Descarga o programa en .mp3

Sem comentários:

Enviar um comentário