domingo, 13 de novembro de 2011

Actividades de animación á lectura no mes de novembro





Continúan as actividades de animación á lectura. Todos os contacontos, para nenos e nenas de tres a oito anos, son ás 18.00h.

  • Mércores 2: Biblioteca do Milladoiro.
  • Xoves 3: Biblioteca de Bertamiráns.
  • Luns 14: Local Social de Augapesada
  • Martes 15: Local Social de Bugallido
  • Mércores 16: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 17. Biblioteca do Milladoiro

Guías de lectura:
Contos de animais para nenos e nenas de tres a seis anos
Contos de animais para nenos e nenas de seis a oito anos

2 comentários:

  1. LAMENTABLE! Acabo de enterarme pola prensa de que o Concello vai suprimir as actividades de animación á lectura das nosas bibliotecas, entre outros servizos, en aras desa tan pregoada austeridade. Supoño que aos nosos gobernantes locais interésalles máis ter cidadáns analfabetos que ter cidadáns críticos e que os postos de traballo que se van suprimir non suman nas listas do paro... En fin, lamento enormemente a supresión deste servizo que tiña tanta aceptación e que funcionou de modelo para bibliotecas de toda Galicia e quero transmitir o meu pesar á xente que estaba á fronte do proxecto e que tan bos momentos nos fixeron pasar en familia. GRAZAS SINCEIRAMENTE!

    ResponderEliminar
  2. Espero que as nenas e nenos de Ames poidan seguir disfrutando destas estupendas actividades! Recibide o meu apoio dende BIBLIOCERVO, Unha aperta de María.
    http://www.bibliocervo.blogspot.com/

    ResponderEliminar