sexta-feira, 16 de maio de 2008

Recursos electrónicos para os socios da Biblioteca

O 17 de Maio ademais do Día das Letras Galegas, celébrase tamén o Día de Internet. Desde a Biblioteca queremos comemorar esta data facilitando aos nosos usuarios o acceso a recursos electrónicos que poderán ser consultados desde calquera lugar.

A Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas de Galicia facilita para os usuarios das Bibliotecas Públicas galegas unha serie de recursos electrónicos aos que se pode acceder desde o domicilio. Trátase principalmente de obras de referencia, e acceso á Hemeroteca e a libros electrónicos.

Estes son os recursos facilitados:


E-junior:
Enciclopedia electrónica dirixida aos escolares de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas.




Enciclonet
: Extensa enciclopedia electrónica dirixida aos ciclos superiores de ensino e a adultos.




Hemeroteca dixital:
  • Iconoce: A Hemeroteca Dixital Iconoce de Sarenet é un servizo de noticias aparecidas en medios dixitais de todo o mundo: prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía...

  • Prensa histórica: Acceso libre a varias coleccións de prensa histórica dixitalizada. (neste caso non require contraseñas para acceder ao servizo).

Libros electrónicos:
Acceso a obras de referencia en formato electrónico sobre o Antigo Exipto, filosofía, música, relixión e saúde.


Ocenet Saber:
Especificamente feito para bibliotecas, con máis de 200.000 artigos en castelán. Ofrece información de referencia, artígos de revistas e publicacións especializadas, documentos históricos transcritos ou dixitalizados, clásicos literarios, imaxes, cartografía, atlas de anatomía, interactividades, enlaces de Internet e dicionarios.




Ocenet Salus:
Contidos sobre saúde, nutrición e educación en saúde. Ofrece obras de referencia médica, de nutrición, de coidado persoal e de medicinas alternativas, obras formativas, publicacións especializadas, protocolos de enfermería, sección de educación para a saúde, atlas de anatomía, dicionarios médicos e enlace a páxinas web recomendadas.




Como acceder a estes recursos?
O acceso é a través do portal da Rede de Bibliotecas de Galicia. Aquí temos un acceso directo a estes recursos. Quen desexe coñecer toda a ruta para navegar desde o fogar é a seguinte:

Rede de Bibliotecas de Galicia>Biblioteca Dixital>Recursos electrónicos: seleccionar o recurso desexado e entrar cos seguintes datos:

Escoller indistintamente a Biblioteca: Milladoiro ou Bertamiráns
Uusario: número de socio da biblioteca
Contrasinal: NIF (números, guión, letra: exemplo: 012345678-L)

Lembra que estes datos son necesarios para todos os recursos electrónicos excepto para a Prensa histórica dentro da Hemeroteca Dixital ao que pode acceder calquera usuario.


Problemas no acceso?
Todos os socios da Biblioteca foron incorporados automaticamente a este servizo. Se tes algún problema para acceder ponte en contacto coa biblioteca e resolveremos o problema de acceso.

Sem comentários:

Enviar um comentário