segunda-feira, 28 de junho de 2010

Novo deseño do blog



Despois de dous anos coa mesma presentación queremos aproveitar a chegada do verán para dar unha nova imaxe da nosa carta de presentación en internet: O blog da biblioteca.

O blog adáptase aos novos tempos e ás melloras tecnolóxicas. É por iso que agora que as pantallas son maiores o blog pode “crecer” presentando unha novo columna que permite organizar mellor a información.

Os cambios realizados son os seguintes:
Presentación a tres columnas nas que se reserva a central para as noticias (post) e se divide o contido das dúas laterais. A columna da esquerda presenta información sobre a biblioteca: quen somos, horarios, catálogos... mentras que a columna da dereita resérvase agora para os servizos virtuais ofertados: suscrición ao blog, imaxes de actividades, televisión da biblioteca, calendario de actividades, etc.

A parte inferior do blog está reservado para as opcións de busca: arquivo de noticias ordenadas por data de publicación e busca por temas (etiquetas ou tags) de todo o publicado. Ademais o propio servizo de blogguer, onde está aloxado o blog, permite na parte superior rprocurar dentro do blog.

Continuamos coa cor verde de fondo mantendo a cor da imaxe corporativa do concello.

Noticias ou post:
A columna central está dedicada aos post que agora só se presentan nun máximo de 3 para que o scroll (barra de descenso pola pantalla) non sexa tan grande e se poda chegar con máis rapidez á parte inferior onde están os temas e o arquivo de noticias.

Participación:
O novo deseño está máis integrado nas redes sociais, permite comentar as noticias e ademais valorar se son interesantes ou útiles. Permite enviar as noticias por email e compartilas a través de redes sociais como facebook ou twitter.

Nota:
Para ter unha mellor visualización do blog recomendamos navegar con Firefox. Se non o tes podes descarregalo desde a páxina de Mozilla, ou directamente desde esta ligazón.


Noticia na web municipal.

Sem comentários:

Enviar um comentário