segunda-feira, 9 de fevereiro de 2009

O Blog da Biblioteca celebra o seu primeiro aniversario



O 9 de febreiro de 2008 publicábamos a nosa primeira noticia (post) presentando a publicación deste blog coa intención de difundir entre os nosos usuarios as novas e as actividades relacionadas coa biblioteca.

Desde entón levamos publicadas un total de 52 noticias (con esta de hoxe). Fomos visitados 1.238 veces por 784 visitantes únicos, que pasaron no noso site unha media de 2 minutos.

O número medio de visitas por día foi de 3,30. Dous terzos dos nosos visitantes repiten a visita ás noticias do blog mentres que 1 terzo só pasou por aquí unha única vez.

Entre os nosos visitantes encóntranse persoas de países afastados como Chile ou Malasia pero, evidentemente, son excepcións frente ás visitas dos nosos asociados que son a maioría dos que acoden aquí para se informar.

O Blog contén, ademais das noticias, información sobre a biblioteca: horarios, servizos, etc, un calendario coas actividades mensais de animación, fotografías das actividades e ligazóns a outros servizos da biblioteca.

O blog permite a subscrición ás noticias a través dun lector de fluxos RSS e as persoas interesadas tamén se poden subscribir para recibir as noticias por email.

Sem comentários:

Enviar um comentário