O día 1 de xullo iniciamos unha consulta sobre o novo deseño do blog da biblioteca que ao mesmo tempo servía para presentar novos servizos.
O prazo para opinar estivo aberto até o 30 de Setembro e presentamos agora os resultados:
Participaron 49 persoas:
47 opinaron a través da enquisa habilitada no blog
1 deixou un comentario no blog e
1 opinou no taboleiro de discusión do Facebook da biblioteca
As opinións resultantes foron:
- O 92% (45 persoas) opina que este deseño do blog está mellor
- O 6% (3 persoas) non nota a diferenza e
- O 2% (1 persoa) sinala que gostaba máis do modelo anterior
Sem comentários:
Enviar um comentário