quinta-feira, 19 de fevereiro de 2009

Aviso de Peche

O día 24 de febreiro, Martes de Entroido,
a Biblioteca permanecerá
pechada en horario de tarde

Desculpen as molestias

terça-feira, 10 de fevereiro de 2009

Obradoiro de Banda Deseñada no Milladoiro

Ilda Lortes impartirá este obradoiro para rapaces e rapazas de 9 a 12 anos na Biblioteca do Milladoiro durante todos os sábados do mes de marzo en horario de 11,30 a 13h.


Para poder participar é necesario inscribirse previamente na Biblioteca. O número de prazas é limitado.


Un total de 20 persoas poderán participar da actividade. No caso de haber máis persoas inscritas abrirase unha lista de agarda por orde de inscrición.


Na Biblioteca de Bertamiráns:


23 persoas participaron do obradoiro na Biblioteca de Bertamiráns que comezou o pasado sábado 7 de febreiro e que se prolongará durante todo o mes nesta biblioteca.


As fotos ilustran algúns dos momentos de desenvolvemento da actividade.






segunda-feira, 9 de fevereiro de 2009

O Blog da Biblioteca celebra o seu primeiro aniversario



O 9 de febreiro de 2008 publicábamos a nosa primeira noticia (post) presentando a publicación deste blog coa intención de difundir entre os nosos usuarios as novas e as actividades relacionadas coa biblioteca.

Desde entón levamos publicadas un total de 52 noticias (con esta de hoxe). Fomos visitados 1.238 veces por 784 visitantes únicos, que pasaron no noso site unha media de 2 minutos.

O número medio de visitas por día foi de 3,30. Dous terzos dos nosos visitantes repiten a visita ás noticias do blog mentres que 1 terzo só pasou por aquí unha única vez.

Entre os nosos visitantes encóntranse persoas de países afastados como Chile ou Malasia pero, evidentemente, son excepcións frente ás visitas dos nosos asociados que son a maioría dos que acoden aquí para se informar.

O Blog contén, ademais das noticias, información sobre a biblioteca: horarios, servizos, etc, un calendario coas actividades mensais de animación, fotografías das actividades e ligazóns a outros servizos da biblioteca.

O blog permite a subscrición ás noticias a través dun lector de fluxos RSS e as persoas interesadas tamén se poden subscribir para recibir as noticias por email.

sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009

Entroido na Biblioteca



Este ano participaremos cunha comparsa nas festas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Celebrarase o Sábado 21 de febreiro ás 18h.
  • na Praza de Chavián de Bertamiráns e
  • na Praza de Manuel Murguía do Milladoiro
Continuando coa astronomía a Biblioteca acudirá disfrazada de lúas e soles.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse até o día 13 nas Bibliotecas.

Filloas, orellas, charanga e animación na carpa.

Todas as persoas que asistan disfrazadas poderán participar no sorteo dunha Cesta de Entroido.