domingo, 13 de novembro de 2011

Actividades de animación á lectura no mes de novembro





Continúan as actividades de animación á lectura. Todos os contacontos, para nenos e nenas de tres a oito anos, son ás 18.00h.

  • Mércores 2: Biblioteca do Milladoiro.
  • Xoves 3: Biblioteca de Bertamiráns.
  • Luns 14: Local Social de Augapesada
  • Martes 15: Local Social de Bugallido
  • Mércores 16: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 17. Biblioteca do Milladoiro

Guías de lectura:
Contos de animais para nenos e nenas de tres a seis anos
Contos de animais para nenos e nenas de seis a oito anos

segunda-feira, 3 de outubro de 2011

Actividades de animación á lectura no mes de Outubro

Comezan as actividades do curso escolar 2011-2012

No trimestre de Outubro a Decembro a temática será de animais: 
Conto, Contiño... Unha de animais.

Neste primeiro mes de Outubro contaremos coas seguintes actividades:
Todas as actividades ás 18h.
  • Mércores 5: Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 6: Biblioteca de Bertamiráns
  • Luns 17: Local social de Aguapesada
  • Martes 18: Local social de Bugallido
  • Mércores 19: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 20: Biblioteca do Milladoiro


segunda-feira, 4 de julho de 2011

Bibliopiscinas 2011

Móllate na Lectura, 2011!
Presentamos as actividades de animación á lectura na área recreativa de Tapia e nas piscinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Do 4 de Xullo ao 27 de Agosto levamos a biblioteca ás Bibliopiscinas.

As Bibliopiscinas son un servizo da Biblioteca Municipal que queren servir de servizo de extensión e proximidade da biblioteca, levando libros, xogos, xoguetes e actividades a estas áreas.

Nas bibliopiscinas contaremos con diferentes servizos de lectura, xogos e xoguetes, préstamo de libros a toallas e a domicilio.

Actividades:
- Todos os días a hora do conto na hora da merenda.
- Contacontos con actividade, ás 18h.
  • Martes no Milladoiro
  • Mércores en Tapia
  • Xoves en Bertamiráns

Horarios:
  • Bertamiráns e Milladoiro: de luns a venres de 16:00 a 20:00h. (fins de semana e festivos pechadas)
  • Tapia: de luns a domingo de 16:00 a 20:00h

As Bibliopiscinas están abertas a todo o público sendo unicamente requisito contar cun carné municipal para poder acceder aos servizos de préstamo a toalla e préstamo a domicilio. Todos os demais servizos son de acceso libre.
A Noticia na web municipal
A noticia na Voz de Galicia

quinta-feira, 30 de junho de 2011

Horario de verán na Biblioteca

Horarios de verán:

Do 1 de Xullo ao 4 de Setembro o horario de atención ao público será:
de luns a venres de 10 a 14h.

Polas tardes levamos o servizo ás Bibliopiscinas.

segunda-feira, 2 de maio de 2011

Actividades de animación á lectura no mes de Maio

Maio: o son das palabras

Contacontos:
Para maiores de 3 anos, ás 18h.
  • Mércores 4: Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 5: Biblioteca de Bertamiráns
  • Luns 16: Local social de Aguapesada
  • Mércores 18: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 19: Biblioteca do Milladoiro

Ven xogar connosco ao pasabalabras...
Obradoiro para maiores de 8 anos, ás 18,30h.
  • Mércores 11: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 12: Biblioteca do Milladoiro
Inscrición: do 25 de abril ao 6 de maio nas bibliotecas

terça-feira, 26 de abril de 2011

Literatura na Praza


Celebración do Día do Libro o sábado 30 de Abril, desde as 17h. na Praza do Concello de Bertamiráns.

Programa:

Durante toda a tarde: 
  • Exposición e venda de libros (10% de desconto)
  • Creación de Camisetas literarias con Tinta de Lura (trae a túa camiseta)
17h.
  • Presentación do libro de Dolores Vilavedra, A narrativa galega na fin de século. Intervirán: a autora, Carlos Lema, Inma López Silva e Francisco Villaverde.
  • Obradoiros infantís:
    • Elaboración do gran libro do Día do libro
    • Elaboración de marcapáxinas
18h.
  • Acto literario-musical
    • Lectura pública dos textos premiados no VII Certame Literario Concello de Ames
    • Actuación do dúo musical Pel de Noz (jazz sobre música tradicional galega), coa colaboración se Xandre Outeiro.
  • Contacontos

quinta-feira, 31 de março de 2011

Actividades de animación á lectura no mes de Abril


No mes de abril celebramos varias datas importantes. O día 2 de abril é o día internacional da literatura infantil e xuvenil e o día 23 celébrase o día internacional do libro.

