segunda-feira, 26 de outubro de 2009

Actividades de Animación á Lectura: Novembro



Continuamos coas actividades de Un mar de Lecturas durante o mes de novembro:

Contacontos:
Maiores de 3 anos
  • Mércores 4: biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 5: biblioteca do Milladoiro
  • Luns 16: local social de Augapesada
  • Martes 17: local social de Bugallido
  • Mércores 18: biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 19: biblioteca de Bertamiráns
  • Venres 20: local social de Aldea Nova
Todas as actividades serán ás 18h.

Obradoiros:
  • Candeas Mariñas:
Sábado 7 de novembro ás 11,30h. na Biblioteca de Bertamiráns
Idades: 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
*Inscricións do 19 de outubro ao 2 de novembro nas bibliotecas e na concellería de Medio Ambiente
*Autobús desde a biblioteca do Milladoiro: saída ás 11h., volta ás 13,30h.

Excursións: atención ás excursións: cambio de lugares a visitar e horarios!
  • Acuário da Coruña
Sábado 21 de novembro
Idades: 3º, 4º e 5º de Primaria
Saída : 9,30h. Biblioteca de Bertamiráns. 9,45h. Biblioteca do Milladoiro
*Inscricións: do 31 de outubro ao 13 de novembro nas bibliotecas e na concellería de Medio Ambiente, terán prioridade os participantes nos obradoiros

*Prezo: 3€

*Nota: os horario concretos de saida e regreso será informado aos participantes nos días previos á excursión
  • Acuário do Grove
Sábado 28 de novembro
Idades: 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO
Saída : 9,15h. Biblioteca de Bertamiráns. 9,45h. Biblioteca do Milladoiro
*Inscricións: do 7 ao 23 de novembro nas bibliotecas e na concellería de Medio Ambiente, terán prioridade os participantes nos obradoiros

*Prezo: 3€

*Nota: os horario concretos de saida e regreso será informado aos participantes nos días previos á excursión

sexta-feira, 9 de outubro de 2009

Mobilízate pola selva



A Biblioteca de Ames, xunto coa Aula de Natureza e outros servizos do Concello, participa na campaña Mobilízate pola Selva organizada polo Instituto Jane Goodall e colaborando co CEIDA e a Obra Social de Caixa Galicia.

Esta campaña consiste na recollida de teléfonos móbiles para contribuir:
  • a reutilizar os terminais e reducir a demanda dos seus conponentes
  • a reciclar elementos útiles evitando a contaminación do medio
  • a recadar fondos para os programas de desenvolvemento, educación e conservación no Congo
Na Biblioteca poderás entregar o teu teléfono móbil e se o desexas participar no sorteo mensual para apadriñar anualmente un chimpacé do programa Chimpamigos do Instituto Jane Goodall.

Por cada 30 móbiles recollidos a Biblioteca poderá apadriñar un chimpancé.

Anímate a participar!

Máis información:
Web municipal
Web da campaña
Instituto Jane Goodall




quarta-feira, 23 de setembro de 2009

Un mar de lecturas: curso 2009-2010

O Curso 2009-2010 estará dedicado ao mar nas Bibliotecas.

O lema escollido este ano é o de Un mar de lecturas, co que queremos atraer os nenos e as nenas á biblioteca ofrecendo actividades periódicas durante o curso escolar.

Como novidades nesta ocasión ampliamos as idades dos destinatarios coa finalidade de incluir novos grupos de participantes:
  • maiores de 3 anos con contacontos
  • 3º, 4º e 5º de primaria: obradoiros e excursións
  • 6º de primaria e 1º e 2º da ESO: obradoiros e excursións
Tamén establecemos de maneria periódica a realización de obradoiros e de visitas relacionadas coa actividade do mar que nos levarán a lugares da costa para continuar coas actividades.

Como a temática está relacionada directamente co coñecemento do noso entorno vamos contar coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente a través da Aula da natureza coa que realizaremos en conxunto os obradoiros e as visitas.

Presentamos a continuación o calendario correspondente ao mes de Outubro:

Un mar de lecturas: Contacontos: (maiores de 3 anos)
Horario: todas as actividades serán ás 18h.
  • Mércores 7: Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 8: Biblioteca de Bertamiráns
  • Luns 19: local social de Augapesada
  • Martes 20: local social de Bugallido
  • Mércores 21: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 22: Biblioteca do Milladoiro
  • Venres 23: local social de Aldea Nova
Un mar de lecturas: Obradoiro: A Praia
  • Sábado 31: Biblioteca do Milladoiro
Dirixido a: 3º, 4º e 5º de primaria
Autobus desde a Biblioteca de Bertamiráns (saída 11h.)
Inscricións: do 5 ao 23 de outubro nas Bibliotecas e na concellería de Medio Ambiente



A noticia na web municipal
A noticia en La Voz de Galicia

quarta-feira, 9 de setembro de 2009

Avaliación das Bibliopiscinas 2009

A pesar do mal tempo do mes de Xullo as bibliopiscinas incrementaron o número de participantes con respecto ao ano anterior.

Entre os meses de xullo e agosto pasaron polas Bibliopiscinas de Ames 8.377 persoas. Perto de 600 persoas máis que en 2008 no que se chegou á cifra de de 7.784 participantes. Aínda que o tempo no mes de xullo non axudou moito a que as persoas se animasen a asistir ás piscinas e a área recreativa de Tapia, as bibliopiscinas conseguiron abrir un bo número de días que xunto ao bo tempo do mes de agosto permitiu recuperar a asistencia e a participación.

Por idades os nenos e as nenas foron os maioritarios no uso con 5.108 participantes mentres que os adultos chegaron a 3.269. Por xéneros as nenas superan aos nenos en 200 participantes: 2.672 nenas frente a 2.436 nenos. E nos adultos as mulleres sobrepasan aos homes en 400 participantes: 1.819 mulleres frente a 1.450 homes.

Por Bibliopiscinas a máis utilizada foi a de Tapia con 4.959 usuarios, seguida do Milladoiro con 2.171 e Bertamiráns con 1.247.

Actividades:
En canto ás actividades o número total de participantes foi de 655, 240 participantes menos que no ano 2008 no que se chegou aos 893 asistentes. A este número hai que sumar os participantes da festa de despedida o sábado 29 de agosto en Tapia á que asistiron unhas 150 persoas.

Esta diminución débese en grande medida a que coincidiu o día de peche das bibliopiscinas por mal tempo cos días das actividades. As bibliopiscinas de Tapia e do Milladoiro só realizaron 6 actividades nos dous meses de verán, mentras que a de Bertamiráns conseguiu realizar 9 actividades.

Festa:
Na festa, realizada o sábado 29 de agosto, contouse coa asistencia dunhas 150 persoas que participaron dos xogos e obradoiros realizados pola empresa Xandobela, encargada de xestionar as Bibliopiscinas, ou que asistiron ás actuación de Burromaquia: contos populares da Tía Lola, da comarca do Deza, co burro como protagonista, interpretados pola compañía Fantoches Baj. O espectáculo teatral-musical dos Tres Tenedores cos instrumentos musicais como tema. E acompañados na presentación da festa polo Xigante Zampón e a Dragona Ramona.


Noticia na web municipal
Noticia en La Voz de Galicia