Para este curso 2008-2009 a temática escollida é a astronomía.
O lema elixido para este ano é "Ven á biblioteca: teremos lúas e estrelas para que leas!" e como o nome indica a maior parte das actividades realizaranse na biblioteca sendo os nenos e nenas das escolas, garderías e unitarias as que virán á biblioteca a realizar actividades de animación á lectura.
Os contacontos irán destinados a nenas e nenos maiores de 3 anos nas bibliotecas e nos locais sociais de Aldea Nova, Aguapesada e Bugallido, e consistirán na narración oral de contos seguido de obradoiros ou outras actividades. Realizanse quincenalmente nas bibliotecas e mensalmente nos locais sociais.
Novidades:
As actividades dirixidas a nenos e nenas de 9 a 12 anos pasarán a realizarse os sábados intercalando a temática escollida de astronomía con outras temáticas e consistirán principalmente na realización de obradoiros. Será necesario inscribirse previamente para poder participar.
Iremos informando periodicamente das actividades de cada mes.
Programa para o mes de Outubro:
- Luns 13: Contacontos, de 3 a 9 anos
Horario: 18:00h
- Martes 14: Contacontos, de 3 a 9 anos
Horario: 18:00h
- Mércores 15: Contacontos, de 3 a 8 anos
Horario: 18:00h
- Xoves 16: Contacontos, de 3 a 8 anos
Horario: 18:00h
- Venres 17: Contacontos, de 3 a 9 anos
Horario: 18:00h
- Sábado 18: “O ladrón de palabras” co ilustrador Anxo Fariña
Idades: 4º, 5º e 6º de primaria
Require inscrición previa
- Sábado 25: “O ladrón de palabras” co ilustrador Anxo Fariña
Idades: 4º, 5º e 6º de primaria
Require inscrición previa
Na web municipal: Retornan as actividades de animación á lectura organizadas pola Biblioteca
A prensa fala de nós: en La Voz de Galicia do martes 14 de outurbo pubícase unha reportaxe sobre a Biblioteca: Os máis pequenos coñecen os libros baixo as estrelas e As actividades empezaron con contacontos.
Sem comentários:
Enviar um comentário