Ao redor destas efemérides desde a biblioteca queremos contribuír con actividades especiais. Neste caso os Contacontos serán narracións escollidas polas nosas animadoras que seleccionarán aquelas obras que máis lles gostaron nestes últimos tempos e que non entran en ningunha da temática que se realiza mensualmente na biblioteca. Así escollerán obras que se caracterizan por estar ilustradas (álbuns) e que ademais narran historias que chegan ao corazón dos máis pequenos e tamén dos adultos.

O Obradoiro xirará ao redor da escritura. Con técnicas divertidas e xogos, como é habitual nos nosos obradoiros, os rapaces e rapazas participantes aprenderán técnicas que lles permitan escribir as súas propias historias. Os resultados das actividades escritas poderán ser seguidos no blog dos obradoiros onde os participantes incluirán as súas narracións.

Contacontos:
Para maiores de 3 anos, ás 18h.
  • Mércores 6: Biblioteca do Milladoiro
  • Xoves 7: Biblioteca de Bertamiráns

Convértete en escritor!
Obradoiro para maiores de 8 anos, ás 18,30h.
  • Mércores 13: Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 14: Biblioteca do Milladoiro
Inscrición: do 28 de marzo ao 8 de abril nas bibliotecas

segunda-feira, 21 de março de 2011

Estatísticas da Biblioteca ano 2010


Datos xerais a 31 de decembro de 2010.

É significativo o aumento da poboación do concello que continúa a incrementarse en grande número. Na actualidade contamos con 28.955 habitantes, aproximadamente 1.000 persoas máis que no ano anterior.

Fondos documentais: 24.963 (incremento con respecto ao 2009 de 1.789 novos documentos)
A media de documentos por habitante é de 0,86 doc./hab.

Usuarios: 5.107 (incremento de 666 persoas con respecto ao 2009)
Porcentaxe da poboación que é usuaria da biblioteca: 17,64%

Empréstamos: 20.824
Empréstamos por habitante: 0,72 prest./hab.
Empréstamos por asociados: 4,08 prest./socio

Visitantes: durante o ano 2010 utilizaron a biblioteca 38.207 persoas

Participantes nas actividades organizadas pola biblioteca: 2.895 persoas

Consultas ao catálogo da Biblioteca: entre as dúas bibliotecas o seu catálogo foi consultado 797.169 veces situándose, desta maneira, na terceira biblioteca municipal máis consultada da Rede de Bibliotecas de Galicia, e no mes de Decembro superou esta media converténdose na primeira das bibliotecas municipais máis consultada nese mes.

    segunda-feira, 28 de fevereiro de 2011

    Actividades de animación á lectura no mes de Marzo


    Entroido:
    Sábado 5 de marzo: comparsas da Biblioteca
    • Bertamiráns: ás 17,30h. na Praza de Chavián
    • O Milladoiro: ás 17,30h. na Praza de Manuel Murguía
    Os enfeitizados: é o conto que os participantes na comparsa do Milladoiro escribiron mentres elaboraban os seus disfraces.

    Obradoiros da igualdade:
    Para maiores de 8 anos. Sesións ás 18,30h.
    • Mércores 9 na Biblioteca de Bertamiráns
    • Xoves 10 na Biblioteca do Milladoiro
    Inscricións nas bibliotecas do 21 de febreiro ao 5 de marzo

    Contacontos da igualdade:
    Luns 14: Local social de Aguapesada
    Martes 15: Local social de Bugallido
    Mércores 16: Biblioteca de Bertamiráns
    Xoves 17: Biblioteca do Milladoiro

    A temática do mes desenvolverase ao redor da data do 8 de marzo, día da muller traballadora, e a igualdade entre mulleres e homes.

    Visitas escolares: este mes continuaremos coas visitas das escolas do Concello ás bibliotecas. Esta vez será o alumnado de 4º de primaria o que participará desta actividade.

