segunda-feira, 28 de fevereiro de 2011

Actividades de animación á lectura no mes de Marzo


Entroido:
Sábado 5 de marzo: comparsas da Biblioteca
  • Bertamiráns: ás 17,30h. na Praza de Chavián
  • O Milladoiro: ás 17,30h. na Praza de Manuel Murguía
Os enfeitizados: é o conto que os participantes na comparsa do Milladoiro escribiron mentres elaboraban os seus disfraces.

Obradoiros da igualdade:
Para maiores de 8 anos. Sesións ás 18,30h.
  • Mércores 9 na Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 10 na Biblioteca do Milladoiro
Inscricións nas bibliotecas do 21 de febreiro ao 5 de marzo

Contacontos da igualdade:
Luns 14: Local social de Aguapesada
Martes 15: Local social de Bugallido
Mércores 16: Biblioteca de Bertamiráns
Xoves 17: Biblioteca do Milladoiro

A temática do mes desenvolverase ao redor da data do 8 de marzo, día da muller traballadora, e a igualdade entre mulleres e homes.

Visitas escolares: este mes continuaremos coas visitas das escolas do Concello ás bibliotecas. Esta vez será o alumnado de 4º de primaria o que participará desta actividade.

Do 21 de marzo ao 1 de abril as escolas de Barouta, Agro do Muíño, A Maía e Ventín visitarán a súa biblioteca de referencia para asistir a unha presentación do servizo e  o seu funcionamento e á realización de xogos de pistas, e outras actividades, dirixidas a indicar o uso do catálogo, a localizar os fondos documentais e a entender as normas de funcionamento deste servizo.

Nota: As visitas realizaranse en horario de mañá. Os días de actividades serán anunciados previamente na biblioteca. Durante a realización das visitas os demais servizos da biblioteca poderán verse afectados.

A Noticia na web municipal 

1 comentário:

  1. Antón máis a súa nai están desexando escoitar o conto de Bibiana.
    O mes pasado foi a nosa primeira vez e temos pensado non perdernos ningún
    Gracias Bibiana por animarnos e achegarnos á cultura

    ResponderEliminar