Agradecemos a todas as persoas e entidades que colaboraron coa Biblioteca no desenvolvemento da campaña de recadación de fondos para Haití.
As entidades que colaboraron foron:
A cantidade total recada foi de: 2.502,38€ dos que:
- Intermón Oxfam
- Adames
- ANPA da Escola Infantil do Milladoiro
- ANPA do CEIP de Ventín
- Ademais contamos coa colaboración de usuarias da biblioteca e de compañeiras do Concello que colaboraron connosco na elaboración dos corazóns ademais de contribuir á venda dos mesmos.
- 1.737,70€ corresponden ao recadado nas dúas bibliotecas pola venda de corazóns e libros.
- 511,78€ das doazóns aportadas polas nais e pais da Escola Infantil do Milladoiro
- 252,90€ das doazóns aportadas polas nais e pais do CEIP de Ventín
Desde Ames desenvolvéronse outras iniciativas provenientes tanto da administración como da sociedade civil.
- O Concello envía 1.500€ de axuda aos damnificados
- O grupo Bullblack Show organiza un concerto solidario
- Os centros educativos de Ames poñen en marcha campañas de axuda a Haití
- A corporación municipal doa os honorarios de asistencia ao pleno de xaneiro a Haití
- Médicos sen Fronteiras e a Asociación xuvenil XEGAS do IES de Ames xuntos pola solidariedade
Aínda estás a tempo de participar noutras iniciativas:
O Club de Atletismo MillaRaio organiza a I Carreira Solidaria de Axuda para Haití
Sem comentários:
Enviar um comentário