domingo, 30 de novembro de 2008

Actividades de Animación á lectura: Decembro

Continuamos coas actividades do curso escolar co programa de Lúas e Estrelas para que leas.


Lembramos que as actividades se realizarán durante todo o curso, normalmente, a primeira e terceira semana de cada mes.


No mes de decembro contaremos coas seguintes actividades:


Contacontos para maiores de 3 anos:

  • Mércores 3: na biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 4: na biblioteca do Milladoiro
  • Luns 15: no local social de Augapesada
  • Martes 16: no local social de Bugallido
  • Mércores 17: na biblioteca do Milladoiro
  • Xovés 18: na biblioteca de Bertamiráns
  • Venres 19: no local social de Aldea Nova

Todos os contacontos serán ás 18h.


Nova na Web Municipal: Máis lúas e estrelas para animar á lectura

La Voz de Galicia: As bibliotecas escollen a astronomía para a campaña de animación á lectura

quinta-feira, 30 de outubro de 2008

Actividades de Animación á lectura: Novembro

Continuamos coas actividades do curso escolar co programa de Lúas e Estrelas para que leas.

Lembramos que as actividades se realizarán durante todo o curso, normalmente, a primeira e terceira semana de cada mes.

No mes de novembro contaremos coas seguintes actividades:



Actividades de 9 a 12 anos:

Obradoiro de astronomía
realizado pola Clube Vega de Astronomía dentro do programa Astronomía na Beirarrúa da Universidade de Santiago.
  • Sábado 22: ás 11,30h. na biblioteca do Milladoiro
  • Sábado 29: ás 11,30h. na biblioteca de Bertamiráns
Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente nas bibliotecas entre os días 3 e 10 de novembro.

Contacontos para maiores de 3 anos:
  • Mércores 5: na biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 6: na biblioteca do Milladoiro
  • Luns 17: no local social de Augapesada
  • Martes 18: no local social de Bugallido
  • Mércores 19: na biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 20: na biblioteca de Bertamiráns
  • Venres 21: no local social de Aldea Nova
Todos os contacontos serán ás 18h.

Noticia na web do Concello: Contacontos e obradoiros sobre astronomía seguirán animando os nenos e nenas a ler.
Noticia en La Voz de Galicia: Máis estrelas que no cine.

quinta-feira, 23 de outubro de 2008

A Biblioteca de Ames no programa España Directo de Radio Nacional de España





O Xoves 23 de outubro ás 12 da mañá o programa España Directo de RNE, dirixido por Mamen Asencio, emitirá en directo desde a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago. Este programa estará dedicado a comemorar o Día da Biblioteca que se celebra, desde fai varios anos, o 24 de outubro.

Este ano Galicia é a Comunidade autónoma escollida para celebra esta efeméride, e a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal será a biblioteca anfitriona deste evento organizado pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, en colaboración co Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia.

O día 24 estará cheo de actividades entre as que se conta a lectura do manifesto “Onde hai unha biblioteca hai unha luz”, da autoría de Agustín Fernández Paz, maratón de lecturas, obradoiro de banda deseñada e contacontos entre outras actividades.

O día anterior este programa de radio nacional emitirá entrevistas e debates entre participantes de varias bibliotecas entre os que se encontrará Xóan Manuel Pérez Lijó en representación da Biblioteca de Ames.

Información das actividades

Escoita a gravación do programa

Descarga o programa en .mp3

quarta-feira, 22 de outubro de 2008

24 de outubro día das Bibliotecas

Como comemoración desta data contaremos cun contacontos na Biblioteca do Milladoiro.

O Venres 24 de outubro ás 18h., o Trasno Cascabel estará na Biblioteca para sorprendernos coas súas historias.

Para nenas e nenos maiores de 3 anos.