    Do 21 de marzo ao 1 de abril as escolas de Barouta, Agro do Muíño, A Maía e Ventín visitarán a súa biblioteca de referencia para asistir a unha presentación do servizo e  o seu funcionamento e á realización de xogos de pistas, e outras actividades, dirixidas a indicar o uso do catálogo, a localizar os fondos documentais e a entender as normas de funcionamento deste servizo.

    Nota: As visitas realizaranse en horario de mañá. Os días de actividades serán anunciados previamente na biblioteca. Durante a realización das visitas os demais servizos da biblioteca poderán verse afectados.

    A Noticia na web municipal 

    quarta-feira, 9 de fevereiro de 2011

    Tres anos do blog da Biblioteca


    O 9 de febreiro de 2008 publicábase a nosa primeira noticia (post) presentando a publicación deste blog coa intención de difundir entre os nosos usuarios as novas e as actividades relacionadas coa biblioteca.

    Desde entón levamos publicadas, con esta de hoxe, un total de 129 noticias: 44 publicadas no ano 2008, 41 no 2009 e 38 no 2010. Fomos visitados 6.187 veces por 3.614 visitantes únicos, que pasaron no noso blog unha media de 1,36 minutos.
     

    O número medio de visitas por día foi de 5,6. O 43% dos nosos visitantes repiten a visita ás noticias do blog mentres que o 57% só pasou por aquí unha única vez.

    En Xullo de 2010 o blog foi sometido a un cambio de imaxe que o fixo máis atractivo en deseño e visualización pero, sobre todo, realizouse unha mellor organización da información como se indicou na noticia dedicada ao cambio: Novo deseño do blog

    Ao mesmo tempo dotámonos de novas ferramentas sociais como a páxina en Facebook da Biblioteca, o que contribuiu a incrementar en grande medida o número de usuarios do blog, xa que as noticias aquí publicadas son difundidas tamén a través de Facebook. Esta rede utilízase ademais para publicar outras noticias relacionadas cos libros, a lectura e a cultura.

    O Blog contén, ademais das noticias, situadas no bloque central, outros dous espazos con diferente tipo de información:
    • O lado esquerdo do blog está reservado para difundir  información sobre a biblioteca: horarios, servizos, catálogos e documentos.
    • O lado dereito está dedicado á difusión das actividades e ás redes sociais: calendario das actividades de animación, as noticias publicadas no Facebook, o Canal YouTube da Biblioteca e as Fotografías das diferentes actividades.
    O blog permite a subscrición ás noticias a través do email persoal e a sindicación de lectura das noticias a través de lectores RSS que permiten estar ao día da información que se vai publicando desde a biblioteca.

    Neste curso escolar 2010-2011 comezamos con outro blog dirixido aos rapaces e raparigas de 8 a 12 anos que participan dos obradoiros na biblioteca, co nome de Obradoiros da Biblioteca Municipal de Ames, pretende pór en contacto a estes usuarios coas novas ferramentas de comunicación ao tempo que se difunden as actividades dirixidas a estas idades.

    A Noticia na web municipal 
    A noticia no El Correo Gallego

    segunda-feira, 31 de janeiro de 2011

    Actividades de animación á lectura no mes de Febreiro

    Ai, o Amor!

     
    Contacontos:
    Para maiores de 3 anos. Sesións ás 18h.
    • Mércores 2: Biblioteca do Milladoiro
    • Xoves 3: Biblioteca de Bertamiráns
    • Luns 14: Local social de Aguapesada
    • Martes 15: Local social de Bugallido
    • Mércores 16: Biblioteca de Bertamiráns
    • Xoves 17: Biblioteca do Milladoiro
    Obradoiros:
    Para maiores de 8 anos. Sesións ás 18,30h.
    • Mércores 9 na Biblioteca de Bertamiráns
    • Xoves 10 na Biblioteca do Milladoiro
    Inscricións: do 24 de xaneiro e 5 de febreiro nas bibliotecas.

    Entroido:
    O sábado 5 de marzo celebrarase o entroido no noso concello. Se queres participar na comparsa da biblioteca poderás inscribirte até o 14 de febreiro.

    A Noticia na web municipal

    sexta-feira, 21 de janeiro de 2011

    Visitas escolares


    Entre os meses de xaneiro e abril contaremos con visitas escolares das escolas do concello á biblioteca.

