quinta-feira, 30 de abril de 2009

Visita ao Planetario



VISITA AO PLANETARIO

O Sábado 6 de xuño visitaremos o Planetario da Coruña.

A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 9 a 12 anos. Terán prioridade os participantes en anteriores obradoiros e os xa anotados no mes de xaneiro para esta actividade.

Será necesario inscribirse previamente nas bibliotecas durante todo o mes de Maio.

Saída desde as bibliotecas

  • Bertamiráns: sábado 6 de xuño ás 9,45h.
  • Milladoiro: Sábado 6 de xuño ás 10h.

Volta: ás 13,30h.


Información na Web municipal

Descubre o ceo: observación de estrelas



DESCUBRE O CEO

Ven a observar as estrelas coa Aula da Natureza, coa Biblioteca e co Clube Vega de Astronomía, (coa colaboración do programa Astronomía na Beirarrúa da Universidade de Santiago).


De 22 a 24h. para todos os públicos.

  • Venres 29 de maio ás 22h. en Bertamiráns
Lugar de encontro: ás 22h. no aparcadoiro do centro comercial Carrefour.
  • Sábado 30 de maio ás 22h. no Milladoiro
Lugar de encontro: ás 22h. no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro.


A actividade é aberta a todos os públicos. Os nenos e as nenas deberán acudir acompañados dunha persoa adulta.

- Pódense traer prismáticos e telescopios particulares para realizar a observación.

- En caso de mal tempo ou falta de visibilidade a actividade poderase suspender.


Información na Web municipal

Obradoiro: Xogando coa língua


XOGANDO COA LÍNGUA

Obradoiro con Encontros coa fantasía para rapaces e rapazas de 9 a 12 anos: é unha sorpresa, unha forma de imaxinar, una maneira de investigar, outro xeito de xogar...

  • Sábado 23 de maio ás 11,30h. na Biblioteca de Bertamiráns
  • Sábado 30 de maio ás 11,30h. na Biblioteca do Milladoiro

*É necesario inscribirse entre o 4 e o 15 de maio para participar nos obradoiros

Información na web municipal

Contacontos no mes de Maio












CONTACONTOS

Para nenos e nenas maiores de 3 anos. Todas as actividades serán ás 18h.

  • Mércores 6 na Biblioteca de Bertamiráns
  • Xoves 7 na Biblioteca do Milladoiro
  • Luns 18 no Local social de Augapesada
  • Martes 19 no Local social de Bugallido
  • Mércores 20 na Biblioteca do Milladoiro
  • Venres 22 no Local social de Aldea Nova
Información na web municipal

terça-feira, 14 de abril de 2009

Literatura na praza: celebración do día do libro



Con motivo do día do libro o próximo 23 de abril o noso Concello adiántase a esta data celebrándoo o sábado 18 de abril.

Os actos terán lugar na Praza do Concello de Bertamiráns.

Ás 17h.
  • Presentación do libro: Memorias da cidade sen luz (Premio Blanco Amor 2009) coa autora Inma López Silva e Manuel Guede Oliva
  • Obradoiro de ilustración con Marisa Irimia para maiores de 7 anos

Ás 18h.
  • Presentación dos traballos gañadores do V Certame Literario do Concello de Ames
  • Actuación do grupo de música tradicional Dúo Arpa céltica e violín

Ás 20h.
  • Clausura do acto

Exposición e venda de libros co 10% de desconto.

segunda-feira, 6 de abril de 2009

O alumnado de 4º de Primaria visita a Biblioteca



A segunda quincena de abril vai contar coas visitas do alumnado de 4º de Primaria dos Centros de ensino municipais á Biblioteca.

Estas visitas están enmarcadas dentro da campaña do ano escolar 2008-2009: Ven á biblioteca, teremos lúas e estrelas para que leas! que pretende atraer e dar a coñecer a biblioteca a novos usuarios.

Entre os días 14 e 28 de abril estes escolares asistirán ás bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro onde se lles formará no uso da biblioteca mediante actividades que lles ensinarán a utilizar o fondo bibliográfico, a buscar no catálogo automatizado e a coñecer e utilizar os documentos dirixidos ás súas idades.

As visitas
serán realizadas en horario de mañá nas seguintes datas:
  • martes 14: CEIP Barouta na biblioteca de Bertamiráns
  • mércores 15: CEIP Agro do Muiño na biblioteca de Bertamiráns
  • xoves 16: CEIP Agro do Muiño na biblioteca de Bertamiráns
  • venres 17: CEIP Ventín na biblioteca do Milladoiro
  • martes 21: CEIP Ventín na biblioteca do Milladoiro
  • mércores 22: CEIP Ventín na biblioteca do Milladoiro
  • xoves 23: CEIP Guerra Campos na biblioteca de Bertamiráns
  • venres 24: CEIP Guerra Campos na biblioteca de Bertamiráns
  • martes 28: CEIP Guerra Campos na biblioteca de Bertamiráns
Durante estes días o uso da biblioteca será prioritario para estas actividades podendo verse afectados os demais servizos da Biblioteca.