Clubes de lectura nas dúas Bibliotecas:
os mércores ás 20,30h.
A actividade consiste no seguinte:
1) Entre o grupo decídese os libros que se van ler.
2) De cada libro decídese canto se vai ler para cada reunión: unha parte, un capítulo, todo o libro... dependendo das características e tamaño da obra.
3) Nas reunións vaise poñendo en común as lecturas e as opinións de cada un sobre a obra.
4) Desde a biblioteca apórtase información sobre o autor e a obra a ler.
5) Unha vez rematada a lectura pode realizarse actividades paralelas que teñan que ver coa obra como teatro, cine...
Ademais trimestralmente intentamos realizar actividades lúdicas ao redor de autores e das súas obras. No período 2006-2007 realizáronse dúas visitas:
- A ruta Rosaliana con visitas a Padrón, Lestrove, Iria, Bastavales e Ortoño, á casa museo de Rosalía, lesturas da súa obra e explicación da súa vida.
- A ruta de Valle-Inclán con visita a Vilanova de Arousa e a Pobra do Caramiñal, visita ao Museo de Valle-Inclán, e explicacións sobre a súa vida e obra (ver foto).
Para este período están aínda por decidir estas actividades paralelas.
O clube está permanentemente aberto a todas aquelas persoas que desexen participar.
Anímate a participar.
Sem comentários:
Enviar um comentário