quinta-feira, 25 de junho de 2009

Actividades nas Bibliopiscinas



O día 1 de Xullo comezan as bibliopiscinas que se prolongarán até o o 29 de Agosto no que rematán cunha festa.

As Bibliopiscinas están situadas nas piscinas do Milladoiro e de Bertamiráns e na área recreativa de Tapia.

Diariamente teremos a Hora do conto ás 18h. acompañando as merendas dos máis cativos.
Semanalmente contaremos con Contacontos e actividades ás 18h.
- Martes na bibliopiscina do Milladoiro
- Mércores na bibliopiscina de Tapia
- Xoves na bibliopiscina de Bertamiráns

Lembramos que en caso de mal tempo as bibliopiscinas poden pechar interrumpíndose as actividades dese día.



Noticia na web Municipal.

quinta-feira, 11 de junho de 2009

Horario de Verán

Horario de atención ao público nos meses de verán:
  • desde o 1 de Xullo ao 31 de Agosto: Mañás de 10 a 14h.

Polas tardes o servizo de lectura estará nas Bibliopiscinas:

Milladoiro e Bertamiráns
:
  • de luns a venres de 16,30 a 20,30h.
Tapía: de luns a domingo:
  • do 1 de Xullo ao 16 de Agosto: de 16,30 a 21h.
  • do 17 ao 29 de Agosto: de 16,30 a 20h.
*En caso de mal tempo as bibliopiscinas poderán pechar suspendéndose as actividades dese día.

Móllate na Lectura, 2009!



As Bibliopiscinas son un servizo de animación á lectura que leva os libros aos lugares de lecer nos meses de verán. Nas piscinas municipais do Milladoiro e Bertamiráns, e na área recreativa de Tapia, contamos con este programa estable de animación á lectura que permite que todas as persoas de calquera idade podamos ler e acceder ao empréstamo de libros mediante a presentación do carné da bibliopiscina ou de calquera outro carné municipal.

Ademais de libros, as bibliopiscinas, contan con prensa, xogos de mesa para todas as idades e xoguetes para os máis pequenos.

Horarios:
Bibliopiscinas de Bertamiráns e do Milladoiro:
de luns a venres de 16,30 a 20,30h.

Bibliopiscina de Tapia:
- do 1 de xullo ao 16 de agosto: de luns a domingo de 16,30 a 21h.
- do 17 ao 29 de agosto: de luns a domingo de 16,30 a 20h.

Actividades:
- Hora do conto: todos os días ás 18h.
- Contacontos:
  • Milladoiro: os martes ás 18h.
  • Tapia: os mércores ás 18h.
  • Bertamiráns: os xoves ás 18h.
*En caso de mal tempo poderán suspenderse as actividades.

Festa:
O sábado 29 de agosto a partir das 17h. Festa das Bibliopiscinas na área recreativa de Tapia.

* En caso de mal tempo a festa trasladarase ao salón de actos da Casa da cultura de Bertamiráns
*Sairá publicidade específica co programa da festa.

Noticia na web municipal


sexta-feira, 5 de junho de 2009

Novo carné e nova guía da Biblioteca









Carné:

O carné é algo moi demandado polos usuarios que levan anos solicitando que se fixese un carné dun tamaño adecuado para poder ser manexado con comodidade.


Até o momento o carné utilizado era aportado polo Servizo de Bibliotecas da Xunta de Galicia, en cartolina e cun tamaño moi poco manexábel. Pasamos agora a ter un carné de tamaño estándar, coa imaxe corporativa da biblioteca e a nosa mascota, Lepi.


Como dato a salientar temos que indicar que os datos persoais quedarán en mans da biblioteca nas fichas de inscrición pero deixarán de figurar nos carnés, respectando desta maneira a lei de protección de datos, e só incluirá número de asociado e nome e apelidos desaparecendo do carné o resto da información persoal.


Ademais o novo carné non levará fotografía polo que só será necesario entregar unha para incluir na ficha persoal na biblioteca. Por este motivo poderáselle reclamar aos usuarios que mostren un documento de identidade en caso de dúbida sobre a mesma.


Hai que lembrar que o carné ten unha validez de 3 anos e que pasado este tempo haberá que renovalo ou será dado de baixa. Os cambios nos datos aportados á biblioteca tamén será necesario actualizalos en caso de cambios.



Guía da Biblioteca:

A Guía da biblioteca contribúe a sintetizar a información recollida no Regulamento da Biblioteca, información básica referida a horarios do servizo, como asociarse, tipos de préstamos, etc. que é a información máis demandada polos usuarios.


Tamén se pode descargar a Guía da Biblioteca en pdf.