    Estas visitas teñen a finalidade de dar a coñecer a biblioteca e os seus fondos á poboación escolar e fomentar o uso da mesma.

    A actividade vai dirixida ao alumnado dos cursos de 2º, 4º e 6º de Primaria e preténdese que sexa periódica de maneira que todo o alumnado poda pasar en algún momento da súa vida escolar pola biblioteca para coñecela.

    As actividades son diferentes dependendo do curso, pero en todas se explicará o funcionamento da biblioteca: como se organizan os fondos e como se recuperan os documentos buscando no catálogo e localizándoo nos estantes; os códigos de cores por idades dos documentos; os distintos tipos de materais cos que contamos... Pero, ademais das explicacións teóricas, aprenderán con xogos de pistas nos que terán que recuperar información que os leve a determinado documento onde contarán con novas pistas...

    Os colexios participantes acudirán á súa biblioteca máis próxima, desta maneira os CEIP de Barouta, A Maía e Agro do Muíño visitarán a biblioteca de Bertamiráns, mentres que o CEP de Ventín visitará a biblioteca do Milladoiro.
    As visitas serán as seguintes:
    • 6º de Primaria: entre o 24 de xaneiro e o 4 de febreiro
    • 4º de Primaria: entre o 21 de marzo e o 1 de abril
    • 2º de Primaria: entre o 4 e o 29 de abril
    Nota: As visitas realizaranse en horario de mañá. Os días de actividades serán anunciados previamente na biblioteca. Durante a realización das visitas os demais servizos da biblioteca poderán verse afectados. 

    A noticia na web municipal

    segunda-feira, 10 de janeiro de 2011

    Actividades de Animación á lectura no mes de Xaneiro

    Mes da Paz:



    Contacontos:
    Para maiores de 3 anos. Sesións ás 18h.
    • Luns 17: Local social de Aguapesada
    • Martes 18: Local social de Bugallido
    • Mércores 19: Biblioteca do Milladoiro
    • Xoves 20: Biblioteca de Bertamiráns

    Obradoiros:
    Para maiores de 8 anos. Sesións ás 18,30h.
    • Mércores 26 na Biblioteca de Bertamiráns
    • Xoves 27 na Biblioteca do Milladoiro
    Inscricións: do 10 ao 22 de xaneiro nas Bibliotecas.

    Adianto de próximas actividades:

    Visitas escolares: entre os meses de xaneiro e abril contaremos con visitas escolares á biblioteca en horario de mañá. Os días de actividades serán anunciados previamente na biblioteca. Durante a realización das visitas os demais servizos da biblioteca poderán verse afectados. Desculpen as molestias.

    Febreiro: mes do amor. Os obradoiros deste mes, para maiores de 8 anos,  serán os días 9 e 10 de febreiro. O prazo de inscrición será entre os días 24 de xaneiro e 5 de febreiro nas bibliotecas.

    Entroido: o próximo sábado 5 de marzo será a celebración do entroido no noso concello. Se queres participar na comparsa da biblioteca poderás inscribirte entre os días 24 de xaneiro e 14 de febreiro.

    segunda-feira, 3 de janeiro de 2011

    Cabalgata de Reis 2011


     A Biblioteca participará o mércores 5 de xaneiro nas Cabalgatas de Reis que se realizarán:
    • No Milladoiro ás 17,30h. co percorrido desde a Casa da Cultura do Milladoiro á Praza de Manuel Murguía
    • En Bertamiráns ás 19h. co percorrido desde o Pazo da Peregrina á Praza de Chavián.
    As persoas que participan coa biblioteca na cabalgata deberán estar media hora antes da cabalgata para prepar os disfraces:
    • Milladoiro: ás 17h. na Casa da Cultura
    • Bertamiráns ás 18,30h. no Pazo da Peregrina
    En caso de chuvia as dúas cabalgatas trasladaranse aos respectivos pavillóns polideportivos.

    Nota Importante:
    Con motivo da participación nas cabalgatas as Bibliotecas permanecerán pechadas ao público en horario de tarde.

    Aviso

    O día 5 de xaneiro as bibliotecas estarán pechadas ao público en horario de tarde.

    Con motivo da participación na cabalgata de reis do 5 de xaneiro, no Milladoiro e en Bertamiráns, as bibliotecas permanecerán pechadas ao público en horario de tarde.