segunda-feira, 28 de julho de 2008

Enquisa na Biblioteca Municipal



No pasado mes de maio realizouse unha enquisa de valoración do servizo municipal de bibliotecas entre os usuarios da mesma. Unha vez analizados os datos presentamos o resultado da mesma.

No ano 2008 o servizo cumpre 4 anos desde o inicio do cambio na Biblioteca Municipal. Este cambio foi motivado pola necesidade de crear un servizo bibliotecario moderno que respondese ás necesidades da poboación dun Concello dinámico e en continuo crecemento cunha grande proporción de poboación nova.


Todo este proceso de cambio foi realizado sen formalizar ningún procedimento para que as persoas usuarias da biblioteca manifestaran a súa opinión sobre o mesmo.

Agora, pasado estes catro anos, crimos conveniente realizar este procedemento de toma de datos da opinión dos usuarios realizado mediante unha enquisa que recollese a opinión global sobre o servizo.


O obxectivo é conseguir ter nas nosas mans unha radiografía do que é a Biblioteca Pública de Ames segundo a opinión dos seus usuarios. Servir tamén de punto de referencia para análises posteriores e futuras enquisas que se poidan realizar conseguindo unha valoración global de toda a organización e tendo un instrumento básico para futuras planificacións e decisións.


Pódese consultar o relatorio completo ou só as conclusións.


Noticia na web municipal

Noticia en La Voz de Galicia


sexta-feira, 27 de junho de 2008

Actividades de Animación á lectura nas Bibliotecas nos meses de verán



No verán continuamos coas actividades de animación á lectura nas Bibliotecas. Lembramos que durante xullo e agosto a biblioteca só abrirá ao público en horario de mañá polo que as actividades realizaranse polas mañás nas bibliotecas.

Teremos contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos e actividades para nenos e nenas de 9 a 12 anos.

Queremos lembrarvos que para as actividades das nenas e dos nenos máis maiores será necesario inscribirse previamente nas bibliotecas.

XULLO:
  • Mércores 9, Os contos do revés I: biblioteca de Bertamiráns ás 12h., para nenos e nenas de 3 a 8 anos
  • Xoves 10, Os contos do revés I: biblioteca do Milladoiro ás 12h. , para nenos e nenas de 3 a 8
  • Do 15 ao 17 de xullo, Xogando coas palabras I: biblioteca de Bertamiráns ás 11h., actividades para nenos e nenas de 9 a 12 anos (inscrición do 1 ao 7 de xullo)
  • Do 22 ao 24 de xullo, Xogando coas palabras I: biblioteca do Milladoiro ás 11h., actividades para nenos e nenas de 9 a 12 anos (inscrición do 1 ao 7 de xullo)

AGOSTO:
  • Mércores 6, Os contos do revés II: biblioteca de Bertamiráns ás 12h., para nenos e nenas de 3 a 8 anos
  • Xoves 7, Os contos do revés II: biblioteca do Milladoiro ás 12h. , para nenos e nenas de 3 a 8
  • Do 19 ao 21 de agosto, Xogando coas palabras II: biblioteca de Bertamiráns ás 11h., actividades para nenos e nenas de 9 a 12 anos (inscrición do 1 ao 11 de agosto)
  • Do 26 ao 28 de agosto, Xogando coas palabras II: biblioteca do Milladoiro ás 11h., actividades para nenos e nenas de 9 a 12 anos (inscrición do 1 ao 11 de agosto)

terça-feira, 17 de junho de 2008

Móllate na lectura: Bibliopiscinas, 2008



Durante os meses de xullo e agosto as bibliotecas levan os seus servizos ás piscinas municipais e á área recreativa de Tapia coas bibliopiscinas.

HORARIOS:

  • Bibliopiscina de Bertamiráns: de luns a venres, de 16:30h. a 20:30h.
  • Bibliopiscina do Milladoiro: de luns a venres, de 16:30h. a 20:30h.
  • Bibliopiscina de Tapia:
    • do 1 de xullo ao 15 de agosto: de luns a domingo, de 16:30 á 21:00h.
    • do 16 ao 30 de agosto: de luns a domingo, de 16:30 á 20:00h.

ACTIVIDADES:

  • Todos os días ás 18h. da tarde realizarase “A hora do conto
  • Semanalmente haberá unha sesión de contacontos:
    • Bibliopiscina do Milladoiro: os martes ás 18h.
    • Bibliopiscina de Tapia: os mércores ás 18h.
    • Bibliopiscina de Bertamiráns: os xoves ás 18h.

III FESTA DAS BIBLIOPISCINAS:

  • O domingo 31 de agosto celebrarase a III Festa das Bibliopiscinas ás 17h. na área recreativa de Tapia.
Noticia na web do Concello

segunda-feira, 16 de junho de 2008

Horarios de verán

As Bibliotecas terán o seguinte horario de atención ao público durante os meses de xullo e agosto:

De luns a venres de 10 a 14h.