segunda-feira, 28 de fevereiro de 2011

Actividades de animación á lectura no mes de Marzo


Entroido:
Sábado 5 de marzo: comparsas da Biblioteca
  • Bertamiráns: ás 17,30h. na Praza de Chavián
  • O Milladoiro: ás 17,30h. na Praza de Manuel Murguía
Os enfeitizados: é o conto que os participantes na comparsa do Milladoiro escribiron mentres elaboraban os seus disfraces.

Obradoiros da igualdade:
Para maiores de 8 anos. Sesións ás 18,30h.
  • Mércores 9 na Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 10 na Biblioteca do Milladoiro
Inscricións nas bibliotecas do 21 de febreiro ao 5 de marzo

Contacontos da igualdade:
Luns 14: Local social de Aguapesada
Martes 15: Local social de Bugallido
Mércores 16: Biblioteca de Bertamiráns
Xoves 17: Biblioteca do Milladoiro

A temática do mes desenvolverase ao redor da data do 8 de marzo, día da muller traballadora, e a igualdade entre mulleres e homes.

Visitas escolares: este mes continuaremos coas visitas das escolas do Concello ás bibliotecas. Esta vez será o alumnado de 4º de primaria o que participará desta actividade.

Do 21 de marzo ao 1 de abril as escolas de Barouta, Agro do Muíño, A Maía e Ventín visitarán a súa biblioteca de referencia para asistir a unha presentación do servizo e  o seu funcionamento e á realización de xogos de pistas, e outras actividades, dirixidas a indicar o uso do catálogo, a localizar os fondos documentais e a entender as normas de funcionamento deste servizo.

Nota: As visitas realizaranse en horario de mañá. Os días de actividades serán anunciados previamente na biblioteca. Durante a realización das visitas os demais servizos da biblioteca poderán verse afectados.

A Noticia na web municipal 

quarta-feira, 9 de fevereiro de 2011

Tres anos do blog da Biblioteca


O 9 de febreiro de 2008 publicábase a nosa primeira noticia (post) presentando a publicación deste blog coa intención de difundir entre os nosos usuarios as novas e as actividades relacionadas coa biblioteca.

Desde entón levamos publicadas, con esta de hoxe, un total de 129 noticias: 44 publicadas no ano 2008, 41 no 2009 e 38 no 2010. Fomos visitados 6.187 veces por 3.614 visitantes únicos, que pasaron no noso blog unha media de 1,36 minutos.
 

O número medio de visitas por día foi de 5,6. O 43% dos nosos visitantes repiten a visita ás noticias do blog mentres que o 57% só pasou por aquí unha única vez.

En Xullo de 2010 o blog foi sometido a un cambio de imaxe que o fixo máis atractivo en deseño e visualización pero, sobre todo, realizouse unha mellor organización da información como se indicou na noticia dedicada ao cambio: Novo deseño do blog

Ao mesmo tempo dotámonos de novas ferramentas sociais como a páxina en Facebook da Biblioteca, o que contribuiu a incrementar en grande medida o número de usuarios do blog, xa que as noticias aquí publicadas son difundidas tamén a través de Facebook. Esta rede utilízase ademais para publicar outras noticias relacionadas cos libros, a lectura e a cultura.

O Blog contén, ademais das noticias, situadas no bloque central, outros dous espazos con diferente tipo de información:
  • O lado esquerdo do blog está reservado para difundir  información sobre a biblioteca: horarios, servizos, catálogos e documentos.
  • O lado dereito está dedicado á difusión das actividades e ás redes sociais: calendario das actividades de animación, as noticias publicadas no Facebook, o Canal YouTube da Biblioteca e as Fotografías das diferentes actividades.
O blog permite a subscrición ás noticias a través do email persoal e a sindicación de lectura das noticias a través de lectores RSS que permiten estar ao día da información que se vai publicando desde a biblioteca.

Neste curso escolar 2010-2011 comezamos con outro blog dirixido aos rapaces e raparigas de 8 a 12 anos que participan dos obradoiros na biblioteca, co nome de Obradoiros da Biblioteca Municipal de Ames, pretende pór en contacto a estes usuarios coas novas ferramentas de comunicación ao tempo que se difunden as actividades dirixidas a estas idades.

A Noticia na web municipal 
A noticia no El Correo Gallego