quinta-feira, 29 de janeiro de 2009

Volven os clubs de lectura e escritura para adultos



Volven a comezar na biblioteca os clubs de lectura e escritura para adultos


Os grupos están permanente abertos a todas as persoas interesadas en participar!

A partir desta semana de febreiro comezan a funcionar de novo os clubs de lectura nas bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns.

Clubs de Lectura:
Na Biblioteca do Milladoiro realizaranse os mércores ás 20,30h.
Na Biblioteca de Bertamiráns realizaranse os martes ás 20,30h.

Lecturas iniciais previstas:
No Milladoiro a lectura coa que comezamos é A sangre fría de Truman Capote.
En Bertamiráns comezamos con A Pensión Eva de Andrea Camilleri
A duraración da actividade será de aproximadamente unha hora semanalmente.

A metodoloxía de realización será a seguinte: entre os participantes escolleranse as lecturas que serán coordinadas por unha persoa da biblioteca. A lectura levará aparellada información sobre o autor e a obra que despois será comentada entre os lectores.

As sesións poderán ser complementadas con actividades paralelas como cine... que contribuirán a ter unha visión máis global sobre as obras seleccionadas.

Club de escritura:
Na Biblioteca do Milladoiro continúa esta actividade que reúne, o primeiro xoves de cada mes, ás persoas interesadas nesta actividade.

A metodoloxía e libre e determinada polo grupo: escritura libre, escritura sobre un tema proposto, escritura de contos...

quarta-feira, 28 de janeiro de 2009

Actividades de animación á lectura no mes de Febreiro



Continuamos na Biblioteca coas actividades de animación á lectura relacionados coa astronomía.

Neste mes realizaremos contacontos para nenos e nenas maiores de 3 anos, todos os contacontos serán ás 18h.:

  • Mércores 4 na Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 5 na Biblioteca do Milladoiro
  • Luns 16 no Local Social de Augapesada
  • Martes 17 no Local Social de Bugallido
  • Mércores 18 na Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 19 na Biblioteca de Bertamiráns
  • Venres 20 no Local Social de Aldea Nova

Entroido: a Biblioteca participará cunha comparsa nas actividades organizadas polo Concello para o entroido. As persoas que desexen participar deberán inscribirse entre o 2 o 14 de febreiro nas bibliotecas.


Os rapaces e as rapazas de 9 a 12 anos poderán participar nun Obradoiro de Banda Deseñada que se realizará na Biblioteca de Bertamiráns durante todos os sábados do mes de Febreiro en horario de 11,30 a 13h. (é necesario que os participantes estexan inscritos previamente: o prazo de inscrición é durante o mes de xaneiro na biblioteca de Bertamiráns).

O obradoiro será impartido por Ilda Lortes Gómez, profesora especialista no tratamento da Banda Deseñada no ámbito educativo.

Esta mesma actividade repetirase no mes de marzo na Biblioteca do Milladoiro, estando aberto o prazo de inscrición durante todo o mes de febreriro.


Noticia na web municipal: Contacontos e obradoiros de banda deseñada para animar á lectura no mes de febreiro


terça-feira, 20 de janeiro de 2009

Estatisticas da Biblioteca ano 2008

Fondos: no ano 2008 foron incorporados 1.937 novos documentos o que fai un total de 22.270 documentos a 31 de decembro de 2008 o que significa unha media de 0,82 doc./habitante.


Usuarios: o número de usuarios permanece estable desde o ano 2007 xa que se procedeu, a comezos dese ano, a eliminar os usuarios que non actualizaron os seus datos desde o 1 de xaneiro de 2005. Os usuarios non son eliminados fisicamente da base de datos senón que se recuperan os seus números de asociados para os novos socios. Isto quere dicir que o número de socios mantense pero é máis real xa que os que figuran son socios activos. O número de persoas asociadas é polo tanto de 4.057.


Empréstamos:

Número de empréstamos: 20.316

Préstamo por habitante: 0,75 doc./hab.

Préstamos por usuario: 5 doc./usuario


Visitantes:

Durante o ano 2008 a Biblioteca foi utilizada por 47.258 persoas.


Consultas ao catálogo da Biblioteca:

Con respecto ás bibliotecas municipais da Rede de Bibliotecas de Galicia: no ano 2008 foi a 2ª biblioteca co catálogo máis consultado con 310.722 consultas.


Noticia na web municipal: As bibliotecas municipais foron empregadas por 47.258 persoas durante 2008.

Noticia en El Correo Gallego: Más de 47.000 usuarios en bibliotecas de Ames

quinta-feira, 15 de janeiro de 2009

O Ano da Astronomía na Biblioteca

O pasado mes de Novembro realizamos un Obradoiro de Astronomía nas dúas bibliotecas. O programa A Revista da Televisión de Galicia interesouse pola realización do obradoiro.

Disponibilizamos o video para que poda ser visualizado a través do noso blog e aproveitamos para presentar o noso canal de televisión no Youtube: http://www.youtube.com/biblioames

Primeira Parte:



Segunda Parte: