Continuan as actividades de animación á lectura nas Bibliotecas. Neste caso dirixida a nenas e nenos dos 3 aos 8 anos. As sesións realizaranse o mércores 6 de agosto ás 12:00 na biblioteca de Bertamiráns e o xoves 7 de agosto á mesma hora na do Milladoiro.
Os contos que interpretarán as animadoras á lectura son As tres porquiñas, Onde está o nariz de Pinocho?, Os calzóns do emperador e A auténtica historia dos tres porquiños. Os propios títulos xa nos indica que se trata de historias actualizadas, rompendo en moitos casos con estereotipos onde os personaxes son só masculinos e moitas veces pobres de espírito. Estes autores cambian os valores dos contos dando voz a protagonistas femininos e aportando novos valores baseados na tolerancia e a solidariedade. Para asistir non é preciso estar apuntado, só achegarse ata o lugar e datas indicados. Esta actividade organízase por segunda vez este verán. Xa no mes dexullo, unhas 75 persoas asistiran ás sesións de Contos do revés.
Noticia na web do Concello.
Sem comentários:
Enviar um comentário