quarta-feira, 20 de agosto de 2008

Nova vida para os libros

En setembro do ano pasado realizouse un expurgo de fondos da biblioteca. O expurgo consistiu en retirar libros en mal estado, obsoletos ou duplicados. Unha vez realizado isto, foron dados de baixa da base de datos de fondos da biblioteca eliminóuselles o rexistro e seláronse coa palabra "expurgo" para que non dean lugar a confusión.


Agora, unha vez que se aprovou a súa eliminación da biblioteca, estes libros están disponíbeis para quen os desexe. Nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro temos ao voso dispor estes libros para que os podades consultar e, quen estexa interesado nalgún, pode quedar con el.

Démoslle unha nova vida aos libros!

3 comentários:

  1. Pareceme moi boa idea, deberian facer asi todalas biblitecas.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Sería muy útil poner en la web una lista para que sepamos cuáles son.
    Gracias!

    ResponderEliminar
  3. Encantaríanos poder poñer na web unha lista dos libros pero non é posible porque non todos os fondos postos a disposición do público son fondos controlados, o que nos obrigaría a ter que facer un listado "manual". En futuras ocasións procuraremos facelo desa maneira. Grazas pola suxestión.

    ResponderEliminar