terça-feira, 9 de setembro de 2008

Participantes nas Bibliopiscinas 2008










Entre os meses de xullo e agosto pasaron polas Bibliopiscinas de Ames 7784 persoas. Máis de 1000 persoas de diferenza con respeito ao ano 2007 no que se chegou á cifra de 6371 participantes.

Aínda que o tempo este verán non axudou moito a que as persoas se animasen a bañar, as bibliopiscinas conseguiron abrir máis días que o ano anterior. Este é un dos motivos polos que a participación foi maior este ano.

Por idades os nenos e as nenas foron os maioritarios no uso con 4756 participantes mentres que os adultos chegaron a 3028. Por xéneros as nenas apenas superan aos nenos no tramo infantil pero nos adultos as mulleres superan con moita diferenza aos homes: 1733 frente a 1295.

Por Bibliopiscinas a máis utilizada foi a de Tapia con 3985 usuarios, seguida do Milladoiro con 1817 e Bertamiráns con 1162.


Actividades:

En canto ás actividades o número total de participantes foi de 992, 100 participantes máis que no ano 2007 no que se chegou a 893 asistentes. A este número hai que sumar os participantes da festa de despedida o día 31 de agosto en Tapia na que asistiron unhas 300 persoas.

As actividades foron dedicadas durante cada semana a unha temática diferente.

  • 1ª Sesión: Asombrosos animais (1-2-3 de xullo)
  • 2ª Sesión: Música (8-9-10 de xullo)
  • 3ª Sesión: Gústanos comer! (15-16-17 de xullo)
  • 4ª Sesión: Imos de viaxe (22-23-24 de xullo)
  • 5ª Sesión: Dragóns (29-30-31 de xullo)
  • 6ª Sesión: As estacións (5-6-7 de agosto)
  • 7ª Sesión: Tesouros (12-13-14 de agosto)
  • 8ª Sesión: Unha de medo (19-20-21 de agosto)
  • 9ª Sesión:Festa (26-27-28 de agosto)


En cada sesión, as “contacontos” Raquel García ou Marta Ortiz narraban e dramatizaban varios libros relacionados coa temática desa semana. A continuación a contacontos e o persoal da bibliopiscina realizaban un obradoiro que continuaba, mediante a realización de manualidades, coa temática da semana.

En cada bibliopiscina a temática semanal ía acompañada dunha pequena exposición dos libros existentes na biblioteca sobre esa temática. Os materiais realizados eran despois utilizados para adornar as bibliopiscinas. Así realizáronse un dragón, un libro de viaxes... e outros obxectos que os nenos e as nenas asistentes podían despois ver na bibliopiscina sentíndose así máis partícipes da mesma.


Festa:

Na festa, realizada o 31 de agosto, contouse coa participación dunhas 300 persoas que participaron dos xogos e obradoiros realizados pola empresa Xandobela, encargada de xestionar as Bibliopiscinas este ano, ou que asistiron ás actuación de títeres realizada por Títeres Seisdedos co espectáculo Varietés e ao espectáculo Canta Connosco do Grupo teatral-musical Migallas.


Outras noticias relacionadas:

Unhas 300 persoas despídense das Bibliopiscinas cunha grande festa

As bibliopiscinas recibiron este verán 1000 visitantes máis que en 2007

La Voz de Galicia



Sem comentários:

Enviar um comentário