terça-feira, 15 de abril de 2008

Literatura na Praza

Praza do Concello de Bertamiráns
Sábado 19 de Abril de 2008

Con motivo do Día Internacional do Libro o Concello de Ames realiza varias actividades ao redor do libro e da lectura. Nesta actividade colaboramos varios Servizos do Concello para realizar un programa que encha a praza de actividades durante todo o día.

Programa:

12:00h.
  • Obradoiro de fabricación de papiros (a partir dos 6 anos)
13:00h.
  • Obradoiro de ilustración co ilustrador Xosé Tomás (a partir dos 6 anos)
16:30h.
  • Comezo da Feira do libro de Ames
  • Exposición de Encadernación (realizada por ADAMES)
  • Actuación de Pablo Trasno (malabares, acrobacias...)
18:00h.
  • Presentación dos traballos gañadores do IV Certame Literario Concello de Ames
  • Actuación do grupo Arpía (música tradicional, medieval, cantares de cego...)
19:30h.
  • Actuación do grupo Pandereteiras da Maía

quarta-feira, 2 de abril de 2008

2 de abril: Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Desde 1965 o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) celebra o día 2 de abril como Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en homenaxe ao escritor Hans Christian Andersen, nacido en Odense (Dinamarca) o 2 de abril de 1805.

Este ano foi Tailandia o país encargado de levar adiante a iniciativa desta data para o que presentaron o seguinte cartaz obra de Chakrabhand Posayakrit (Bangkok, Tailandia, 1943)